Deportes 29 xaneiro 2008
“Antimadridistas”, a foto da polémica en Pasarón.

A imaxe que vedes aqui pertence a este pasado domingo, o Pontevedra C.F. recibia a visita do filial do Real Madrid e na bancada de norte despregouse esta faixa, houbo unha certa polémica entre culés e merengues pontevedreses, ¿a faixa representaba a toda a bancada de norte, a todo o estadio ou somentes a unha peña de siareiros granates? pois a resposta é máis que sinxela.
Os responsables do seu depregamento foron a peña Furya granate, posiblemente a peña máis activa e que máis traballa por e polo Pontevedra C.F. dia tras dia e ano tras ano, un nutrido grupo de rapaces que sempre lle dan cor ao vello Pasarón cós seus "tifos", que para os neófitos nisto da "jerga" das bancadas de fútbol, significa montar un espectáculo de bandeiras, pancartas, confetti's ou algo polo estilo cando salta o equipo local ao campo. Como dicia, a xente de Furya granate sempre sorprenden có seu incansable traballo de animación e de preparación dos partidos, tentando sempre de contaxiar o seu espírito de loita e de defensa das cores granates ao resto da bancada de norte e tamén e porqué non, ao resto do estadio. Dende hai sete anos que están a destacarse coma unha das peñas máis comprometidas e moitas veces por isto, polo compromiso que eles mesmos amosan na bancada e tamén nun fanzine que publican (o único en Pasarón), son tachados en moitas ocasións de conflictivos e de perigosos, eles defínense como unha peña con espírito galeguista e nacionalista galego, antifascista e por enriba de todo granate, porque o obxectivo do seu traballo diario tanto para os partidos da casa coma para os de fóra (porqué moitas veces son a única peña que se despraza có Pontevedra C.F.) é animar ao noso equipo e que como reza o lema futboleiro "You never walk alone", que os nosos xogadores nunca camiñen sos.
Segundo explicaron posteriormente, o motivo da faixa despregada có lema "antimadridistas", foi para amosa-lo seu rexeitamento ás actitudes despreciativas, altlivas, déspotas e prepotentes que sufriron moitos dos afeccionados e xogadores granates nos partidos nos que nos enfrotamos có filial madridista nestes derradeiros anos, non hai motivos agochados nin retorcidos, exerceron o seu dereito á libre expresión sen insultar ou menospreciar a ninguén.
"A ponte vella" solidarízase con eles e apóiaos na súa causa galeguista e granate, posiblemente se a faixa puxera "Vigo non" ou outra frase inxeniosa polo estilo, algunha xente de Pontevedra calaria a boca e esbozaria un sorriso cómplice, e iso si que é ben triste, ás veces sigo a pensar que medramos en habitantes, pero que en realidade seguimos sendo unha aldea.
chuzame -







o 2008-01-29 ás 8.53 am 1.Andrés Milleiro dixo …
Pois eu cento por cento de acordo…
o 2008-01-29 ás 11.45 pm 2.breogain dixo …
eu como dixen no post, entendo a súa postura, o filial do Real Madrid nos últimos anos fixo todo o posible para sementa-lo malestar entre os siareiros granates, con insultos e provocacións tanto en Madrid coma aqui en Pontevedra, ninguén se pode esquecer dos altercados de hai anos, sen ir máis lonxe, no último enfrontamento varios compañeiros de traballo foro aló (e non son rapaces) e foron insultados en repetidas ocasións por toda a bancada “merengue” ao berro de paletos e unha sarta de barbaridades que prefiro non repetir, dixéronme que foi triste, moi triste ver á xente de Pontevedra pasar por unha situación asi, a xente moza e a xente maior, e se en algo os siareiros granates destacamos sempre é por ter sempre respecto polos rivais, tanto na casa coma fóra (coas excepcións de sempre, a saber, o Vigo non e toda esas chorradas localistas)
un saúdo Andrés
o 2008-01-30 ás 7.15 pm 3.Sísar dixo …
Lo de Furya Granate es para quitarse el sombrero, dieron ese empujón definitivo que hacía falta entre la afición.
Pero bueno yendo al tema concreto de la pancarta k lo vi desde preferencia lo de quitarlo o no me parecio excesivo (y eso que soy madridista 100%), entre otras cosas porque sólo se exhibió al inicio del partido y la anécdota ya había pasado (que hubiera quedado en eso).
Aunque estoy de acuerdo en que no se exhiban pancartas anti-nada. Pero bueno creo que se ven por todos los estadios de España y no pasa nada y eso que Nino es del barça.
Ah! Aprovecho el post para hacer esta pregunta, por qué hay una bandera de euskadi en el fondo? es algo que me sí que me choca y en mi blog se había debatido sobre ello hace ya un año. Se acordó que cada una llevase la que quisiese pero choca ver sólo la de esukadi y la republicana junto a la gallega.
Un saludo
o 2008-01-30 ás 9.39 pm 4.breogain dixo …
Sísar, o tema da ikurriña é ben sinxelo, a min explicoumo a xente da bancada de norte o dia do partido. Supoño que saberás que o segundo porteiro do Pontevedra C.F. chámase Mikel Saizar e é basco (máis ben euskaldún como él mesmo manifestou), pois ben, o outro dia no fanzine “Bancada Norte”, unha publicación do colectivo “Furya Granate”, facíanlle unha entrevista ao porteiro e éste ao rematala regaloulle á peña granate unha ikurriña e eles cortesmente puxérona no fondo o dia do partido, tamén foi hai varias semanas xunto con outros xogadores a unha cea aniversario organizada por eles.
De tódalas maneiras as ikurriñas ou as senyeras adoitan ser mostradas en campos galegos coma símbolo de afinidade e confraternidade coas hinchadas de Euskal Herria e Catalunya.
un saúdo Sísar.
o 2008-01-31 ás 2.27 pm 5.Sísar dixo …
Gracias por la info Breogain. Lo desconocía.
o 2008-01-31 ás 5.20 pm 6.Ulmo de Arxila dixo …
O luns pola mañá xa me comentaron o que ocorrera (unha compañeira miña de traballo é pontevedresa e acérrima seareira do Pontevedriña). É-che o de sempre, amigo Breogain: queremos ter contentes aos do Império Colonial, non vaia ser que se mosqueen e nos manden a Legión.
Furya Granate, sempre adiante!
E vivan os Tri Yann!
o 2008-01-31 ás 5.55 pm 7.deisler dixo …
Buenas breogain,
En el foro no he querido entrar en ese cruce de opiniones (por llamarlo de alguna manera) porque he preferido morderme la lengua sobre este tema…
La verdad es que me ha dejado impresionado la cantidad de “lindezas” que se han podido llegar a decir…para mi se mezclan cosas que no tienen nada que ver entre si y se han dado versiones bastante sesgadas que contribuyen a que sea imposible llegar a ningun tipo de entendimiento…y lo dice alguien que ha visto muchos partidos Castilla-Pontevedra y Pontevedra-Castilla,y no solo desde hace 9 años…
Asi que prefiero seguir sin entrar en polémicas que ,para mí,no llevan a ningun lado,pero si me gustaría comentar que creo que vendría bien un poco más de cordura y respeto por parte de TODOS
(que,como bien dices en uno de ts comentarios del foro,al fin y al cabo,todos estamos unidos por un solo color,el granate,y nuestro objetivo es el mismo)
Un saludo !…y perdón por el rollo
o 2008-01-31 ás 7.31 pm 8.celtarras87 dixo …
Moi boa a faixa de FG. Os nosos parabéns, e ogallá o vindeiro ano volten a sacala, pero non en segunda B, se non en segunda A. Saúdos dende Vigo.
o 2008-01-31 ás 9.29 pm 9.breogain dixo …
A mensaxe é ben clara, ben vedes todos que non se insultou nin faltou ao respeito a ninguén, somentes foi a expresión libre e con todo dereito destes rapaces, unha forma de chamarlle-la atención á xente do REAL MADRID “B” que tan mal se portaron con nós, e cando digo con nós é con toda a afección granate tanto en Madrid coma en Pontevedra, a parroquia granate sempre foi moi respectuosa (salvo erro ou omisión) cós visitantes e tamén aló onde fumos, polo tanto esiximo-lo mesmo trato, nin somos paletos, nin xente do monte (con tódolos meus respeitos), somos unha afección que para si quixeran moitos equipos e xa non digo de Segunda B…
un saúdo a todos e graciñas polos comentarios
o 2008-02-01 ás 3.50 am 10.FuryaGranate-Fans dixo …
Unha vez máis, obrigado Breogain polo apoio
o 2008-02-01 ás 4.15 pm 11.Miguel dixo …
Felicidades pola pancarta. Na Coruña, hai xa moitos anos que se saca unha semellante, co escudo deo Madrid tachado, e non pasa nada… E iso que son moitos os madridistas que aínda quedan por aquí. Felicidades á afección do Pontevedra, un equipo que merece moito máis por historia e por bancada. Ánimo e sorte! Se nós temos a desgraza de descender, alegrareime de disfrutar dos derbis cos granates que, ben seguro, volverán a Segunda.
Forza Depor!
Forza Pontevedra!
Apertas!
o 2008-02-01 ás 9.49 pm 12.breogain dixo …
Gracias a todos e en especial á xente da Coruña como Miguel e tamén á xente de Vigo como Celtarras87, as afeccións galegas temos que estar xuntas e non pelexar como tanto anos atrás se fixo, cada un que defenda ao seu equipo, os da Coruña ao Deportivo que ogallá non descensa, os de Vigo ao celtiña que ogallá ascenda e por suposto aos siareiros granates que tanto sofrimos polo noso equipo que academo-lo tan arelado ascenso este ano, e todos temos boas vibracións, penso que este ano si.
saúdos a todos, forza pontevedriña !! adiante o fútbol galego !!!