Cargando...

Actualidade 14 febreiro 2008

Novo programa de debate en Radio Poio.

Este vindeiro venres dia 15 de febreiro, na radio municipal do noso veciño concello de Poio, vai comezar un novo programa ao estilo do tan popular "La opinión", de sobra coñecido por tódolos pontevedreses xa que se emite dende hai unha chea de anos na emisora local de Radio Pontevedra (Cadena S.E.R). O novo programa da radio de Poio vaise emitir tódolos venres en horario de 13:00 a 14:00 horas e será totalmente interactivo, xa que contará coa posibilidade de que os ointes chamen en directo e lle propoñan as súas preguntas ao alcalde do Concello de Poio, o señor Luciano Sobral (B.N.G.), de seguro que haberá infinidade de cuestións que os veciños de Poio terán para o máximo mandatario municipal, sen ir máis lonxe a problemática do realoxo das familias de étnia xitana do Vao, os problemas de tráfico no concello, ou calqueira outro problema que conleva unha vila coma Poio, que está a sufrir un crecemento demográfico importante nos últimos anos e que se está a convertir por méritos propios nunha vila de referencia para o turismo e a industria nas Rias Baixas.

O pasado verán xa vos comentara aqui da existencia desta radio municipal, agora era o turno de informarvos deste programa, que de seguro interesará a moitos no noso concello veciño, Radio Poio emite no 101.7 da Fm.

Chuzame! chúzame -

2 comentarios a “Novo programa de debate en Radio Poio.”

  1. o 2008-02-14 ás 6.10 pm 1.Nel dixo …

    Boas Breo

    Quería lembrar aquí no teu foro estes dous atentados. Daquela, o PPdG nin LD nin aCope dixeron nada:

    http://www.salvemosmonteferro.org/prensa/recorte426.html

    Ou isto:

    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/02/18/5560221.shtml

  2. o 2008-02-14 ás 9.26 pm 2.breogain dixo …

    lémbrome dos dous casos, algo de repercusión tiveron nos medios, pero tampouco tanta como deberia, dáselle máis trancendéncia ás veces a outras nimiedades que a isto, sobre todo a segunda das noticias, a queima de dous coches e unha casa a un cargo público paréceme triste e lamentable, e máis se cadra que ao final este concellal se tivera que transladar da súa vila por medo.

    un saúdo Nel

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.