Internet 5 xaneiro 2008
Video-resumo do ano 2007.
Aqui o tedes, é un dos videos do youtube máis vistos estes dias, leva máis de 55.000 visionados nuns poucos dias, é unha compilación a base de fotos da axencia "Reuters" do que deu de si o xa rematado ano 2007, ante os nosos atónitos ollos pasan imaxes de guerras, catástrofes, dor e sufrimento, pero para a nosa desgracia colectiva, todo isto foi noticia o ano pasado. Mudamos de ano pero as cousas continúan igual, a guerra civil non declarada no Iraq, -ou alomenos o que queda de ese pais- todavia continúa, a fame tamén continuará ao longo deste 2008, igual que o terrorismo nacional e internacional, as inxustizas e a incompresión duns homes cara a outros homes, tamén teremos senón o atallamos a tempo, máis catástrofes ecolóxicas no mundo, nas nosas mans está cambiar todo isto e penso que xa vai sendo hora de facelo.
A música do video é dos Luar na Lubre, un dos meus grupos de folc preferidos dende sempre, o tema chámase "A fonte das boliqueiras" e pertence ao seu último disco titulado "Camiños da fin da terra".
chúzame -







o 2008-01-05 ás 10.52 am 1.Andrés Milleiro dixo …
Xenial video meu, a ver se nos vemos o Domingo no Fondo
o 2008-01-05 ás 1.51 pm 2.breogain dixo …
ali estaremos, temos que darlles un recebimento apoteósico….fixéronno moi ben fronte ao Zaragoza, agora a polo ascenso !!!!
o 2008-01-06 ás 12.28 am 3.Carmen dixo …
Gracias por pasarte por mi blog, el tuyo me encanta!
Un saludo y nos seguiremos viendo.
Bicos
o 2008-01-06 ás 1.39 pm 4.breogain dixo …
Graciñas a ti Carmen, encantáronme as fotos do teu blogue, sobre todo a dos menhires fronte ao atlántico, encantoume e senón tes copyright encantaríame podela poñer aqui para que todo o mundo poida vela, por suposto facendo menzón ao teu blogue…:)
un saúdo !!