Actualidade 16 Xaneiro 2008
En lembranza dos nosos mariñeiros…

[... aos que morren polos mares universais sen sequer bandeira propia cara á que ollar, aos mellores navegantes do mundo, aos nosos mariñeiros ...]
Escribo estas liñas en lembranza dos nosos mariñeiros tanto de altura coma de baixura, mariñeiros que estes dias de treboada levou o mar. Agora estase a debater se prohibir que os barcos saian ao mar os dias nos que haxa mal tempo ou a chamada "alerta laranxa", non saberia que respostar ao respecto, pero o que si me fixo cavilar moito estes dias é o porqué de que esta xente saia ao mar estando avisados das condicións tan adversas que se presentan, podo pensar que será que a fame apreta e se o barco está amarrado no peirao non se gaña o xornal ese dia, ou será que os armadores non pensan na vida dos seus "empregados" e obrigannos a sair ao mar para gañar máis e máis cartos independentemente do risco que corran os mariñeiros...?
A cita non é miña, non estou moi certo de quén pode ser, pero teño unha lixeira sospeita de que poderia ser de Castelao.
chuzame -







o 2008-01-16 ás 5.15 pm 1.Andrés Milleiro dixo …
A fame apreta…porque “a nosa terra non é nosa rapaces”
Parabéns polo artigo, custou
o 2008-01-16 ás 11.05 pm 2.Pau dixo …
Non hai duda que a fame apreta, e cada vez hai que arriscar máis para pescar a metade que fai unhas decadas. Os caladeiros van esquilmados.
o 2008-01-17 ás 1.15 pm 3.Luis dixo …
Moi bonita dedicatoria aos homes da mar. Sen dúbida a eles debémoslle moito, foi sempre un gremio moi importante (e o sigue sendo) dentro da sociedade galega, non só económicamente, senón culturalmente, dende algunha música popular, ata a gastronomía, pasando polas tradicións.
Unha homenaxe ben merecida para os homes que deixan a terra, adentrándose na mar, as veces calma, e as veces enfurecida, coas augas frías e oscuras, e os ventos bruando entre as ondas…
Si, dende logo, meréceno… Un saúdo
o 2008-01-18 ás 11.11 am 4.deisler dixo …
Preciosa foto y bonito homenaje el que haces,al que me uno desde la distancia.
Un saludo.
o 2008-01-18 ás 4.17 pm 5.breogain dixo …
desde la distancia…? concretamente canto de distancia hai dende onde estás a Pontevedra..?? se estás no extranxeiro mándanos unha foto para podela poñer aqui.
un saúdo deisler, e a ver se gañamos o sábado.
o 2008-01-20 ás 9.28 pm 6.Sísar dixo …
Ayer mismo me enteré que el tío de una amiga mía es uno de los desaparecidos. Me quedé de piedra, mi familia es marinera casi toda y más de un susto nos hemos llevado.
Lo que más me enrabietó fue saber que la mujer y la familia se enteró del suceso por la prensa. No daba crédito y no ha habido ni una visita institucional a estas familias.
Gracias por este post que es muy bonito y emotivo. Un saludo.
o 2008-01-21 ás 9.05 pm 7.breogain dixo …
Eu neste tema xa non sei que pensar, parece mentira que despois de anos e anos faenando en caladoiros de todo o mundo os galegos sigamos a chorar por mortes de mariñeiros, os barcos son máis modernos e están mellor preparados que hai décadas e a seguridade a bordo é moita máis da que foi, chalecos, radio-baliza….pero inda asi a xente segue a morrer, agora din que a Xunta de Galiza está pensando en darlles unha axuda de ata o 80% no caso de que a frota estexa amarrada ao porto e non poidan traballar, non sei se será solución que a administración siga a subvenciona-lo todo, os armadores terán moita parte de culpa, se hai mal tempo terán que deixar de gañar algo pero alomenos protexe-las vidas dos seus traballadores, non se pode ser tan codicioso.
saúdos
o 2008-01-21 ás 9.13 pm 8.Sísar dixo …
Es una enorme desgracia y no creo que nadie tenga la culpa. Reflexionando sobre lo que dices si a los agricultores les ayudan cuando hya un año de sequías pues a los marineros algo había que hacerles, no?
o 2008-01-21 ás 9.53 pm 9.breogain dixo …
Por suposto, a ninguén se lle pode abandonar á súa sorte, pero sigo a pensar que unha moi grande parte da culpa de todo isto é dos armadores, non da administración, ela non pode ou non debe prohibirlles sair ao mar, é o sentido común dos patróns o que debe actuar nestes casos.
un saúdo Sísar
o 2008-01-22 ás 12.28 pm 10.Alex dixo …
Bonita homenagem aos marinheiros..
Umha aperta desde Vigo.
Saude.
o 2008-01-22 ás 2.59 pm 11.breogain dixo …
e moitas máis que merece esta xente…
un saúdo Alex, e a ver ese celtiña se sube !!