Actualidade 6 febreiro 2008
De idioma galego a “dialecto gallego”, por Fernando Grande-Marlaska.
Non alcanzo a entender como se pode desprezar abertamente e de meneira tan rotunda a un idioma, e máis se estas verbas veñen dunha persoa pública como é Fernando Grande-Marlaska, o xuiz da Audiencia nacional, sobradamente coñecido por todos nós polos seus xuizos "mediáticos", á mesa nacional de Batasuna entre outros. O outro dia a defensa de catro rapaces galegos que están a ser xulgados por queimar unha foto de El-Rey en Vigo, solicitaba un tradutor de galego para as declaracións dos seus defendidos, pois ben, en resposta a esta petición por parte do avogado defensor, o xuiz Grande-Marlaska emitiu unha providencia na que textualmente se podia ler o seguinte;
"(...) en lo referente a la petición de designación de intérprete de DIALECTO GALLEGO, ya se instó en su dia por este juzgado de la empresa encargada."
Señor Grande-Marlaska, con toda humildade lle digo, o idioma galego é un dos dous idiomas co-oficiais nunha das comunidades autónomas que conforman o Estado Español, polo tanto unha actitude de desprezo cara ao noso idioma como ésta paréceme totalmente fóra de lugar, xa sei que este comentario non chegará nunca aos seus oidos, pero alomenos quero amosar publicamente o meu máis rotundo rexeitamento a pronunciamentos deste tipo, que o único que consiguen é demostrar unha vez máis que o diferente molesta, e por suposto o pouco "tacto" ou sensibilidade que ten algunha xente como vostede, é máis, dubido moito que tivera o valor ou a pouca cabeza de chamarlle dialecto a idiomas como o catalán ou o euskera.
Editado (08/02/08): Pois como rectificar é de sabios, este home tivo a ben pedir desculpas públicamente polo feito de chamarlle "dialecto" a un idioma co-oficial do Estado Español, e como neste blogue somos demócratas antes que calqueira outra cousa, facémonos eco das súas declaracións.
chúzame -







o 2008-02-06 ás 5.40 pm 1.Andrés Milleiro dixo …
De tódolos xeitos non di dialecto de que idioma…
o 2008-02-07 ás 12.08 am 2.breogain dixo …
sinceiramente paréceme que non se pode desprezar de tal maneira ao noso idioma, dende que ia ao colexio ou se cadra antes, non me lembro de que ninguén lle chamara ao noso idioma “dialecto”, e logo virán os de G.B. falando de imposición do galego, de asoballamento continuo do galego sobre o castelán en Galiza…pero si tan sequera teñe un mínimo de respecto e lle chaman ás cousas polo seu nome, repito, iso pasa porque meterse cós galegos sempre saiu de balde e para a nosa desgraza continúa a pasar, se lle chamaran dialecto aos outros idiomas co-oficiais no Estado español non seria asi o conto..
un saúdo Andrés.
o 2008-02-07 ás 2.12 pm 3.Luis dixo …
Que lle chamen como queiras, nos sabemos que e un idioma, que perdurou por seculos, e porque haxa alguen que diga que e un dialecto, pois mira, que permaneza na sua ignorancia.
Por certo, gustoume moito o texto de Andres Milleiro, de quen e? Perdoade a minha ignorancia.
Un saudo!
o 2008-02-07 ás 2.40 pm 4.Loli66 dixo …
e será polo vicio de dicir que chove cando están a mexar por nos?
éstes días fiquei por Barna… e flipei as cartas estaban no seu idioma, sé a querías en castelán tamén as había, tiñas que pedilas, pero na mesa nom estaban postas; eiqui están en galego e castelán, será que somos aforradores e asi só publicamos unha carta ou que nom somos tan cerrados?
de todos modos unha personaxe pública desta índole nom debería chamarlle dialecto a o noso idioma, unha persoa da calle pódeselle admitir a inorancia, nuha persoa con éste nivel creo que nom se lle pode chamar ignorancia, sóname mais ben a desprecio. ou a persoa pechada de ideas.
o 2008-02-07 ás 3.30 pm 5.breogain dixo …
Luis, o texto que puxo Andrés penso que é de Castelao, estou case seguro de telo lido nalgures e penso que foi no Sempre en Galiza.
Polo demais concordo con vós, nós sabemos que o galego ten o rango de idioma oficial dende hai moitos anos, e tamén é por iso polo que solicito un pouco de respeito por parte dunha persoa que representando á xudicatura deberia de facer cumpri-la lei, polo tanto de dialecto nada, dame que este home o fixo con segundas, en plan de joder un pouco, porque senón non me explico, a quén se lle pode ocurrir tal cousa.
un saúdo a todos
o 2008-02-07 ás 9.41 pm 6.maruxa dixo …
Ola,coincido con tod@s en q polo carallo fai ese comentario do EUSKERA ou do CATALán.O PATETISMO e DEMAGOXIA desta personaxe por chamarlle dalgunha forma é q me rebenta… QUE FALLA DE RESPEITO POR GALIZA, POLO GALEGO E POLO POBO GALEGO.
¡¡¡¡¡¡¡ VIVA GALIZA!!!! MAL Q LLE PESE A MOITOS.
o 2008-02-07 ás 11.12 pm 7.susolista dixo …
Este ente, non necesita presentación. Todos sabemos que ten ideas de extrema direita e exerce como tal cando está no xuzgado. Pra mín que este individuo se meta así co noso idioma ainda me enche de orgullo, porque o outro que pensaba coma el, Franco, non tuvo güevos de exterminalo.
o 2008-02-08 ás 5.28 pm 8.Pilar dixo …
Impusieron a los niños cómo tenían que expresarse en el colegio, convenciéndoles además de que su país no existía, borrando su nombre de todos los textos escolares; pero como ya no era un niño, no protesté…
Decidieron qué lengua tenían que usar los funcionarios y cuál no podían usar, pero como yo no era funcionario…
Decretaron la lengua que debían usar todos los trabajadores del sector público, pero yo no dije nada: allá ellos,… También dejaron fuera de la ley el nombre de mi ciudad,…
Condicionaron a las empresas alterando la libre competencia mediante incentivos humillantes para que dejaran de utilizar su lengua y la de sus clientes; tampoco protesté,…
Despilfarraron cada año nuestro dinero para persuadirnos de que nuestros hijos tenían que “nacer en gallego” y recibir alguno de los nombres elegidos por ellos; de que teníamos que testar en una lengua y no en la otra, y enterrar a nuestros muertos bajo mármoles que demostrasen dentro de mil años que aquí mandan ellos ahora; … yo me limité a reír, displicente, superior y ajeno.
Ahora amenazan con multar a los comerciantes que no rotulen sus productos a su gusto,….
Pronto me tocará a mí, pero entonces, tal vez no quede nadie que proteste …
— ¿Cómo hemos podido llegar a esta situación?
— Porque lo hemos consentido.
— ¿Vamos a seguir callando?
Este viernes a las ocho, en el Obelisco de La Coruña, todos bajo el lema
Por la libertad lingüística. No a la imposición
o 2008-02-08 ás 8.02 pm 9.Luis dixo …
Como non a concentración tiña que ser na cidade da Coruña, berce do nacionalismo español en Galiza…
o 2008-02-08 ás 11.39 pm 10.breogain dixo …
Pilar….
patéticos, a xente coma vós non ten outro nome, paréceme absurdo e totalmente fóra de lugar que veñas con “estas”, de verdade que pensas que che están a impor un idioma?, somentes dis unha chea de mentiras e falacias, falar de que o galego se está a impoñer á xente é facer demagóxia da máis vil e rastreira, supoño que non voltarás por este sitio máis, que o teu será unha especia de “spam” que irás deixando en tódolos blogues e web’s que poidas, éncheme de orgullo que elexiras tamén o meu para facer propaganda da tua mentira, estades molestos e enrabietados, proba de que a cousa está a mudar, até o de agora o galego foi o irmán pequeno, o probe e o desheredado, o “tonto” da clase, nunca puido ollar de “igual a igual” ao outro idioma instalado nesta terra, as dúas línguas son co-oficiais pero de sempre unha asoballou á outra, agora pode que mude a cousa.
Manifestádevos, estades no voso dereito, pero tede un pouco de dignidade e non mintades tan abertamente, vós, a xente da MESA POR LA LIBERTAD LINGÜISTICA teríades razón de ser hai 30 anos…hoxendia sodes o ariete do nacionalismo español máis casposo e ráncio, non vaiades de mártires, non é o voso.
un saúdo Pilar.
o 2008-02-09 ás 11.14 am 11.Andrés Milleiro dixo …
Lástima de bois…
o 2008-02-09 ás 10.10 pm 12.xacebas dixo …
Un lapsus lo tiene cualquiera…….
o 2008-02-10 ás 3.32 pm 13.breogain dixo …
máis ben un patinazo en toda regla diria eu….
o 2008-02-14 ás 5.50 pm 14.Nel dixo …
Quixera puntualizar: A Coruña é o berce da Galiza galeguista e liberal, liberal no sentido do federalismo republicano do século XIX, non estoutro de libertaddigital.
o 2008-02-14 ás 9.23 pm 15.breogain dixo …
Nel
Totalmente dacordo contigo, a asemblea constituinte do que hoxe é o Bloque nacionalista galego foi no ano 1982 na cidade de A Coruña, polo que ben se pode dicir que esa cidade foi o cerne da actual corrente nacionalista en Galiza.
un saúdo e graciñas por pasarte polo meu blogue
saúdos