Cinema e televisión 20 febreiro 2008
Trailer de “The happening”, a nova película de M. Night Shyamalan.
Hai xa un par de dias que está colgado no portal de Youtube, fálovos do trailer da última película do director indio M. Night Shyamalan, un dos meus cineastas preferidos do xénero fantástico. Haberá cousa dun par de meses que vos falei nesta entrada de que a rodaxe da película estaba case rematada, agora xa podedes ve-lo trailer e a verdade, polo que se pode ver nuns escasos dous minutos non defrauda, máis intriga e efectos especias nun guión inquietante ao que xa nos tiña acostumados Shyamalan dende os seus anteriores filmes, síntoo pero os diálogos están en inglés, non o atopei noutro idioma. Polo que se pode ver nos rótulos, a súa estrea está prevista para o dia 13 de Xuño, non sei se nos U.S.A. ou tamén en Europa, estaremos atentos ás pantallas, mentres desfrutade deste avanzo para ir abrindo boca.







o 2008-02-20 ás 10.17 pm 1.deisler dixo …
El trailer promete emociones fuertes,pero habrá que tener paciencia, por lo menos hasta Junio…
Pero seguro que no me la pierdo !
o 2008-02-20 ás 11.56 pm 2.breogain dixo …
A min polo de agora gustáronme tódalas películas deste director, a que menos quizais “La joven del agua”, pode que fora un pouco máis frouxa, pero as demais estiveron moi ben, sempre ao meu parecer claro, non é que sexa un crítico de cinema de primeiro nivel, pero ahí queda a miña crítica.
un sáudo deisler, e a ver se este domingo có Lugo retomámola senda do trunfo, ese pontevedriña !!
saúdos
o 2008-02-22 ás 11.39 am 3.deisler dixo …
Le de la “joven del agua” aún no le he visto, pero tb está en la agenda de pelis para ver…
Eso sí, lo primero es lo primero y es el partido del domingo,que por suerte podré ver en directo… hace bastante que no me puedo acercar por Pasarón y ya tengo “mono”
Saludos !
o 2008-02-23 ás 4.00 pm 4.breogain dixo …
Que tal Deisler;
Eu a que quero ver agora é a de Bardem e a nova de Tom Hanks, non me lembro agora como se chama, e non tocante ao noso “pontevedriña”, ogallá mañá poida ver un bo partido e no derbie galego lle gañemos ao Lugo, que ven ahí detras coma unha moto.
un saúdo