Cargando...

Actualidade 23 xaneiro 2008

Tarifas de “R”, unha suba xustificada ou abusiva..?

Hai uns cantos dias que recibín na miña casa unha carta de "R", o meu proveedor de internet, televisión e teléfono dende hai un par de anos, nela viña coma tódolos meses a factura do "combo 1" que teño contratado, ata aqui todo correcto, pero a miña sorpresa foi maiúscula cando lin unha carta que acompañaba á factura e que vos paso a comentar a continuación.

No papel en cuestión, a compañia comunícame os novos prezos para o 2008 dos seus "combos", que como todos coñeceredes son os paquetes domésticos de servizos que ten a operadora galega, por suposto que eu xa agardaba unha suba das tarifas, nada novo despois de ve-la suba xeneralizada de todo tipo de produtos nestes últimos meses, pero como non estamos a falar de cereais agardaba unha suba dunha porcentaxe similar ao I.P.C. , de máis ou menos un 4 %, cal foi a miña sorpresa cando vexo que o novo prezo do "Combo 1" pasa de 21 euros a 24 euros , se os meus cálculos non me fallan iso representa unha suba de máis dun 14 % , algo que a todas luces paréceme totalmente abusivo e desproporcionado, despois da sorpresa inicial paso a mira-las melloras que supoño incluirá o meu novo "Combo 1" para xustificar ese incremento de 3 euros, polo que puiden ollar non mellora en nada, as chamadas seguen a ser de balde entre clientes R e cós fixos de calqueira operador, o que xa tiña o ano pasado, a velocidade de 1 mega que teño contratada tampouco é mellorada, polo tanto todo sigue igual, entón non entendo esa suba desproporcionada, mirando na letra pequena observo que as chamadas entre os meus móbiles R e có fixo da casa serán tamén de balde (non inclúe o establecemento de chamada) pero iso será se algún dia paso os meus móbiles de Orange a "R", porque vendo isto xa se me están a quita-las gañas.

En fin, nos vindeiros dias agardo facer unha chamada ao teléfono de atención ao cliente, a ver se me poden explicar todo isto, porque paréceme un cachondeo total.

Chuzame! chúzame -

7 comentarios a “Tarifas de “R”, unha suba xustificada ou abusiva..?”

  1. o 2008-01-23 ás 4.17 pm 1.Loli66 dixo …

    un consello gratuito… si se che ocurre darte de baixa, terás todolos impedimentos posibles.
    faino por burofax e nom perdas o comprobante, ainda asi avisa no banco porque dende que che corten o servicio vas a recibir uns catro recibos máis, polos servicios nom prestados… e ainda nom quedarán contentos e vante chamar da oficina de morosos (haber por qué carallo nom pagas polo uqe nom tés)
    ´hala,que nom se diga que nom estades sobre aviso do funcionamento de R
    ;-)

  2. o 2008-01-24 ás 3.29 pm 2.breogain dixo …

    eu ate o de agora nunca tiven problema ningún con eles, e levo perto de dous anos contando cós seus servizos, claro está que nunca hai problemas ata que aparecen, e normalmente adoita ser cando un quere darse de baixa, eu como digo, nunca tiven problemas de facturas nin de servizo, o tema da atención telefónica e tal sempre ben, o que non me parece normal nin de “recibo” é unha suba tal coma ésta, paréceme a todas luces moi desmedida e terei que falalo con eles, por unha chamada supoño que non farán nada, pero se moitos coma min chamaran non farian tal abuso.

    un saúdo Loli

  3. o 2008-01-24 ás 6.22 pm 3.Loli66 dixo …

    istooo… nom quero ser agoreira… pero::: estás a apelar a o sentido da solidaridade???
    eu nom confiaría moito… é só un aviso, despois nom digas…
    ;-)

  4. o 2008-01-24 ás 9.18 pm 4.breogain dixo …

    pode ser que si, e nos tempos que corren e con esta economia capitalista tan salvaxe, dame que non se van a botar atrás…jajaja.

  5. o 2008-01-27 ás 8.49 pm 5.xacebas dixo …

    Yo soy de ONO

  6. o 2008-01-28 ás 1.02 am 6.maruxa dixo …

    ola David,acabo de contratar R, pero polo q contas xa me estou arrepentindo… en fin, xa vos contarei.

    Por certo, o acto sobre o libro de Colón estivo bastante ben,foi unha mágoa q non puideses ir.

    Maruxa

  7. o 2008-01-28 ás 3.41 pm 7.breogain dixo …

    ola Maruxa

    eu estou contento con R, nun par de anos que levo con eles non tiven problema de ningún tipo, o que si me parece un abuso é que me suban o combo 1 tres euros de golpe e sen ningún tipo de mellora, o meu combo 1 está complementado có “internet 1 mega” e o tema despois desta suba seguirá igual, mesma velocidade e os resto das chamadas todo igual, entón para qué esa suba de tres euros, que apliquen o I.P.C. e via, un 15% paréceme un total e absoluto abuso de posición dominante (ou case dominante) no mercado galego.

    un saúdo veciña

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.