Cargando...

Axenda 26 xaneiro 2008

Rober Bodegas actuará en Pontevedra, no local da “S.D. Cultural de Mourente”.

Hai cousa dunhas semanas xa falara deste monologuista galego no meu blogue, daquela foi para comentarvos que gañara o programa da T.V.E. chamado "El rey de la comedia", desta volta é para anunciarvos que este sábado pola noite (26/01/08)  vai actuar en Pontevedra, será no local da "Sociedade deportiva-cultural de Mourente" ás 22:30 horas, os prezos para velo serán de 5 euros (os socios) e de 8 euros (os non socios) as entradas están á venda na cafeteria da propia S.C.D. de Mourente e tamén na cafeteria "Tertulia" da rúa Echegaray, o prezo o mesmo dia da actuación será de 10 euros.

Rober Bodegas leva xa cinco anos actuando de monologuista e tamén colabourando en Radio Voz Bergantiños contando á actualidade dunha maneira "desenfadada", eu teño visto varios dos monólogos deste carballés e penso que paga a pena velo en directo, xa merquei as entradas, asi que o sábado dia 26 estarei ali presente para poder botar unhas gargalladas coas súas historias, xa estaba agardando que viñera pola nosa cidade para poder desfrutar dun monólogo seu en directo, para ir abrindo boca e por se algún de vós inda non o coñece e quere saber o que se pode atopar, déixovos aqui un dos seus monólogos máis vistos en youtube, que o desfrutedes.

Editado: Por certo, aqui tedes unha foto que saquei con Rober Bodegas despois do monólogo, un tio fenomal Rober.

Chuzame! chúzame -

7 comentarios a “Rober Bodegas actuará en Pontevedra, no local da “S.D. Cultural de Mourente”.”

  1. o 2008-01-26 ás 11.11 pm 1.Sísar dixo …

    El jueves estaba agotadas las entradas. Increible. Este hombre es muy bueno y además cae muy bien, faceta muy importante en el mundo del espectáculo.

  2. o 2008-01-27 ás 2.07 am 2.Loli66 dixo …

    es buenísimo! seguí el concurso bastante de cerca (no me gusta la tele) y cuando fué la final y ví que estaba tan cerca de ganar…me puse muy contenta de que ganara, realmente se lo merecía,
    es muy bueno.

  3. o 2008-01-27 ás 11.14 am 3.breogain dixo …

    pois eu fun onte a velo, o local da Cultural de Mourente non daba para máis, ao redor dunhas 450 persoas ateigaban aquel vello salón no que os parroquianos de Mourente e arredores tanto se teñen divertido en festas e celebracións ao longo de moitos anos.

    Rober chegou puntual, cunha puntualidade inglesa diria eu, moi acordo có seu “look” mod inglés, saiu ao escenário ás dez e media en punto e xa comezou dando caña cunha primeira introducción falando do seiscentos, de aquel mítico coche que tivera o seu pai e tamén falando das súas orixes, da súa vila de Carballo, que segundo dicia el, somentes era coñecida porque estaba a medio camiño entre Santiago de Compostela e A Coruña e ali aparecian os coches roubados de amba-las dúas cidades….jajaja, mortal, unha hora e media que escachamos todos coa risa, aquilo estaba petado e pasámolo pipa,foi divertido, divertido.

    por certo, logo tomamos unha cervexa con el no bar, moi cercano, moi afable, un tio de puta madre, unha persoa moi sinxela e tamén tímida, falamos dez minutiños con él e quiteime unha foto, o de asinar autógrafos xa non se leva, agora saca-lo móbil e via….non é de moi boa calidade pero para recorda-lo dia ben vale.

    http://www.flickr.com/photos/breogain/2222891500/

    está feita có móbil e esquecinme de emprega-lo flash, asi que xa me perdonaredes

  4. o 2008-01-28 ás 11.25 am 4.Loli66 dixo …

    jajaja!
    Os tópicos existen!
    Carballo segue a sera terra dos moinos e donde aparecen os coches roubados! é o único sitio donde me roubaron no coche, tendo en conta que son viaxante, da unha idea do índice!
    Avisa se o Robert ven a Santiago!
    ;-)
    bicos

  5. o 2008-01-28 ás 3.42 pm 5.breogain dixo …

    Loli, no caso que vaia non perdas ese monólogo por nada do mundo, estivo fenomenal, paseino moi, moi ben.

    un saúdo

  6. o 2008-01-30 ás 7.55 pm 6.Jorge cubela dixo …

    Porque estou con exames, senón ir a ver a este paisano sería grandioso.

    Xa verías os vídeos que colguei na miña páxina…

    espero que chegue lonxe.

  7. o 2008-01-30 ás 9.41 pm 7.breogain dixo …

    Que hai Jorge

    Pois a verdade é que o tio é todo un espectáculo, estivo moi ben o monólogo, unha hora e media moi ben levada, improvisando ás veces e interactuando có público que ateigábamos o local, foi inesquecible e logo que se tomara unha cervexa con nós tamén dí moito del, un tio grande.

    un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.