Cargando...

Actualidade 25 xaneiro 2008

Presentación do libro “A patria de Colón” en Poio (Pontevedra).

Maruxa, unha amiga e fonte de información do que acontece no dia a dia do veciño concello de Poio, falábame onte dun acto que terá lugar no salón de conferencias do Casal de Ferreirós, que por se algún de vós non o coñece, é un edificio polivalente que ten o Concello de Poio na urbanización Pazo de Ferreirós de Poio, ao carón da estrada xeral que leva ás praias.

O acto en cuestión é a presentación do libro "A patria de Colón", de edicións Toxosoutos e con traducción ao galego de Rosa María Blanco Outón da obra de Celso García de la Riega, nel deféndese a tese da orixe pontevedresa de Critovo Colón, que como moitos de vós saberedes ten unha casa no concello de Poio, a cal penso que o governo municipal ten previsto converter en casa-museo na que se lembrarán as súas orixes en Poio e as fortes ligazóns que xunguen ao concello galego có continente americano, como a emigración.  Neste libro o autor presenta os datos e documentos achados no Arquivo de Pontevedra, nos que se basea para concluir que o descubridor de América teria nacido en Pontevedra ao redor do ano 1436.  Neste acto de presentación intervirán Clodio González Pérez, autor do limiar, Enrique Barreiro, arquitecto das obras de restauración da casa-museo e Luciano Sobral, alcalde de Poio.

Por suposto sobra dicir que a entrada é de balde, será como vos digo hoxe dia 25 de Xaneiro ás 20:00 horas no Casal de Ferreirós, Poio.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

7 comentarios a “Presentación do libro “A patria de Colón” en Poio (Pontevedra).”

  1. o 2008-01-25 ás 12.49 pm 1.Circe dixo …

    E rematarán cun pincho, así que acudiremos todos!

  2. o 2008-01-25 ás 1.22 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Pues sí, parece mentira pero COlón era de Poio!!!
    Ni genovés ni portugués ni nada, de Poio!!

    Sobre esto, te recomiendo esta página!!

    http://www.cristobal-colon.com/philippot.htm

  3. o 2008-01-25 ás 9.30 pm 3.breogain dixo …

    graciñas pola info brugal, estívenno ollando hai un pouco e paréceme moi interesante, sobre todo o das palabras empregadas por Colón, moitas claramente galegas.

    un saúdo !!

  4. o 2008-01-25 ás 10.30 pm 4.Sísar dixo …

    Ostras!! ojeé la prensa de pontevedra y no me fijé en esta noticia, a lo mejor salía en Poio pero creo que tenían que haberle dado más bombo al acto.

    Muy buen post Breogain.

  5. o 2008-01-26 ás 8.04 pm 5.breogain dixo …

    Eu ao final non puiden ir porque saín tarde do traballo, senón houbérame pasado por alí a miralo.

    un sáudo.

  6. o 2008-01-30 ás 2.32 am 6.Circe dixo …

    Eu estiven, e adiantaron que en breve publicarán outro libro de De la Riega, A Galega, que era como Colón chamaba á caravela na que navegaba.
    A min o personaxe non é que me pareza digno de admiración, máis non vou entrar agora neso. O que me parece importante son as implicacións que ten que nacese en Poio, canto poderemos coñecer acerca de como era o noso concello no século XV.
    Coa Casa-Museo de Cristovo Colón seguro que teremos oportunidades abondo para saber do tema.

  7. o 2008-01-30 ás 3.26 pm 7.breogain dixo …

    Eu mirei hai uns dias no Diario de Pontevedra que estaban a buscar nas excavacións da que será a futura casa-museo de Colón, máis restos arqueolóxicos para a futura exposición de todo o tema que vincula ao descubridor con Poio, está ben que se coñeza de onde era, e de ser certo que se saiba a súa procedencia, outra cousa é como ti dis que non estexamos dacordo con todo o que fixeron os españois en América despois do ano 1492, iso xa seria entrar a valorar se houbo excesos (eu penso que si e moitos) cós indíxenas có tema de cristianizalos.

    un saúdo Circe.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.