Cargando...

Fotografía 14 Xaneiro 2008

“Superkarmen”, a fotografía en estado puro.

Hai uns cantos dias, botándolle unha ollada aos blogues que teño marcados como favoritos, paseime polo de Chesús Yuste como adoito facer de cando en vez, o blogue en cuestión chámase Innisfree1916 e nel o seu autor fala sobre Irlanda, sobre os seus costumes, a súa actualidade política e tamén do seu "dia a dia", recoméndovolo visitar se vos gusta a historia da illa esmeralda, eu sempre atopo novas interesantes, ademais escoita-lo tema "mulleres de Irlanda" que soa de fondo reláxame unha barbaridade.

Ben, pois como ia dicindo, o outro dia ollando este blogue chamoume a atención unha foto, concretamente ésta, é dunha fotógrafa galega, da Coruña para máis señas e chámase Carmen Martinez Torrón, o nome do blogue xa non o teño moi claro, dubido se chamalo "superkarmen" ou "aprovecha cada momento", pero o que si teño claro é que xa está entre os meus favoritos, o que vos escribe como fotógrafo non vale un peso, pero de cando en vez gústalle facer algunha foto que outra, levo xa varios dias navegando polo seu blogue e verdadeiramente ten fotos abraiantes, principalmente de Galiza, pero polo que puiden apreciar tamén viaxa moito, hai algunhas fotos de Brasil que son moi chulas. Se teño que elexir unha foto, quédome coa que tedes enriba deste texto, eu son un namorado dos cantís e dos faros, teño visitado moitos pola nosa costa e tamén tirado algunha que outra foto, pero nunca tan fermosa coma a que vedes aqui, ademais esta imaxe do Cabo Ortegal lémbrame a portada dun fantástico disco titulado "Santa compaña", dun grupo de rock galego que supoño que moitos de vós coñeceredes.

Desfrutade das fotos en http://superkarmen.blogspot.com/

Chuzame! chuzame -

6 comentarios a ““Superkarmen”, a fotografía en estado puro.”

  1. o 2008-01-14 ás 9.15 am 1.Andrés Milleiro dixo …

    Preciosidade de foto…

  2. o 2008-01-15 ás 10.08 pm 2.Carmen dixo …

    Gracias amigo.. encantadísima de conocerte.
    Un beso y espero que te sigan gustando mis fotos.
    Carmen.

  3. o 2008-01-15 ás 10.21 pm 3.breogain dixo …

    o pracer é meu, as túas fotos son fantásticas e dende aqui estaba na obriga de recomendalo a todo o mundo, é máis, abrin un apartado no meu blogue para ir posteando as miñas fotos, non sei se terán moita calidade pero alomenos tentareino.

    un saúdo Carmen.

  4. o 2008-01-15 ás 10.24 pm 4.Carmen dixo …

    Te animo a que lo hagas!!!! Si tienes alguna duda en la que te pueda ayudar no dudes en pedírmelo :)

  5. o 2008-01-17 ás 4.57 pm 5.Innisfree dixo …

    Breogain y Superkarmen, queridos amigos de la blogosfera, me alegro de haberos podido poner en contacto. Curiosa conexión ésta de Galiza a Galiza pasando por Éire. Es la magia de la Red.
    Maravillosos países y excelentes fotos.
    Moitos bicos.
    Póganna agus barrógaí,
    Chesús

  6. o 2008-01-17 ás 8.59 pm 6.breogain dixo …

    Un saludo para ti también Chesús, esperamos que sigas trayéndonos la actualidad de Èire por mucho más tiempo, es un lugar maravilloso y todo el mundo deberia al menos conocerlo un poco, yo estoy dándole vueltas a mis vacaciones de este año y posiblemente me vaya hacia esas tierras, el problema es que no se por cúal decidirme, por Èire o por Alba, en el caso que no de resuelto esta duda lo mejor será marcharme a Bretaña, lugar que también quiero visitar y del que ya comenté en su dia en este blog http://breo.blogaliza.org/archives/305

    lo dicho, un saludo a los dos.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.