Deportes 19 Xaneiro 2008
Pontevedra C.F.- R.C. Deportivo B, hoxe derbie galego en Riazor.
Pode que hoxe sexa un deses partidos inesquecibles, o conxunto granate vaise desputar o liderato có ata agora primeiro clasificado no grupo primeiro da segunda división B, o Deportivo B ou tamén coñecido antigamente como o Fabril. Descoñezo se haberá medo escénico por xogar nun campo de primeiro división, pero despois de desputa-la copa do rei hai escasamente un mes, no campo da Romareda de Zaragoza, supoño que non infundirá tanto respeito facelo en Riazor, eu estiven so unha vez no campo coruñés, foi o ano pasado con motivo do partido que desputaron Galiza contra Ecuador, gustoume o campo a verdade, grande se o comparamos có vello Pasarón e por suposto moito máis pequeno que outro que xa visitara hai anos, o Santiago Bernabeu, daquela fixemos unha parada no vello estadio de Chamartin cando andabamos de viaxe pola capital "do imperio pequeno". A desta tarde-noite poderia ser a primeira ocasión na que ollara ao Pontevedra C.F. xogar nun campo de primeira, o problema é que á hora do partido estarei traballando, non adoita ser asi pero a fortuna non estivo do meu carón esta vez e tereime que perde-lo partido, non asi uns cantos amigos da pandilla, que viaxarán despois do xantar, non sei se nos seus vehÃculos particulares ou coas peñas, porque o Pontevedra C.F. como tantas veces que xoga no territorio galego ou en provincias limÃtrofes non estará so, agardase a viaxe e a presenza de centos de siareiros granates que estarán ali para empurrar ao noso equipo cara a victoria e ao liderato do grupo, berrarán polos nosos xogadores e polos que non poderemos estar ali hoxe.
Que teñamos sorte, a por eles !!!
chuzame -







o 2008-01-19 ás 4.41 pm 1.Brugal con Cola dixo …
No te preocupes que con el Rifle ganamos fácil.
o 2008-01-19 ás 4.58 pm 2.Julio Torres dixo …
Ese Pontevedra, a ver que ten que ganar breogain. E a ver se este ano regresamos a segunda.
Noraboa polo blog.
Un saúdo, amigo
Carpe Diem
Julio
o 2008-01-19 ás 4.59 pm 3.Julio Torres dixo …
Ah, e o de que regresa Javi Rodríguez foi unha moi boa noticia. Esperemos que, como nas pelis, segundas partes non sexan malas. Confío en que sexa para ben.
o 2008-01-19 ás 7.04 pm 4.deisler dixo …
Al descanso sigue 0-0…a ver si despertamos, que el liderato está en juego !!!
A por ellos !
o 2008-01-19 ás 7.54 pm 5.Brugal con Cola dixo …
Vaya crack el Rifle!!
1 a 1 no está mal, seguimos arriba
Aupa Pontevedra
o 2008-01-19 ás 7.56 pm 6.breogain dixo …
unha mágoa o resultado, pero é moi positivo que sigamos a sumar puntos, iso é o importante, do árbitro mellor non falar, penso que era madrileño e pode que sexa socio do Rayo Vallecano ou do Real Madrid Castilla, jeje….en fin, seguimos adiante.
un saúdo granate.
o 2008-01-20 ás 2.18 pm 7.Andrés Milleiro dixo …
Bueno meu, semella que a cousa na Blogaliza mellora. SÃntoo que de vez en cando se fodan, máis se están a facer verdadeiros esforzos (en breve Blogaliza será organización, eu serei un socio), e a ver como vai a cousa…paciencia, creo que dende arriba non piden máis
o 2008-01-20 ás 2.32 pm 8.breogain dixo …
fenómeno que se estexa a mellorar a blogaliza, no blogue onte vin novidades e supoño que eses erros que deu seria polos trocos e mods que estiveron facendo, teremos paciencia logo, que lle vou pedir a algo que é de balde non..? jajaja.
un saúdo meu.