Actualidade 5 Febreiro 2008
El “casco histórico” de Pontevedra invadido por los cables.
En Pontevedra podemos presumir de tener posiblemente el casco histórico mejor conservado de toda Galicia, después del de Santiago de Compostela, desde hace años que se inició un proceso de recuperación de los espacios públicos de nuestro querido "casco vello", un trabajo que si mal no recuerdo comenzó allá por los años 90 con el famoso Plan Urban, se empezaron a restaurar edificios, substituir canalizaciones subterráneas antiguas y también cambiar el "piche" por la piedra que ahora lo cubre casi en su totalidad, el resultado una zona para pasear, ir de compras y para disfrutar por el dia y por la noche, de todas maneras el proceso de rehabilitación todavia está inconcluso. Parece que nadie se acuerda de uno de los aspectos que más afean el entorno de la zona vieja de Pontevedra, el cableado aéreo que serpentea por los arcos de piedra, por las fachadas y que sobrevuela las calles de un lado a otro, tremendas mangueras negras de Telefónica o de Fenosa que constituyen un horrible entramado que todo lo cubre. Es una pena que todo eso no se pueda canalizar subterráneamente y ocultar, porque asi la zona histórica de Pontevedra resultaria mucho más atractiva e interesante, tanto para nosotros los vecinos como para los turistas, desconozco si el casco histórico de Santiago de Compostela tiene este cableado oculto, pero dada su importancia al ser la capital de Galicia y una ciudad que recibe cada año cientos de miles de visitantes, supongo que desde su ayuntamiento no habrán pasado por alto este detalle, lo dicho, a ver si en Pontevedra se ponen las pilas cuanto antes y toman cartas en el asunto, desde la edición capitalina de la Voz de Galicia ya se lo recordaban hace unos dias.
chúzame -







o 2008-02-05 ás 2.52 pm 1.Sísar dixo …
Fue una pena que no se aprovechase el levantamiento del firme para soterrar todos esos cables.
o 2008-02-05 ás 7.31 pm 2.Jorge cubela dixo …
Comparto tamén as palabras de Sísar.
Este comenterio, amigo Breogain, non ten que ver con este post.
Xa contestei ás túas palabras no artigo de Memoria nazi do meu blog.
Entendo que te defraudara se o contido das miñas dúas liñas no encabezado fosen como as interpretaches, pero que xa aclarei están moi afastadas de como as entendiches.
Eu, ao igual que Espada, criticaba a postura do BNG, que entendo como erro, porque non creo, aínda que non comparta a ideoloxía do Bloque, que dexenere ata non condear o nazismo.
O que vai seguido “y sobre la realidad de los nazis en España” refírome sobre esa realidade social dos nazis que hai en España, ese nazis que van portando esvásticas, etc… por iso lamento que se entendera nesa frase que eu me refería ao BNG, Espada tampouco se refire al Bloque como nazis, senón que debido a súa postura fai unha crítica para reafirmar qu debería de existir unha condena e unha visión sobre o tema moito máis dura.
Espero que todo quede aclarado agora, leveime un grande susto cando vin o teu comentario, jeje, un saúdo e un abrazo dun amigo blogueiro.
o 2008-02-05 ás 8.24 pm 3.breogain dixo …
Jorge
Non hai problema, ti ben sabes e tamén Sísar, que cada un de nós ten os seus posicionamentos ideolóxicos, pero ante todo hai que ser dialogantes e maduros. Moitas veces acontece que por matizar unha cousa pódese caer no tremendo erro de dar a entender outra, ése posiblemente puido se-lo erro de Carlos Aymerich ao matizar esa declaración, que puido facer pensar á xente que o B.N.G. non condenaba o nazismo por non querer asinar ese manifesto, nese caso o maior sorprendido seria eu.
No tema dos nazis en España, hoxendia hai varios grupos organizados en diversos lugares, que inda que non van polas rúas exhibindo swásticas (un emblema céltico por certo) nin berrando vivas a Hitler si comparten a súa ideoloxia, sen ir máis lonxe, vo-los dous que sodes bos seguidores do Real Madrid, supoño que teredes visto no fondo dos Ultras Sur unha bandeira negra/branca/bermella, esa é a bandeira que empregan os nazis alemáns ao ter prohibido calqueira exhibición de parafernalia nazi, tamén teño visto as calaveiras que empregaban as SS e algunha swástica agochada, e por parte do clube hai total permisibidade e polo de agora non vin que foran perseguidos. Tamén hai varios partidos políticos que todos coñecemos que fomentan o racismo e maila xenofóbia, eses partidos políticos inda que son minoria actualmente, preséntanse ás eleccións municipais, autonómicas e xerais e estanse a organizar nunha Alianza Europea, xunto con partidos da ultradereita alemana ou austriaca. Polo dagora non vin que os seus dirixentes foran chamados a declarar á Audiencia Nacional, agardo que algún dia pase, polo dagora si que van a declarar ás televisións, como aconteceu con Ynestrillas hai un par de meses nun programa chamado “La Noria”, se mal non me lembro, iso si que é perigoso, darlle cancha a esta xente.
Perdona polo tocho, un saúdo doutro blogueiro de Pontevedra Jorge.
o 2008-02-06 ás 12.59 pm 4.Luis dixo …
A verdade e que e unha magoa que non soterraran os cables cando fixeron a reforma urbana da xona vella. E antiestetico e da mala imaxe, sempre que paso pola zona vella penso o mesmo. Pero bueno, a ver se nos proximos anos poden arranxalo.
En canto a discusion sobre a condena ou non do Holocausto… bueno, pareceme patetico que os tres grupos galegos que temos na camara sexan incapaces de ponherse dacordo para condenar o nazismo. Se o BNG non o fixo porque non se incluia unha condena expresa sobre a politica de Israel (se e que se lle pode chamar asi, que o dubido moito) fronte a Palestina, non me parece unha postura adecuada. Non creo que haxa necesidade de mesturar o lacon coa velocidade. E se o PP negase a condenar a postura de Israel… Pois entra dentro do mesmo patetismo.
O unico que sei e que o nacionalismo do BNG non pode chamarse fascista, por moito que outros da ultradereita quieran chamalo asi.
A cuestion e que non se esquezan feitos historicos como os que teron lugar la Segunda Guerra e os que estan acontecendo agora. Se cadra ainda e mais grave o que estamos vivindo agora, e non porque sexa peor, senon porque cando deberiamos ter aprendido do pasado, semella que non temos a leccion ben aprendida, e que a Franxa de Gaza e igual cun campo de concentracion, cunha soa diferencia: os que ali se atopan tenhen liberdade: son libres para non ter un traballo, son libres para non ter comida, son libres para non ter unha educacion. A magoa e que non tenhan a oportunidade de elixir outra cousa.
Perdon polo discurso, pero e que ao tema de Palestina e Israel doulle moita importancia…
Un saudo!
o 2008-02-06 ás 2.57 pm 5.breogain dixo …
Luis, a min tamén o tema de Israel-Palestina paréceme sumamente importate, e dame que moitos dirixentes non lle dan a transcendencia que deberia, xa van moitos anos de conflito e a povoación palestina é a que máis sofre, entendo que a culpa non é somentes de un dos dous, os cohetes Katiuska que Hamas envia de cando en vez hacia territorio xudeo é unha agresión en toda regla, pero rara vez provoca mortos, tamén os homes-bomba palestinos teñen moita culpa de que este problema se agrave, pero o terrorismo de estado por parte de Israel non se queda atrás, paréceme moi forte o feito de que os buldozers israelís derriben as casas dos mártires despois de terse inmolado, iso é facer dano sen motivo, como o de pecharlle o camiño ás súas terras de cultivo o as fronteiras para que non poidan ir a traballar…todo iso é unha barbaridade e parece que continuará asi ao longo de anos se ninguén lle pon remedio de maneira inmediata, nin uns nin outros se merecen tal cousa.
un saúdo.
o 2008-02-07 ás 2.22 pm 6.Loli66 dixo …
eu incluiría Allariz dentro dos cascos hitóricos mellor conservados, Pontevedra está a quedar moi goapa co que se está a facer ultimamente o tema do cableado é problema en Santiago tamén.

É horrososo! pero parece ser que metelo baixo terra resulta mais complicado do que parece… a lo menos iso din os nosos gobernantes.
dende logo a nosas ciudades e as nosas paixases están a seres invadidos polos cables, e se nom o creedes intentade sacar unha foto dun paixase dende un sitio habitado sen que saia un poste ou un cableado…
o 2008-02-07 ás 3.26 pm 7.breogain dixo …
Loli, en Pontevedra puídose soterrar todo o cableado cando se cubriu de pedra todo o firme do casco vello e non se fixo, agora por suposto vai ser moito máis caro, pero supoño que entre Concello de Pontevedra e Unión Fenosa ou Telefónica deberian asinar un convenio e “meterlle man” a isto canto antes…
un saúdo
o 2008-02-21 ás 10.51 am 8.martínez dixo …
Tódalas obras do centro histórico incluíron a instalación de tubos para o cableado. Meter os cables de Fenosa por estes tubos e retiralos das fachadas só está pendente dun convenio entre a empresa, o Concello e a Consellería de Innovación e Industria. Díxoo Teresa Casal, concelleira delegada do centro histórico, varias veces na prensa.
O Concello non ten por que pagar o soterrado dos cables. Iso depende dun acordo entre Fenosa e Industria que o Concello, eso si, está tratando de propiciar.
o 2008-02-21 ás 3.06 pm 9.breogain dixo …
Martínez
moitas gracias por achegarnos esa información, paréceme fenómeno que xa estexan instaladas eses tubos, noutras partes como en Barcelona coido que fixeron directamente galerias de servizos, agora entón que comecen canto antes a soterra-los cabos de fenosa,telefónica..etc, alomenos no casco vello da nosa cidade, melloraria en vistosidade moitísimo, e tamén evitaria o perigo de que algún destes cabos, sobre todo os eléctricos poida caer algún dia e provocar unha desgraza.
un saúdo e graciñas polo teu apuntamento.