Cargando...

Deportes 11 xaneiro 2008

Javi “rifle” Rodriguez….benvido á túa casa de novo !!

Onte pola tarde levei unha grande, moi grande sorpresa, un dos artífices do último ascenso granate volta á súa casa, despois desta funesta tempada na que estivo sentado na "banqueta" e practicamente non xogou minutos, o dianteiro catalán Javi Rodriguez, coñecido entre os siareiros granates polo alcume do "rifle", volta á súa casa, ao sitio onde máis o quixeron e onde de verdade se divertiu xogando ao fútbol. No dia de onte o Pontevedra C.F. e mailo xogador chegaban a un acordo contractual polo que éste último pertencerá ao cadro granate o que resta desta tempada e a seguinte, cando escribo estas liñas na web oficial do Pontevedra C.F. xa publicaran unha breve nota, pero a última hora do dia, entereime antes por suposto pola radio local e tamén polo sempre moi ben informado foro non oficial www.pontevedracf.net , onde sempre están ao tanto dos temas de fichaxes e demais. Agardo con impaciencia como moitos dos siareiros granates a presentación do "rifle" coa camisola granate, polo visto será hoxe venres dia 11 ao redor das 13:00 horas nas dependencias administrativas do clube, na rúa Benito Corbal, sen dúbida unha foto moi agardada por moitos de nós, o "Rifle" manifestou que no caso de non xogar no Racing de Ferrol o seu principal obxectivo era o Pontevedra C.F. do que tiña moi boas lembranzas e que coa súa volta tentaria facer todo o posible para acada-lo arelado ascenso que o plantel e os aficionados granates merecemos, lémbrome dos seus goles como se fora hoxe, nunca vin un dianteiro coñecerse tan ben o terreo de xogo de Pasarón, era como unha bala correndo cara a porteria, os seus goles sempre foron celebrados con xúbilo por todo o estadio, pero sobre todo por nós, a bancada de NORTE, verdadeiramente Javi Rodriguez era o noso ídolo, nunca poderei esquece-lo dia do ascenso, foi inesquecible.

Benvigut a la nostra ciutat "Rifle" !!! agardo verte o vindeiro domingo de novo vestido de granate, lévanos a segunda !!.

Chuzame! chúzame -

13 comentarios a “Javi “rifle” Rodriguez….benvido á túa casa de novo !!”

  1. o 2008-01-11 ás 12.41 am 1.Brugal con Cola dixo …

    Rifle!!
    Rifle!!
    Rifle!!

    Que CRACK!!!

  2. o 2008-01-11 ás 1.04 am 2.RIFLE23 dixo …

    JAVI RODRIGUEZ lalalalala

    O RIFLE voltou a súa casa

  3. o 2008-01-11 ás 1.09 am 3.FuryaGranate-Fans dixo …

    BENVIDO A TUA CASA RIFLE!!

    SEMPRE PONTEVEDRA!!

  4. o 2008-01-11 ás 11.48 am 4.SEMPRE 2ªB dixo …

    engordar pra morrer!
    O Pontevedra en 2ªB coma sempre!!!!
    Ja, ja, jaaaaaaaa!

  5. o 2008-01-11 ás 3.42 pm 5.breogain dixo …

    a verdade é que foi unha grande sorpresa, é coñecido por todos o cariño que lle temos en Pasarón e sobre todo na bancada de norte a Javi Rodriguez, para iso foi o maior goleador da historia do noso equipo (se non me trabuco), ogallá lle vaian as cousas ben nesta segunda xeira no cadro granate, intención e gañas non lle faltarán, agardemos que as lesións os respecten e nos dea el e o resto do equipo moitas tardes (o mañás de domingos) de gloria.

    Agora a polo ascenso !!!

    Sempre 2ªB; tio non sexas tan cenizo, dame que non es afeccionado do Pontevedra C.F. porque senón non falarias asi do equipo, a xente precisa ilusión e a chegada do “rifle” é unha inxección de moral moi importante.

    Un saúdo !!

  6. o 2008-01-12 ás 11.16 am 6.Andrés Milleiro dixo …

    Eu estou nervioso por esta fin de semana…agardo que saia ben todo có Rifle…

  7. o 2008-01-12 ás 3.14 pm 7.breogain dixo …

    supoño que sairá na segunda metade dende a banqueta, a ovación que vai recibir pode ser tremenda….!!!, supoño que estarás a escoitalo pola radio, estate atento porque vaise a escoitar en Salamanca…

    un saúdo andrés :)

  8. o 2008-01-12 ás 3.25 pm 8.Wiki dixo …

    volve o rifle!!!
    eu ata q o vexa manhá nom mo creo
    a putada e q nom pode levar o 23

  9. o 2008-01-13 ás 9.45 pm 9.deisler dixo …

    Primer partido y,al rato de entrar,primer gol.

    Así es el Rifle,el killer del área…

    Re-bienvenido Javi !!!

  10. o 2008-01-14 ás 12.15 am 10.Brugal con Cola dixo …

    Vaya recuerdos…

    No gritaba tanto un gol del Pontevedra desde hace años. Me he llegado a emocionar cuando vi que lo metia javi.
    El Rifle siempre será el mejor.

  11. o 2008-01-14 ás 3.10 pm 11.breogain dixo …

    Bufff…menudo crack o “rifle”, eu levanteime no meu asento de norte a berrar coma un condenado, foi incrible, entrou e aos cinco minutos gol, non hai verbas, tremendo, esta noite teño que ver o pondeporte porque vai ser moi especial, polo demais unha mágoa o resultado, o Fuenlabrada veu a face-lo seu partido, perderon todo o tempo que quixeron e máis, menuda banda de “cuatreiros”, pero en fin, para o vindeiro sábado en Riazor colleremo-lo liderato, o pior de todo é que non poderei estar presente porque traballo a tarde do sábado, tentarei escoita-lo pola rádio.

    Por certo, non sei se algún dos granates que vos pasades polo meu blogue non estades ao tanto de que hai unha web non oficial, có seu correspondente foro do Pontevedra c.f., un dos administradores tamén é o amigo Andrés Milleiro (o polifacético e multitarea-real), alí podedes ver toda a información do noso pontevedriña, inclusive escoita-los partidos en directo.

    un saúdo a todos !!! tamén para Javi, tio es un crack !!

  12. o 2008-01-15 ás 5.07 pm 12.Mazinho dixo …

    Rifle Forever.

    Volveremos a 2A de tu mano,de tus goles, de tu trabajo y de tu humildad.
    Gracias por hacer enloquecer a la aficion.

    HAI QUE ROELO

  13. o 2008-01-15 ás 9.35 pm 13.breogain dixo …

    Foi tremendo, moi emocionante a volta do “rifle” a Pasarón, unha mágoa non gaña-lo partido, pero penso que en Riazor podemos facer un bo papel e Javi vainos levar á vitória e tamén ao liderato, por se algún non viu o gol, aqui tedes un resumo do partido por cortesia da T.V.G. e do youtube.

    http://www.youtube.com/watch?v=B5uWwG_5mQo

    saúdos granates :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.