Caixón de xastre 3 marzo 2008
¡¡ Preparando as vacacións de verán…!!

A partires de hoxe comezo a prepara-las miñas vacacións de verán, este ano algo máis adiantadas se cadra porque non podo dispor doutra data, polo tanto e se non hai trocos de última hora, serán para a segunda quincena do vindeiro mes de maio, logo supoño que tamén poderei coller algo en agosto, ou iso agardo. O lugar concreto inda está por decidir, en breve comezaremos (a miña muller e máis eu) coa criba de destiños posibles, pero o máis seguro é que ao final a cousa quede entre dous que xa están medio decididos de antemán. Polo de agora non vos podo dar máis pistas, asi que amigos lectores de "A ponte vella" podedes ir facendo as vosas apostas, somentes dareivos un apuntamento, o lugar en cuestión somentes ten fronteira con outro único país e atópase no norte de Europa.
A solución para primeiros de Maio.







o 2008-03-03 ás 3.03 pm 1.Ulmo de Arxila dixo …
Mmmm… con eses dados… quizá a verde Erin? ou a valerosa e indómita Escócia? Ou, quen sabe? Dinamarca, que somente ten fronteira coa Alemaña.
En fin, vou esperar a ver cómo están as apostas para decidir-me por algunha desas opzóns, jejeje.
Un saúdo
o 2008-03-03 ás 4.53 pm 2.Andrés Milleiro dixo …
Coas ganas que teño eu de Londres e van ter que agardar…
o 2008-03-03 ás 5.01 pm 3.Brugal con Cola dixo …
Yo te recomiendo Punta Cana!!
De todas formas depende mucho del tipo de viaje que quieras hacer. A mi me gustaría ir a Egipto y Grecia, ya que ya conozco Roma. Así conocería un poco las cunas de nuestra civilización.
Otros lugares interesantes son Tunez o Marruecos. Es otra cultura y otro estilo de vida.
Saludos
o 2008-03-03 ás 11.16 pm 4.carmiña dixo …
Yo me inclino por Eyre tambien. No lo pones muy difícil.
o 2008-03-03 ás 11.25 pm 5.carmiña dixo …
Eu non vou a esperar tanto, tamen me vou a un pais que só ten fronteira conoutro, e más cedo… na Pascua….
o 2008-03-04 ás 3.07 pm 6.breogain dixo …
Pois nada, en breve comezarei cós preparativos da viaxe, estas cousas hainas que facer con tempo, porqué senón xa se sabe que a última hora todo sae mal, hai algún ou algunha que anda bastante encamiñado, a verdade é que tampouco o puxen demasiado dificil, e máis pistas non vos podo dar….
Brugal; En Punta Cana non estiven nunca, o meu irmán si, pero estiven na Rivera Maya de México que considero está bastante mellor (ao meu entender) ali puiden ve-los cenotes, as pirámides e parque de Xel-ha que é unha pasada, despois tes tamén todo como na República Dominicana, boas praias, barra libre… este ano queremos cambiar de destiño, a praia está moi ben pero tamén hai que ver outras cousas e a verdade, prefiro ver un casco histórico como por exemplo o de Praha (Repúbica Checa) que botar unha semana tirado na praia, aqui tamén temos praias e xa desfruto delas no verán
un saúdo a tod@s !!
o 2008-03-04 ás 8.15 pm 7.deisler dixo …
Pois eu quero máis pistas…supoño que será un destiño donde sirvan boa cervexa,non?
Nas miñas vacacions estarei por Pontevedra case seguro…ainda que podería facer algunha escapadiña a outro lugar dependendo das datas que sexan.
Saúdos,
o 2008-03-05 ás 3.22 pm 8.breogain dixo …
deisler…
iso non o dubides, agora mesmo en Europa os principais consumidores do destilado de cebada pasan por ser os checos, alemáns, irlandeses, belgas ou escoceses, sempre falando dos maiores consumidores segundo os datos aportados pola asociación cervexeira europea (ou algo polo estilo), asi que a túa predicción por suposto que non vai mal encamiñada, será un país produtor e consumidor de cervexa
saúdos
o 2008-03-06 ás 9.28 pm 9.maruxa dixo …
7 LETRAS: ESCOCIA…..NON ERA MOI DIFÍCIL..JEJE
o 2008-03-07 ás 8.32 pm 10.breogain dixo …
Maruxa…pode ser, pode ser