O mundo da cervexa 22 Febreiro 2008
“A casa dos druidas”, folc e cervexa moi perto de Pontevedra.
Se sodes de Pontevedra ou arredores ben seguro que a coñeceredes, trátase dunha casa de pedra restaurada e reconvertida nunha taberna galega, está situada no lugar de Acuña, no veciño concello de Vilaboa (do Morrazo) e chámase A casa dos druidas. Hai xa un tempo que non paso por ali tanto como quixera, lémbrome de Manolo, dono do local e bo coñecedor do panorama folc tanto galego coma do resto das nacións da Celtia, moitas conversas temos tido os dous falando dos Tannahill Weavers, dos Wolfstone ou de Milladoiro, namentres degustaba algunha das moitas cervexas que nos ofrecia, lembro que era todo un mestre en tira-la Guinness de barril, segundo me contara él, fora a un cursiño que a propia marca impartira para hosteleiros, e como boa mostra do aprendido, sempre remataba a "pinta" facendo o debuxo dun trebol irlandés por riba da escuma, nun alarde de bo pulso. A casa consta de dous andares nos que podes desfrutar da música tomando calqueira cervexa de importación e charlando cós amigos, lémbrome daquela famosa estáncia chamada "sa ceive de fume", daquela inda non existia a lei anti-tabaco. En ocasións os fins de semana hai música en vivo e aquilo convértese nunha auténtica festa, festa coma a da noite dos calacús que se celebra no Samahin e xa ten sona en toda a bisbarra. Normalmente tamén adoitan a expor artesania ou pintura artistas locais, tanto no interior da casa coma na parte de fóra, onde nos xardins tamén se pode tomar algo no verán.
Dende "A ponte vella" queremos recomendarvos este local, se un fin de semana queredes desfrutar dalgo novo, probade a pasarvos por esta casa onde parece que se para o tempo, tomádevos unha Guinness, unha Estrella ou calqueira cervexa de importación, tampouco deixedes de proba-lo "licor druídico". So destacar unha pega do local, repito, hai tempo que non vou por alí, pero de aquela tiñan todo tipo de bebidas pero non cociña, unhas tapas foi algo que sempre botei en falla, se vos pasades e cambiou o "conto" non deixedes de avisarme.
chuzame -








o 2008-02-26 ás 4.46 pm 1.Sísar dixo …
coño!!! ese no será Milo, no?
o 2008-02-26 ás 9.55 pm 2.breogain dixo …
Non fastidies que o coñeces Sísar????, pois si señor,penso que o nome era exactamente Miro, que ven sendo un dos reis da Gallaecia da época Sueva, aló polo ano 570 (periodo escuro), hai anos que non o vexo, daquela estabamos nun foro de internet, nos seus comezos, alomenos hai uns dez anos, que se chamaba “#Música celta” e de cando en vez facíamos xuntanzas, tanto de xente de Galiza como unha vez ao ano, no festival do Mundo Celta de Ortigueira, de amigos de todo o Estado, eramos unha boa panda de gaiteiros de Asturies, Euskadi, Castela, Valladolid, Catalunya, Madrid e galegos e galegas tamén. Aqueles foron tempos de música, cervexas e festa, compartindo unha mesma afección pola música folc e celta, foron tempos nos que coñecin en persoa á xente de Luar na Lubre e algún grupo galego máis, magníficos tempos aqueles.
Un saúdo Sísar.
Por certo, na foto estabamos coa súa moza e cun amigo da Rioxa, que sempre que viña traia un fantástico licor de “endrinas” moi rico, na foto estamos brindando cunhas pintas de Guinness, por suposto.