Cargando...

Internet 11 febreiro 2008

“Jujel”, o novo buscador galego.

Xa vedes, a imaxinación dos galegos non ten límite nin coñece fronteiras, hoxe unha amiga comentábame da súa existencia e cando o mirei non puiden reprimir botar unha garagallada, iso si, de boa fé. Polo visto a alguén se lle ocorreu facer un buscador ao estilo do Google pero máis axeitado ao usos e costumes galegos, chámase Jujel e polo visto acepta perfectamente a gheada e mailo seseo. Nun apartado chamado ¿pero que demo é isto? tedes toda-la explicación do porqué deste buscador, unha ferramente que permite atopar palabras galegas gheantes, ou sexa, escritas tal e como moita xente as pronuncia na fala, ademais os promotores deste proxecto que conta con licenza de Google Inc. deixan ben claro que non se trata nin dunha broma nin dunha falta de repecto ao galego, moito ao contrario, pretenden que este buscador sexa unha ferramenta máis da nosa língua.

Dende "A ponte vella" dámoslle-los parabéns aos promotores  e celebramo-lo nacemento de novas iniciativas e creacións galegas no eido informático.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

18 comentarios a ““Jujel”, o novo buscador galego.”

  1. o 2008-02-11 ás 3.21 pm 1.Brugal con Cola dixo …

    Vaya paranoia, jaja

  2. o 2008-02-11 ás 10.10 pm 2.Loli66 dixo …

    Xa ai uns días que me pasou o enlace o meu amigo Noé, o mais galeguista dos que me rodea!.
    e fíxome moita gracia, de feito xa andiven a bucear por alí está moi ben.
    nom deixedes de facelo. é interesante
    ;-)

  3. o 2008-02-13 ás 4.50 pm 3.Ulmo de Arxila dixo …

    Ainda que pareza mentira, cousiñas coma esta fan bastante máis pola normalizazón da nosa língua e da nosa cultura/contracultura que cinco planos de normalizazón lingüística xuntos.
    A ver se canto antes podemos utilizar xa o Jujel.gal!
    Sláinte agus Saoirse! ;-)

  4. o 2008-02-13 ás 8.38 pm 4.breogain dixo …

    Ulmo

    hoxe mirei en vieiros a nova de que o ICAAN pode que lle adxudique a Galiza o .gal para o vindeiro ano, segundo contan poderia ser para o mes de maio, unha moi boa nova, o dia das letras galegas poderia ser dobremente celebrado.

    un saúdo :)

  5. o 2008-02-14 ás 2.49 pm 5.Pepa dixo …

    boas tardes a todos…!!

    bueno que decir…que pareceme xenial que por fin aia unha paxina(buscador) para os galegos

    veña..un biquiño moi grande para todos…

  6. o 2008-02-14 ás 2.56 pm 6.breogain dixo …

    Ola Pepa

    Exactamente é un buscador axeitado ao tema da gheada e mailo seseo, buscadores galegos penso que xa hai (houbo) algún máis….
    graciñas por pasarte polo meu blogue, volta cando queiras.

    Un saúdo :)

  7. o 2008-02-15 ás 3.17 pm 7.mrn dixo …

    Por fin….un buscador en galego…ainda k sexa no galego das rías….e no da gudiña…
    parabéns pola idea…

  8. o 2008-02-15 ás 8.17 pm 8.alvaro dixo …

    dos palabras

    la

    reostia

  9. o 2008-02-16 ás 12.04 am 9.breogain dixo …

    sempre é boa cousa unha iniciativa coma ésta do Jujel, pode que fagan máis polo idioma do que nós pensamos.

    Un saúdo :)

  10. o 2008-02-25 ás 4.03 pm 10.pablo dixo …

    Hoxe sae unha reportaxe sobre jujel na Voz de Galicia, polo que as visitas a este buscador galego multiplicaranse no dia de hoxe

  11. o 2008-02-25 ás 8.24 pm 11.breogain dixo …

    tentarei mirala, a ver se mañá inda teñen o xornal, graciñas pola info Pablo.

    un saúdo :)

  12. o 2008-02-27 ás 12.01 am 12.secundino gil perez dixo …

    todo o que sexa resaltar o noso pareceme xenial. adiante e graciñas por esta alegria

  13. o 2008-02-29 ás 6.43 pm 13.kvb dixo …

    ainda que xa tiñamos o noso buscador en lingua galega,isto ainda queda mais personalizado…MAIS GALEGO!!

  14. o 2008-02-29 ás 8.22 pm 14.breogain dixo …

    eu penso que habia un buscador galego xa chamado enxebre, hai anos que se fixo dame a impresión, pero o outro dia pescudando na rede non atopei nada.

    un saúdo kvb e máis secundino.

  15. o 2008-03-04 ás 8.14 pm 15.josé benito martínes rodríjes dixo …

    toda unha alejría poder jujelar en jallejo!
    Antes só aquelábamos, ajora tamén jujelamos….

  16. o 2008-04-01 ás 5.13 pm 16.sonia dixo …

    esta fenomenal esta pax pa nos!!!k se note a presenza dos gaelgos!!!
    un saudo a todolos galegos,GALIZAAA!!!

  17. o 2008-04-16 ás 6.22 pm 17.sandra ferreira dixo …

    Ola, eu tamén son galega e a primeira vez que entrei en Jujel estiven rindo un cuarto de hora. Menudas paranoias!, he, he, he.
    Hai unha cousa de Jujel que me fai moita graza, e é que cada vez que vas alí aparéceche unha mensaxe de benvida distinta: “Mi má!”, “Vivamos coma jalejos!!”, etc.

    Biquiños!!

    xxxxxx

  18. o 2008-04-16 ás 8.01 pm 18.breogain dixo …

    Ola Sandra….

    o do saúdo de benvida debe ser un estilo ao do flick-r, que cada vez que entras na túa conta tamén che saúda nun idioma distinto.

    graciñas por te pasares polo blogue e deixa-lo teu comentario, un saúdo e graciñas. :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.