Cinema e televisión 15 Febreiro 2008
Juno, probablemente unha película de Óscar.
O pasado fin de semana tiven a ocasión de ollar esta película que tan boa crítica recibira no festival de Sundance, o máis importante do mundo en canto a cinema independente se refire. Juno, conta xa con catro nominacións ao Óscar e de verdade que paga a pena vela, pode que sexa unha das mellores películas do ano, principalmente polos diálogos inxeniosos e brillantes e sobre todo pola fantástica interpretación da actriz Ellen Page.
A película conta a historia de Juno Macguff, unha rapaza de 16 anos bastante espabilada para a súa idade, ou alomenos é o que pensan os maiores que a rodean, ela é unha persoa inxeniosa, culta e sarcástica, que como todo o mundo agocha os seus medos e dúbidas. Un dia de outono todo cambia, a súa relación cun compañero de instituto, Bleeker, remata en embarazo, a éste interésalle máis ben pouco a nova situación, pero ela afronta o problema con traquilidade e decide ter o neno e dalo en adopción. O resto da historia conta as peripecias de Juno buscando unha familia axeitada para entregarlle-lo neno cando de a luz. Por certo, a B.S.O. da película tamén me gustou especialmente, sobre todo o tema "Piazza, New York catcher".
Recoméndovos encarecidamente esta película, unha comedia orixinal, intelixente e cunha interpretación maxistral de Ellen Page no papel de Juno, de seguro que esta nova actriz deparará algunha sopresa no vindeiro festival dos Óscar de Holliwood, no caso que se celebre claro.
chúzame -







o 2008-02-15 ás 11.32 am 1.Ulmo de Arxila dixo …
Tomo nota, Breo; há tempo que me tarda ir ao cinema, unha das miñas grandes paixóns. Lamentabelmente surxen sempre dous problemas: a prática inexisténcia de salas de cinema aqui en Santiago por un lado; e a precariedade espantosa da carteleira polo outro.
Haverá que ver “Juno”, xa que logo! Por certo, unha recomendazón que seguro que che gosta (por diálogos brillantes e profundidade de ideas) e que acabo de ver há pouco: “Manhattan”, de Woody Allen.
Saúdos
o 2008-02-15 ás 4.06 pm 2.Luis dixo …
Pois a verdade e que a pelicula ten boa pinta. Vou intentar enterarse se a hai nalgun cine de Bath, o mellor tenho sorte.
Por certo, “Ulmo de Arxila”, se pensas que en Santiago non hai suficientes salas, da unha volta por Pontevedra, iso si que e lamentable… Unha magao que en Santiago pechasen a sala “Yago” e mais os cinemas Compostela.
Pois postos a recomendar pelis… Eu tamen che recomendo unha peli de Woody Allen, “Scoop”, morres coa risa, boisima (e do ano 2006, creo).
Un saudo!
o 2008-02-16 ás 12.08 am 3.breogain dixo …
Ulmo a que ti dis de Woody Allen inda non a mirei, a que comenta Luis si, a de Scoop pareceume moi boa película e tamén moi recomendable, a seguinte que quero ver é a de REC de Jaume Balagueró, dixeron que está moi ben e as pelis de….chámalle intriga ou medo mólanme, tamén estou agardando pola nova de Night Shyamalan da que xa din conta neste post
http://breo.blogaliza.org/2007/12/20/the-happening-shyamalan-vuelve-con-cine-apocaliptico/
mireinas todas deste director e todas gustáronme.
un saúdo a todos
o 2008-02-18 ás 9.08 pm 4.Ulmo de Arxila dixo …
Si, a dizer verdade, dentro de pouco, teremos de fazer auténticos malabarismos para podermos ir a unha sala de cinema. Máis lamentável ainda que a de Santiago é a situazón da miña cidade natal, Lugo, onde a dia de hoxe a única sala que existe é a do centro comercial As Termas. Todas as demais pasaron a mellor vida.
A min tamén me encantou “Scoop”, e ando a ver se consigo a que lle segue na “triloxia británica” de Allen, “Cassandra’s Dream”. “Scoop” ten-no todo: sátira mordaz do elitismo da alta sociedade inglesa e as suas misérias,a chispa dos monólogos de Allen… Unha marabilla,sen dúvida. Mais, se un dia tendes gañas de humor estraño, pitoresco e case, case rozando a série B, achegai-vos às películas primeiras deste xénio xudeu. Nada que ver co cinema dos nosos dias, aseguro-vo-lo.
Saudiños
o 2008-02-19 ás 3.19 pm 5.breogain dixo …
Eu hai bastante tempo que non vou ao cinema, agora con internet e os programas P2P xa non o preciso, as últimas que mirei en video foron “Juno”, da que vos falei no post e que me gustou moito, “This is England”, unha película británica que mirei en V.O.Subtitulada e que fala da xuventude británica de tempos de Margaret Tacher, tema das Malvinas e sobre todo do auxe do movemento skin de extrema dereita (National Front) e todo iso, mólabe o ska e mailo reggae tamén e desfrutei coa cinta.
Aqui en Pontevedra a sala máis decente e penso que a única é a de Vialia, teño visto algunha pelicula e moi ben de son e moi cómodos, iso si, no sei que carallo fan có mando do aire acondicionado que pasa de calor a frio e viceversa e pásase un pouco mal
un saúdo