Actualidade 18 febreiro 2008
Galicia bilingüe, ¿defensa do castelán ou ataque ao galego?
Segundo a información que puiden atopar en internet, a asociación "Galicia Bilingüe" naceu o pasado mes de Xullo na cidade de Vigo, parecer ser que dun manifesto chamado "tan gallego como el gallego" có cal estiveron recollendo sinaturas para presentalas na Conselleria de Educación. Segundo teño entendido, o ideario desta asociación é o de promover a igualdade entre ámbolos dous idiomas oficias na Galiza, aboga por defende-los dereitos tanto da xente castellano-parlante como dos galego-falantes, están en contra do decreto de galeguización da ensinanza aprobado pola Xunta de Galiza o pasado mes de Xuño, din ser unha iniciativa cidadá na que se intengran dende mestres descontentos polo que eles dan por chamar, a "imposición do galego", até pais de alumnos tamén descontentos polo feito de que lle ensinen "demasiadas" asignaturas en galego aos seus fillos.
Unha vez feita a presentación, eu preguntome quén é realmente esta xente e se o idioma castelán precisa deles, ¿será verdade que este idioma estará nun futuro arrinconado e en perigo como eles vaticinan nos seus manifestos apocalípticos?, pregúntome o porqué de sair agora á palestra, agora e non hai 40 ou 50 anos cando o idioma galego era perseguido, cando os galego-falantes non tiñan ningún tipo de dereito, daquela si que precisaba a sociedade galega deles, precisaba que se defendera un galego asoballado, que traballaran para conquerir un idioma en igualdade de condicións có castelán, daquela o galego existia, pero non de portas para afora das
casas, daquela non habia ese fifty-fifty polo que eles abogan. Estes dias están a percorre-las vilas e cidades galegas cun autobús, facendo "concentracións" e tentando de explicarlle á xente o seu punto de vista, para min unha visión sesgada da realidade, falan de imposición do galego sobre o castelán e a min paréceme que non vivimo-la mesma realidade social, que non estamos a viver no mesmo sitio, na web de Galicia Bilingüe -que na súa práctica totalidade está en castelán-, non respectan a toponimia oficial galega e o bilingüismo non aparece por ningures, apenas no texto de benvida e se cadra nalgún manifesto máis, iso si, cando probei a entar no seu foro de debate, sinceiramente cheguei a dubidar se estaba nun foro de língua ou de política á vista dos comentarios ali verquidos por algúns dos usuarios, claros expoñentes da dereita máis rancia e casposa, que atacaban sen miramentos a calqueira que non pensara coma eles e quixera debater.
E xa rematando, gustaríame saber se traballan por unha causa "noble" (sic) ao seu modo de ver, ou detrás deles hai agochados intereses políticos, posto que atacan ao governo galego, atacan ás galescolas, atacan á "Mesa pola normalización lingüistica" e ate acusan ao Bloque Nacionalista Galego de estar "batasunizando" Galiza, vamos, que non deixan títere con cabeza, e por se isto fora pouco, atrévense a dicir a seguinte frase lapidaria;
[.. no estamos en contra del gallego, para nada, nosotros también lo hablamos...]
En resumo, que o galego está moi ben pero alá na aldea, en canto se lle quere dar un "status" digno e de igualdade có outro idioma co-oficial, botámonos as mans á cabeza e falamos de imposicións e de sectarismo.
Editado o 20/02/2008: hoxe mesmo colgouse un video no youtube que fala do tema e que podedes ver aquí, tamén o mesmo dia 20/02/2008, Galicia Bilingüe organizou un acto na cidade de Vigo, aquí tede-la crónica dunha asistente.







o 2008-02-18 ás 11.14 am 1.Luis dixo …
Eu estou totalmente dacordo, contigo, ademais que abraieime o mesmo ca ti cando vin que na súa páxina web case todo era en castelán. Eu non percibo nin moito menos a marxinación do castelán por ningures. É certo que se queres traballar para a administración pública tes que falar o galego, pero que eu sepa non prohiben empregar o castelán.
No ámbito educativo é sempre un cambio cando os nenos xa son maiores e teñen, de súpeto, que mudar de língua, pero se se fai dende que son cativos non é un problema.
E eu apoio unha Galicia bilingüe, pero sempre e cando nos decatemos que o galego é neste caso a língua violentada e non a que violenta, que levou moito tempo marxinada polo castelán, e que ademais é a língua dos nosos ancestros, e que polo tanto debemos coidala e promocionala, a través de organismo coma a Mesa pola Normalización Lingüística, ou leis coma a da Normalización Lingüísta (convén dicilo, creada polo PP).
Si señor, un bo tema para o debate.
Un saúdo breogaiN!
o 2008-02-18 ás 5.09 pm 2.Sísar dixo …
No puedo estar en más desacuerdo amigo Breogain. Cierto es lo de la página web pero si vienen a Pontevedra acércate al autobús si puedes y que te expliquen sus reivindicaciones. Yo asistí a Caixanova sin concerlos y quedé abrumado.
Me parece injusto el paralelismo de ahora con hace 50 años.
o 2008-02-18 ás 6.15 pm 3.Ulmo de Arxila dixo …
Lembra-me un artigo que lin na Coz de Galicia há uns anos, nos que un señorito castellano-parlante dava por vencedoras as línguas periféricas e asumia que, “en un par de décadas, ya no se hablará en este país más que gallego, vasco, catalán, andaluz y asturiano” (sic). Unha conclusón digna de psicanálise.
As propostas de Galicia Bilingüe fan unha interpretazón altamente obscena e snob da realidade lingüística deste país. Pasa-lles igual que os protestantes da Irlanda do Norte (salvando, evidentemente, todas as distáncias): representan unha comunidade privilexiada e dotada de todos os instrumentos para exercer os seus priviléxios, mais reaxen violenta e trasnoitadamente contra calquer “concesión” que se lles faga aos que, desgrazadamente, non gozan deses priviléxios, e máis ainda, queren transformá-los en “direitos”.
Estes de Galicia Bilingüe deven tapar os ollos cada vez que saen as estimazóns sobre o uso do galego entre a mocidade, que está nun alarmante retroceso. Tapan os ollos ou, mellor, fan-se os suecos e congratulan-se para os seus adentros. Estes de Galicia Bilingüe deven tapar as orellas cando resulta imposível topar unha persoa de menos de 30 anos falar galego nunha rua da Coruña, Vigo ou Lugo. Estes de Galicia Bilingüe non sacan a pancarta a reluzir cando non há nen un triste funcionário na UXA da Universidade de Santiago nen na Xunta que teña o galego como língua de uso non marcado. Estes de Galicia Bilingüe deven considerar un perigoso avanzo do nacionalismo radical pro-etarra que os cartéis das festas gastronómicas estexan en galego. En fin, os de Galicia Bilingüe non se manifestan nen arman barullo ante estes síntomas de avanzo cara a unha Galiza monolingüe, si, mais monolingüe en ESPAÑOL. Mais poñen o berro no céu cando desde a Xunta queren fazer o pouco que lles permite fazer a sociedade galega actual,ou sexa pór-lle “tiritas” a unha ferida que xa mui dificilmente cicatrizará. Nen o fará nunca, grazas, precisamente, a xentalla dun nível ideolóxico e intelectual tan paupérrimo como estes de Galicia Bilingüe. Ve-se-lles o plumeiro. Se na manifestazón que montaron na Cruña a pasada fin de semana non havia máis ca señoritos cos seus vástagos e señoritas cobertas de peles de raposo a berraren.
Sinceramente, estes de Galicia Bilingüe non merecen nen a máis mínima atenzón. Non achegan nada novo. Non merecen, nen tan sequer, a considerazón de “inimigos”.
Un saúdo, Breo!
o 2008-02-18 ás 11.21 pm 4.Nel dixo …
Breo, es un kamikaze, onde te foches meter? Se tentas debater con xeito chegará un punto no que te insultarán directamente, dende ditador, nazionalista, aldeano, lengua de paletos… É triste pero é así. Por facer política até fixeron comentarios sobre ZP que, nun momento de lucidez, o administrador borrou porque xa era algo moi evidente. Detrás deles hai xente soltando cartos como o Círculo Financeiro de Vigo: ou acaso dá unha conferencia nese lugar calquera?
Sísar: quedaches abrumado, dis? Iso quere dicir que foche alí coa mente en branco e todo o que che contaron non puideches contrastalo coa túa experiencia vital e atúa percepción da realidade que te rodea. esta xente, por dicir, dixo o outro día en la Mañana de Losantos que nos hospitais o castelán estaba quedando arrinconado, que nas galescolas non hai castelán, que na empresa privada cada un faga o que queira (claro, pero esqueceu falar dos dereitos dos consumidores), que cada pai pode escoller a lingua curricular dos seus fillos…. E logo que propoñen? Facer guetos, crear dúas comunidades diferenciadas.
Que che propoño eu? Xestionar a coexistencia de dúas linguas en común, non crear grupos lingüísticos, iso é perigosísimo.
E dúas máis: se defenden unha Galiza bilingüe, secundarán as denuncias de discriminación cara aos galegofalantes que se deron a coñecer hoxe?
E deberían dar explicacións polas cartas de presión que están mandándolle aos directores de institutos (eu na miña man teño unha) ou por subir a repartr propaganda a autobuses escolares (cousa que está terminalmente prohibida).
o 2008-02-19 ás 11.20 am 5.Ulmo de Arxila dixo …
Ou, de paso, que boicoteen o balneário de “La Toja” por proibir-lles falar galego aos empregados. Ou iso non atenta contra o espírito dunha “Galicia Bilingüe”?
o 2008-02-19 ás 1.22 pm 6.FuryaGranate dixo …
boas breo,non poderia estar máis dacordo contigo.Esta xente fica claro que se move por intereses políticos e económicos,porque senón non o entendo.En pleno ano 2008,o galego apenas se usa nos principais xornais,apenas se usa na escola,universidade etc…e o digo con coñecemento de causa,a xente xoven non fala galego,as empresas moitisimas veces te prohiben falar galego ou te insultan,e isto tamén o digo con coñecemento de causa,e agora que se lle tenta dar un certo “status” o galego,salta esta xente.Se nota que non teñen outra cousa que facer,porque é sangrante que digan que se esta a impoñer o galego.No no señores e señoras,na Galiza hai un idioma propio,que é o galego,se non o usamos nos,non o van a usar @s de fora.Por iso dende o meu punto de vista,na galiza hai que vivir en galego.Outra cousa que me fai moita graza e que eles din que defenden tamén @s galeg@-falantes,pero vemos como seguimos sofrendo diaria mente esta discriminación e el@s non fan nada,din que eles tamén falan galego,xa se ve no seu foro e na sua web,enfin…que podería estar asi todo o dia.Esta xente é repugnante,por iso eu mañá vou a estar en vigo a boicotearlles o seu acto.Um saudo meu!
NA GALIZA EN GALEGO!
GALICIA BILINGÜE FASCISTAS!! FORA DA GALIZA!!
o 2008-02-19 ás 3.39 pm 7.breogain dixo …
Gracias a todos polas respostas;
En todo momento quixen mostra-lo meu ponto de vista encol deste tema que me parece transcendental e moi importante para o futuro, non so da nosa língua senón da nosa cultura e a súa defensa de cara aos vindeiros anos. O tema da defensa ou non do galego e a súa promoción dende o governo da Xunta de Galiza era visto que ia acarrear moitos problemas e atrancos de todo tipo, eu non estou en desacordo coa xente de Galicia Bilingüe, é máis, a pluralidade de opinións e de pareceres é magnífica e enriquece o debate, pero o que non acho a entender é que esta xente abogue por unha defensa a ultranza do modelo bilingüista sendo como é unha utopia hoxendia na nosa sociedade e xa dende os tempos do anterior governo “popular”, está claro que o plano de normalización lingüistica anterior non se cumpriu para nada, en anos e anos non se promocionou o noso idioma e ahí están os últimos datos para probalo, o número de galegofalantes está en claro retroceso, iso é unha realidade incontestable, que se pode facer ante iso ? pois defende-lo idioma, promocionalo e apoialo dende as institucións que para iso están, aparte de para outros menesteres que non veñen ao caso.
O outro dia falabamos un amigo e máis eu deste tema, chamoume a atención de que lle falara en galego ao seu neno de dous anos cando él adoita emprega-lo castelán, ete amigo practica o bilingüismo, falamos indistintamente en galego e castelán, pero el comentábame que lle falaba precisamente en galego ao seu rapaz para que xa dende pequeno mamara o idioma (para que non me saia parvo dicia), porque hoxendia a escola, ou polo menos ate o de agora foi asi, era o “axente desgaleguizador” máis importante que habia,infinidade de galegofalantes deixan o noso idioma ao chegar as aulas e iso non pode ser, as galescolas son algo útil, ninguén fala de que o governo da Xunta estexa a aumenta-las prazas de garderias, no caso de Pontevedra e Poio están a face-las novas,senón do feito de que se lles ensine aos rapaces no noso idioma, pero por favor, se eses rapaces sairán logo a rúa e falarán no idioma que prefiran, ou acaso temos aqui a inmersión lingüistica que algúns din de Catalunya ? non verdade, na rúa o idioma predominante é o castelán e asi seguirá sendo, non sei logo para que tanto barullo mediático, apoiade os de Galicia Bilingüe logo aos traballadores que son despedidos ou sofren “mobbing” por emprega-lo galego, apoiade en efecto o bilingüismo do que falades, porque aqui non se albisca por ningures.
Un saúdo.
P.D. por certo, onte fixen un comentario e dous ao dia seguinte, moi respetuosos nun blogue (penso que dun simpatizante de Galicia Bilingüe) e foi borrado,
http://www.outono.net/elentir/?p=2534
non me parecen de recibo actitudes coma ésta, eu aqui acepto todo tipo de comentarios sempre que sexan con respecto e con educación, os comentarios non están moderados, ali penso que é norma habitual porque somentes contesta xente da súa “corda”, non hai un so comentario que discrepe do que eles falan, estrano non…?
o 2008-02-19 ás 3.39 pm 8.Nando dixo …
Cada cual que fale o que lle ven en gana. Nas escolas tera que haber Castelán e mailo Galego. E despois podemos falar o Portuñol, o Arxegalego. o que nos de a gana.
Pero se ata hai unha lenguaxe de mensaxes, ten que falarse de todo.
o 2008-02-19 ás 6.09 pm 9.Sísar dixo …
Hay que defender que se imparta el 50% de la materia educativa en gallego, no el 90%. Hay que defender que haya además de las galescolas guarderías públicas donde el padre pueda decidir que su hijos sea educado bilingüemente porque en Vigo ahora mismo si quieres enviar a tu hijo a una guardería donde hablen castellano tienes que pagar e irte a una privada.
Todo lo otro que se debate son hechos que todos conocemos y que yo no negaré, pero creo que no se puede devolver con la misma moneda cuando avanzamos en un país de libertades.
o 2008-02-19 ás 11.22 pm 10.breogain dixo …
Sísar, cando falas de “no se puede devolver con la misma moneda” non podo pensar noutra cousa que no revanchismo, e penso que isto non ten nada que ver, agora mesmo nin de broma se imparte o 50% das asignaturas en galego, ou alomenos ata o de agora non se respectou iso, o caso das garderias das que falas en Vigo o descoñezo, pero repito, penso que as galescolas non son lugares de adoctrinamento nacionalista como estou lendo nalgúns foros, son unha oferta máis e en galego de prazas públicas como outras calqueiras, ninguén fala de que se están a facer máis garderias nas vilas e cidades galegas, somentes de que son “ikastolas” galegas e que se lles mandan canta-lo hino galego aos rapaces e cousas polo estilo. Por suposto que avanzamos nun pais de liberdades como ti dis, liberdade de elección penso eu, haberá garderias en galego e garderias en castelán como sempre houbo, non entendo o problema que queren ver algúns, aqui non se está a limita-la liberdade de elección da xente, aqui o único que se intenta (ao meu modesto entender) e ofrecer igualdade tanto a uns coma a outros, cousa que ate o de agora non acontecia, ademais vivimos nunha democracia e de aqui a un tempo haberá de novo eleccións, se a xente non está dacordo non ten máis que botalos, unha vez máis hai liberdade de elección.
un sáudo a tod@s.
o 2008-02-19 ás 11.58 pm 11.FuryaGranate dixo …
nada,tolerancia cero con esta xente,queren eliminar do mapa a nosa lingua e non van parar ate conquerilo.Canha contra eles! bilingües si,de cara a la galeria,mellor dito españois
o 2008-02-20 ás 3.04 pm 12.Sísar dixo …
Breogain si es así como dices totalmente de acuerdo, pero la nueva Ley no establece el 50% para cada una, sino que deja la lengua castellana sólo para impartirla en Lengua Española. Yo abogo por un 50% entre ambas y si alguien quiere todo en gallego o castellano pues que tengan la opción también.
o 2008-02-20 ás 3.22 pm 13.FuryaGranate dixo …
50 por cento,porque? porque o dis ti?na ensinanza a única lingua debe ser o galego,e se nom sabes pois aprendes,como pasa no resto dos sites.porque ha que elexir agora?que pasa se o teu filho ou filha estuda em galego?vai ter sarampión ou que?é que sodes a ostia. NA GALIZA EM GALEGO!
o 2008-02-20 ás 4.30 pm 14.FuryaGranate dixo …
HOXE AS 19:30 DIANTE DO TEATRO CAIXANOVA EN VIGO CONCENTRACIÓN CONTRA OS FASCISTAS DE GALICIA BILINGÜE !!
o 2008-02-20 ás 4.53 pm 15.Ulmo de Arxila dixo …
No fundo, Sísar, o que queredes é criar duas comunidades lingüísticas segregadas, como pasa en Euskadi, onde cada grupo lingüístico ten a sua opzón educativa. Se realmente queredes iso, por que non dades un paso máis e nos mandades aos galego-falantes a reservas como as dos índios americanos? Ali non molestaríamos, desde logo; nen tampouco teríamos de escuitar as vosas incoeréncias.
Saúdos e a resistir, que non queda outra
o 2008-02-20 ás 9.27 pm 16.Andrés Dovalo dixo …
Visitar a web de Galiza Bilingue é unha viaxe ós submundos de iupis. Cós foros monopolizados polos mesmos catro frikis, e logo de lér un pouco descubres que máis da metade nen sequer son galegos. En xeral (e falo agora dos que son galegos, non dos outros que cagan na terra que os acolle) debuxan a mesma vergonza que acontece periódicamente en distintas partes do planeta dende os tempos da Biblia: os fillos da miseria escapan da merda da probeza dos seus pais, fillos dunha xeración que perdeu a autoestima, fillos dunha pena tan grande que pensan que poden negar o que os seus pais e os seus avós falaron, converténdose nos monitos-bwana aplaudidos por escuros intereses. Independentemente que podan tér un sitio na Galiza do futuro, non podemos permitir que implanten o seu reino da miseria, a pena e a ignorancia. Algún deles proclámase “cidadán do mundo”, curioso para xente que non teria vergonza de contar que os seus pais e avós falaban galego pero agora na Galiza fálase castelán, e non se decatan que eso tén nome e xa aconteceu neste planeta máis veces. O turullo na boca.
o 2008-02-21 ás 12.04 am 17.breogain dixo …
O outro dia estiven ollando algúns dos comentarios que se facian nos diversos “fios” dese foro, e inda que algúns dos ali presentes negaban a maior,pareceume albiscar unha xenreira moi perigosa fronte a todo aquel que defendera as teses, xa non digo nacionalistas, se cadra somentes galeguistas, para ser continuamente denostado non paga a pena entrar nun foro deses, eu non son dos que adoito rebentar foros ou conversas, teño bastante máis educación da que teñen algúns personaxes que alí puiden ler e directamente preferin non rexistrarme e non entrar a debater nun lugar onde non digo todos, pero si moitos dos seus integrantes mófanse a cotío da nosa língua e da nosa cultura, puiden comprobalo por min mesmo, non entrei inda que nun dos seus fios se falara de min, como aqui podedes ver, un tal “Capitán Tan” o mesmo que na páxina anterior búrlase do novo buscador galego chamado “jujel”, fai mención ao meu blogue nesta url;
http://foros.galiciabilingue.es/viewtopic.php?t=47&postdays=0&postorder=asc&start=990&sid=389bc69a0bfd8af58a6d987118f3b8f5
en fin, un saúdo a todos.
o 2008-02-21 ás 1.47 pm 18.Septem Trionis dixo …
Aos poucos a xente vai dandose de conta de quen son estes tan tolerantes e tan “bilingües” … estase a xerar moito debate na rede, moito máis produtivo que andar a berrarlles na cara e que logo aparezan como vítimas na La Razón ou Libertad Digital … basta ver como fala o coñecido blogueiro galego ultradereitista de elentir.info (entre outros moitos)
Os foros de GB son como os de todos estes grupos “liberales” … cheos de fanáticos que sintense moi demócratas e moi ameazados, pero que son verdadeiros lobos con pel de ouvella … de feito, basta ver como tratan aos que disitan … líchedes o fío no que discuten se o galego e o castelán son a misma lingua ? para rir por non chorar
o 2008-02-21 ás 3.13 pm 19.breogain dixo …
Septem Trionis.
Primeiramente moitas gracias por aporta-lo teu ponto de vista neste debate que como ti dis está a ferve-la blogosfera galega. Eu sempre falando dende o respecto a esta xente,cousa que algúns deles non teñen cara a nós, son da opinión que o valeiro nesta materia que deixou o anterior governo tiña que ser superado, a todas luces os 16 anos de governo “popular” somentes valeron para que o emprego do galego e o número de galegofalantes descendese alarmantemente, Galiza foi sempre a comunidade “histórica” do Estado Español na que máis se falaba o idioma de seu, pero iso está a mudar, á vista están os últimos datos que falan dun retroceso moi alarmante na xente nova, esa xente que mama o galego na casa pero que ao ir á escola ou mesmo na sociedade actual que vive de costas ao idioma, perden o hábito. Eu estou con Sísar, -inda que ideoloxicamente sexamos moi diferentes- en que non está ben impor un idioma, el fala de que a ensinanza debe ser plurilingüe nun 50%, pero a dia de hoxe ás claras está que o incumprimento desa normativa foi efectivo ao longo de anos e anos, ou se defende o noso idioma co-oficial có castelán por suposto ou rematará como unha língua morta, como algo folclórico e cincunscrita ao ámbito rural e cultural, e inda asi cecais faláramos de máis.
un saúdo a todos e ogallá veñan “mil primaveiras máis para o noso idioma”.
Por certo, Elentir, ese do que falas, foi o mesmo que xa me borrou tres comentarios que fixen no seu fio encol deste tema de Galicia Bilíngüe, esa é a democracia e a liberdade coa que tanto se enche a boca esta xente…?
o 2008-02-22 ás 12.48 am 20.maruxa dixo …
Ola a tod@s!! Ás veces pregúntome por que existe tanta demagoxia en determinados colectivos , especialmente, cando se fala de cousas tan importantes como é a lingua,sinal de identidade dun pobo.
Vexo tantas contradiccións nesta xente de G.B.q non sei por onde comezar… Que bonito queda dizer que eres “tan gallego como el que más” e logo amosas un autoodio esaxerado á túa lingua…. Que bonito queda dizer que amas a lingua galega, encherte a boca falando dela e logo falar sempre castelán…Que bonito queda dizer que obríganche a escolarizar ao teu nen@ ao 100% en galego ( como si dun mal agoiro se tratase),cando en 1ªlugar sabes q non é certo, e 2ª,nunca te paraches a pensar o que é querer iso realmente e que ningunha escola nin pública nin privada do país sexa ao 100% en galego,vulnerando o dereito de moitas e moitos galegofalantes que pagan impostos igual ca ti,pero na práctica con menos dereitos porque non poden escolarizar aos seus fillos en galego e SÍ que se ven obrigados a escolarizalos en español…Que cinismo dizer que o español corre un grave risco de pérdida na GALIZA,cando sabes perfectamente q non é certo,que a meirande parte da poboación galega non fala o galego e que o español é a lingua maioritaria especialmente nas grandes vila e cidades…Pero a quen queredes enganar?Se non estades contentos na nosa TERRA,xa sabedes o q tendes q facer,pero BASTA XA de descalificar,mofar e subordinar aos galego falantes…A cousa máis triste do mundo é renegar das raíces de cadaquen…é o que estades a facer!!Na vosa páxina web tendes un xogo pa os nenos en inglés…Ensinarlle primeiro a nosa lingua, a lingua da GALIZA,logo xa aprenderán inglés,francés e o que faga falla .Pero o + patético de todo,é saber quen está detrás destos personaxes por dicirlles dalgún xeito, temos A DEREITA MÁIS RADICAL DESTE PAÍS,A DO FORO POLA FAMILIA,A DA COPE E O SEU PREDICADOR,A DOS CACIQUES Q NON SE DAN EXTINGUIDO ,aproveitando a mínima pa sacar réditos eleitorais… O mellor que podemos facer e IGNORALOS e SACARLLES A CARETA,xa que non se merecen outra cousa que pasar deles. Dicíalles Castelao no “Sempre en Galiza” unhas verbas a quenes lle chamaban dialecto ao galego, unha cita que agora lle adico a GALICIA BILINGÜE e aos que se identifiquen coa súa filosofía,a da imposición porque sí.. :”Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade,facéndolles creer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben.Espulsáchedes o galego das eirexas,facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial,que o pobo non falaba nen comprendía ben.Refugáchedes o galego ante os tribunais de xustiza e chegáschedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas¿ E DE QUE VOS VALEU?Porque dispois de + de catro séculos de política asimilista,exercida con toda riqueza de astucias e violencias, O NOSO IDIOMA ESTÁ VIVO.Sodes pois, uns IMPERIALISTAS FRACASADOS.
o 2008-02-23 ás 3.57 pm 21.breogain dixo …
O que máis gracia me fixo foi escoitar estes dias pasados na radio, que agora o Partido Popular (de Galicia) na persoa do seu líder, o señor Feijoo, dixo que hai que replantexarse a lei de normalización lingüistica, a mesma que eles votaron a prol de que se aprobase, en fin, un xa non sabe que pensar, se un partido cambia o rumbo dunha maneira tan doada porqué unhas miles de persoas digan que o castelán está en perigo non me parece alguén de fiar, si un ten uns principios tennos que defender ante todo, eu de verdade pensaba que o señor Feijoo era máis galeguista do que resultou ser, atrás fican os tempos de Cuiña, aplaudido por uns e denostado por outros, pero un político de centro-dereita galeguista e orgulloso das súas orixes, el nunca renegaria do galego, seguro.
saúdos
o 2008-02-23 ás 6.04 pm 22.GalegoSI dixo …
NON A GALICIA BILINGÜE,NON Ó FANATISMO DE ESTA XENTE.SI Ó GALEGO
o 2008-02-23 ás 11.15 pm 23.GalegoSI dixo …
http://br.youtube.com/watch?v=ilfbvxbmTOM
o 2008-02-25 ás 3.12 pm 24.breogain dixo …
GalegoSI
Os fanatismos nunca son bos, tampouco os extremismos, nin dunha parte nin da outra, pero non poderia estar máis dacordo coa túa afirmación.
Si ao galego, tamén ao castelán, pero sen xenreira, sen envexa e sen prepotencia como ten esta xente.
saúdos
o 2008-02-26 ás 7.57 pm 25.Resistente dixo …
O problema reside en que este grupo está composto por persoas que proveñen dunha caste sometida a un estadio cultural moi baixo, cecais por non se ter aplicado nunca ao estudo do mundo cultural máis inmedito. Sendo así, é moi difícil que entendan que os seus fillos e netos, se teñen as mesmas lagoas ca eles, continuarán inmersos na incapacidade para analizar de xeito obxectivo a realidade que os arrodee. Son tan incapaces, que nen sequera escreben con corrección a lingua que pretenden defender e impoñernos a nós, o que é doado comprobar visitando algunhas das súas páxinas.
Comecemos a chamar ás cousas polo seu nome: son uns pobres paletos ignorantes que, tristemente, fan gala de selo.
Non debemos desacougarnos; mentres sigamos a falar o Idioma Galego, esa arma tan poderosa que nos defende, eles continuarán a ornear rabiosamente no seu fracaso.
o 2008-02-26 ás 9.38 pm 26.breogain dixo …
Ola Resistente
A túa reflexión paréceme totalmente atinada, paréceme moi triste que nos tempos modernos nos que vivimos, haxa xente que queira voltar aos tempos oscuros do franquismo, onde a nosa língua e a nosa cultura estaban totalmente sometidas e asoballadas, quero pensar que esta xente somentes é unha mínima parte da sociedade galega e o resto non pensamos igual ca eles, queren a igualdade dos dous idiomas, ben, entón o galego inda ten moito que avanzar para estar á altura do castelán, hoxendia non se pode vivir ao 100% en galego cousa que por suposto non acontece có castelán. A pouca solidariedade que mostra esta xente tivo o seu ponto álxido na conferencia que deron en Vigo, onde varias persoas defensoras do galego foron salvaxemente agredidas por algúns destes elementos, na súa maioria xente de mediada e de terceira idade, elementos ben coñecidos tanto en Vigo coma na Coruña polas súas simpatias coa dereita máis ráncia e tardofranquista, por suposto que non quero dicir con isto que toda esa xente sexa asi, por suposto que non, pero como en todos lados unha parte pode manipular ao resto e a imaxe que están a dar en toda Galiza é a dunha xente anti-galega, que defende o galego máis non o fala (a conferencia foi en castelán)e que están a deixar o nome dos galegos e galegas polo chan. Aqui nunca houbo liortas pola língua, non se pode dicir como dixeron eles que comeza a “reconquista”, galego e castelán poden coexistir perfectamente e agora mesmo o castelán non é precisamente o que está en perigo de desaparecer.
Un saúdo.
o 2008-02-27 ás 1.44 pm 27.breogana dixo …
Na galiza em galego e na Galiza, gay e lesbianas
Por que os direitos humanos na Galiza estan a esgotarse y a Galiza é desde tempo inmemorial un reduccto de liberdades para as minorias gays e lesbianas.
As crónicas xa contan, de xeito incontestábel, que Breogán era maricón e festexaba as súas victorias frente as ordas imperialistas da hispania con fastuosas orxías homosexuais en total liberdade e irmandade.
Este movemento trocouse co paso dos anos no movemento irmandiño (que tanto loitou pelas pelas y os direitos dunha nazón escura, apagada, aflixida, derrotada, humillada e cagada pela perneira dos pantalois.
Avanti tute as ordas galegas contra os invasores alleos que pisotean os nossos direitos, e cando digo alleos refirome tanto os españois de merda coma os extraterrestres; pois non sei se sabedes que os grandes cronistas da nossa terra xa nos están a alertar do grave perigo que isto supón para a nossa lingua e os nosos costumes gays ancestrais.
Tamén hay que defender a Galiza das ordas marciás, pode ser un perigo ainda maior que o que supón o españolismo.
Estade alerta compañeiros.
Convidovos a un xantar de confraternidade a base de pataca crúa, landras y un bó vaso de mexo de coello (que é moi bó para ter o carallo terso) tal e como xa recomendan as crónicas desde tempo inmemorial.
apertas
o 2008-02-28 ás 12.40 am 28.breogain dixo …
breogana, iso que escrebes non será un copy-paste doutro lugar, porque dame a impresión de que o teño lido nalgún outro foro ou web estes últimos dias…? por outra parte a túa parrafada non sei se collela como o que é, pura e dura retranca galega ou doutra maneira que non poderia definir,de tódalas maneiras estou dacordo contigo no que nesta terra cabemos todos e todas, e cando digo iso falo de xente que profese calqueira relixión, que fale calqueira língua ou mesmo xente indescriptíbel coma ti, porque con este comentario que fixeches quedeime algo descolocado…jajaja.
Un saúdo
o 2008-02-28 ás 7.09 pm 29.Resistente dixo …
Saúdos, Breogain.
Propoño, que, cando nos refiramos a estas xentiñas, utilicemos nos nosos comentarios adxectivos como ignorantes, incultos, brutos, necios ou calqueira outro similar, pois en ningún caso se tratará de insultos, senón de definicións que axudarán a clarificar e enfatizar o noso discurso. Estas persoas son o que son, e cos seus feitos están a cualificarse a si mesmas decote, e deso, nós non somos culpables. Se se senten doídas, poderán lembrarse, moitas delas aínda por idade, de todas aquelas outras que sofriron, e en certos casos sofren hoxe, humillacións inmerecidas só por empregar a língua dos galegos.
Moitos dirán que o que eu recomendo é abaixarse ós seus comportamentos, á súa categoría intelectual e moral; máis estou convencido de que as agresións constantes, premeditadas, teñen que ter xa, unha resposta- eso si, sempre verbal-, decidida e contundente. Facelo así non pode restarnos un ápice da nosa altura ética, pois repito, non faltaremos ó respecto, estaremos só a definir.
Eles sempre estarán a tempo de trocar as súas actitudes.
o 2008-02-28 ás 9.40 pm 30.maruxa dixo …
Ola, non creo q iso sexa a solución.Particularmente son + partidaria da dialéctica e de non perder as formas.Tes razón,non me vou a poñer a súa altura…O respeito a todas as opinións está por enriba de todo.
o 2008-02-29 ás 10.48 pm 31.Resistente dixo …
Ola Maruxa
Efectivamente, non debemos perder as formas, pero ollo, non todas as opinións son respectabeis. Os nazis ou os fascistas tamén expresan opinións, máis convirás comigo en que son moi perigosas.
En canto ós incultos monolíngües, coidate moito deles; se teñen ocasión bórrannos a nós e a nosa Cultura do mapa. Fáltalles preparación, como diría a miña avoa, pero teñen apoios e medios económicos.
E lembra, xa dixen que a resposta sempre será mediante a palabra; a violencia, que por certo eles si empregaron en Vigo, é algo que nunca me gustou.
o 2008-03-12 ás 7.22 pm 32.caldogallego dixo …
claro resistente, quizás las únicas opiniones respetables sean las tuyas.
Tu crees que debe ser obligatorio que todo el mundo hable gallego en galicia?
parece que la actitud verdaderamente fascista es la de obligar a alguien a que hable como otro le diga “en un marco donde las dos lenguas son oficiales”. No es eso lo que hacía la dictadura de Franco? lo propones tú ahora?
Crees también que debemos vestir de una determinada manera?
que debemos hacer con los que no “comulguen”?
además se te ve mucho el plumero sectario al dividir en dos bandos; unos incultos, fascistas, nazis con opiniones peligrosas y que intentan “borraros del mapa”. por otra parte estáis “os bos e xenerosos”
casi te queda más fácil simplificar en vosotros “los buenos” y los demás “los malos”
además se te ve con peligro real, a juzgar por tus comentarios un poco más arriba, al sugerir que los “malos” no merecen ser tratados como personas y es lícito referirse a ellos con insultos…
¿cual es el siguiente paso??
creo que te debes dar un repaso a tus planteamientos, aún está a tiempo, se vé que no debes pasar de 14 años por lo que escribes.
Un saludo
o 2008-03-12 ás 8.09 pm 33.breogain dixo …
Caldo gallego:
Eu penso que si todo o mundo deberia coñecer o idioma galego e tamén falalo se é posible, alomenos tanto como o castelán, ou non é obrigatorio coñece-la língua castelá posto que é cooficila no noso territorio?, pois agardo o mesmo trato para o idioma galego, idioma denostado polos nosos governantes ao longo de moitos anos, que se deixou esmorecer e que perde falantes dia tras dia, por suposto que non estou dacordo có que di “Resistente” de tratar aos castellano-hablantes como imbéciles, necios e demais, pero no que si estou dacordo é que se a Xunta e a Conselleria de Cultura non se moven dunha vez e decididamente, certos movementos asociativos que están a xurdin coma cogumelos despois da choiva tentarán borrar do mapa o noso idioma, aqui non hai división nin sectarismo, non hai dúas sociedades galegas, todos somos galegos e galegas independentemente do idioma que falemoa a cotío, o que temos é que termos respecto mutuo, e iso vai principalmente polo “peixe grande”, non se pode andar a dicer por ahí, sobre todo nas radios e televisións estatais (falo da COPE e Jimenez Losantos por exemplo) que o castelán está en perigo, non fagamos demagoxia, se algún dos dous idiomas está en perigo ése é o galego e ben o saben.
Un saúdo
o 2008-03-14 ás 8.08 pm 34.Resistente dixo …
Ola:
Ollo, non dixen que os casteláns falantes sexan uns incultos. Lede con atención o que eu escribín. Mais como se pode chamar a aquelas persoas que se posicionan contra dunha cultura e se aledarían incluso de que desaparecese? Só a esas me refería.
Coñecedes algún caso de despido do traballo por falar en castelán? Por falar galego si os hai. É só un exemplo.
Cada quen que fale en castelán, galego ou arameo, sexa monolíngüe, bilíngüe ou trilíngüe, pero que non me veña con milongas a estas alturas,que o que temos que aturar decote os que nos expresamos en lingua galega xa nos chega dabondo.
Por certo, non coñezo nen un castelán falante que se precie de ser minimamente culto que se adique a atacar lingua ningunha. E coñezo uns cantos.
o 2008-03-14 ás 8.25 pm 35.breogain dixo …
Resistente
dacordo contigo, pódese convivir sen atacar, como se fixo ao longo de anos e anos, o problema é que cando o idioma (en teoria) subordinado comeza a ser defendido por alguén máis que os seus “falantes”, agora que a Xunta comeza a defende-lo idioma galego xurden os hooligans do castelán en forma de múltiples asociacións locais (Vigo e A Coruña) que abertamente atacan á língua galega, supostamente baixo unha apariencia de respecto mútuo e transparancia total, pero ao fin e ao cabo o que pretenden é relegar dunha vez por todas ao galego a un emprego folclórico e residual, e iso non se pode permitir, unha vez máis digo que o castelán non é o idioma que está en perigo nesta terra…
saúdos
o 2008-03-31 ás 5.51 pm 36.cuartos dixo …
GALICIA BILINGÜE?
Dicía unha de Galicia Bilingüe: “No puedo comprender como la gente no firma nuestro manifiesto”. Pois direillo eu, señoriña: porque os galegos somos desconfiados. E nestes casos vennos ben porque non é ouro todo o que reloce e ninguén vende o peso a catro pesetas. O que sodes vós é unha banda de pijos proespañolistas e antigaleguistas que queren unha “Galicia bilingüe”. Utopía! Iso nunca existirá! Onde conviven dúas linguas hai conflito xa que unha delas sempre intentará desprazar á outra. Vós o que sodes e uns ladróns de dereitos lingüísticos que andan doentes porque lles obrigan a devolver os dereitos roubados.
Xustiza: na Galiza, en galego! Paisanos, non vos deixedes enganar: o demo para facelas pon a manta, e ao que as fai toca a gaita.
o 2008-04-01 ás 2.07 pm 37.breogain dixo …
Ola cuartos…
tes razón cando aseveras que os galegos e galegas somos desconfiados, esta xente xa non me tivo boa pinta dende os seus comezos, ao final o obxectivo que teñen é relegar unha vez máis á nosa língua ao ostracismo, a séculos e séculos de oscurantismo outra vez, como ben dis sempre haberá unha língua rica e outra probe cando as dúas convivan nunha mesma comunidade, que non teñan medo que o castelán nin ha de ser prohibido nin tampouco desaparecer, en troques o galego de non ser protexido dunha forma eficaz e decidida pode te-los dias contados…
un saúdo e graciñas pola túa visita e o teu comentario
o 2010-03-27 ás 10.13 pm 38.xoan dixo …
galiza bilingue son uns españolistas que rexeitan o galego
denuncian que haxa centros que impartan o 90% das asignaturas en galego pois eu coñezo centros que non dan ningunha
dan vergoña so son uns pijos clasistas
NAS AULAS DA GALIZA QUEREMOS GALEGO.