Cargando...

Actualidade 25 Febreiro 2008

“Xantar da mocidade” organizado polo B.N.G. de Pontevedra.

Supoño que todos e todas estaredes ao tanto de que a campaña electoral xa comezou, o dia 9 de marzal teremos que exerce-lo noso dereito democrático ao sufraxio e decidir con iso o futuro governo de España ou do Estado Español, que ninguén se me moleste. Pois ben , a campaña por suposto tamén comezou na nosa cidade, e se a pasada semana foi o debate entre os tres principais candidatos ao congreso pola provincia de Pontevedra, hoxe tráiovos a información seguinte facilitada por Maruxa, amiga e responsábel local de Galiza Nova en Poio.

Xantar coa mocidade

O vindeiro dia 1 de marzal ás 14:30 horas, terá lugar un xantar de balde coa mocidade pontevedresa organizado polo Bloque Nacionalista Galego na finca Batacos (Restaurante Mochi) situada na parroquia de Vilaboa, a poucos quilómetros de Pontevedra, nel estarán presentes entre outros a candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila, Iria Aboi e Anxo Quintana, tamén me comenta que como queren ante todo seguridade na estrada, a organización terá dispostos uns autobuses tamén de balde para desprazarse. Todo aquel que queira apuntarse ao xantar ou ben informarse polo miúdo pode chamar ao teléfono da sede do B.N.G. de Pontevedra, o 986-866205.

Chuzame! chuzame -

10 comentarios a ““Xantar da mocidade” organizado polo B.N.G. de Pontevedra.”

  1. o 2008-02-25 ás 8.40 pm 1.Ulmo de Arxila dixo …

    Que se xunte xente avondo e de ben, que falta nos fai! Muita sorte a todos os que nos prezamos de comungar co credo nacionalista, a todos os que cremos que Galiza, para fazer-se entender nos Mandriles, non precisa de intermediários como os do PSOE ou o PP, máis atentos a ter satisfeitas às grandes hierarquias estatais que a defender realmente os nosos muitos intereses e o futuro que dia a dia nos xogamos.
    Por unha Galiza Ceive, hoxe, o 9 de marzo e sempre!

  2. o 2008-02-26 ás 12.30 am 2.maruxa dixo …

    Ola a tod@s!! Anímovos a que vos apuntades ao xantar da mocidade no 986866205 . PORQUE COA SUMA E APOIO DE TOD@S GALIZA SERÁ MÁIS FORTE EN MADRID.saúde e patria

  3. o 2008-02-26 ás 3.40 pm 3.Galiza Nova Pontevedra dixo …

    Dende Galiza Nova da comarca de Pontevedra facemos un chamamento a toda mocidade nacionalista porque o vindeiro día 9 de Marzo temos un compromiso con Galiza. Temos a oportunidade de demostrar que a mocidade nacionalista e quen de cambiar o futuro deste pais. Nós somos conscientes da realidade na que vivimos.
    Moito din facer por nós outras forzas políticas!!. Mais a día de hoxe a migración segue a ser a primeira alternativa da mocidade. As galegas e galegos queremos vivir dignamente no noso pais e para iso precisamos de forzas políticas como o BNG que aposten polo futuro deste pais.
    Só dous deputados do BNG nesta ultima lexislatura presentaron 120 iniciativas no Parlamento do Estado.
    Só dous deputados do BNG foron quen de condicionar os orzamentos do Estado para este ano 2008 superando os 2000 millóns de euros do investimento para Galiza.
    O bipartito PP e PSOE seguen na súa liña, moito nós contan máis pouco fan polas galegas e galegos.
    Queremos unha realidade de feitos non de promesas incumpridas.
    Cambiemos esta realidade,demostremos que non somos unha mocidade pasiva, que temos forza e coraxe como para demostrarlle a todos aqueles que seguen depreciando a súa terra, que inda queda moita xente que a defenda.
    Que o 9 de marzo a nosa voz resoe en Madrid!!
    Avante pois amig@s!!
    Un forte saúdo nacionalista

  4. o 2008-02-26 ás 4.57 pm 4.BorjaGz dixo …

    eu nom votarei,nom nos representan estas eleicçons espanholas,e menos os partidos políticos que se presentan.GALIZA NOM É ESPANHA!

  5. o 2008-02-26 ás 5.04 pm 5.BorjaGz dixo …

    1.- O estado espanhol nom nos representa como galegos. A nossa liberdade nom cabe nessa casa, como eles pretendem. Nós nom votamos numhas eleiçons às cortes espanholas porque nem somos nem queremos ser Espanha. Os nossos problemas nom se resolvem em eleiçons e menos nas espanholas. A consulta popular que eles lhe chamam é umha farsa da que querem que parcicipemos para avalar e perpetuar o sistema de dominaçom e imposiçom que é o Estado espanhol, as suas leis e a sua democracia. Nós nom votamos com isto.

    2.- O único estado que nós vivemos é o estado de excepçom permanente ao que nos submete Espanha e as suas leis. Queremos ser livres e respondem com leis de excepçom, encarceramentos, porras, imposiçons… Nós nom votamos para legitimar nem isto, nem a tortura que practicam nos seus calabouços nem os seus circos mediáticos. A nossa luita está no quotidiano, nas pequenas cousas e na ideia de que só fora deste estado espanhol poderemos ser galegos e galegas com os nossos direitos plenamente reconhecidos. Votar significa dar-lhes mais argumentos e mais força, a qualquer dos partidos, para continuar oprimindo-nos.

    3.- Nós nom votamos. Tampouco votes tu! Abstençom activa!

  6. o 2008-02-26 ás 9.47 pm 6.breogain dixo …

    Non estou dacordo coa abstención, son dos que pensan que para queixarse dalgo primeiro hai que votar, é a única maneira de logo reclamar dos nosos governantes medidas e actuacións que redunden nun mellor presente e futuro para a nosa sociedade e exercendo o voto. En troques tamén penso que os debates pouco aportan porque a maioria da xente, ollo, digo a maioria da xente, ten o seu voto decidido de antemán, eu mirei o debate de onte, non estivo mal pero tampouco aclarou demasiadas cousas, non me gusta que se empregue o tema de E.T.A. como algo básico e esencial para decidi-lo voto, á xente interésalle hoxendia moito máis a economia doméstica e iso penso que é a primeira preocupación da xente, os galegos como os demais tamén temos ese problema e por suposto outros que nos teñen (temos?) que resolver nos vindeiros anos. Agora a cuestión é cal dos candidatos será quén de botarnos unha man, eu son dos que pensan que os galegos temos que facernos fortes como bascos ou cataláns que anos tras ano e lexislatura tras lexislatura deciden có seu voto no Congreso o futuro da súa terra.

    Cada un que vote o que queira, pero penso que ninguén deberia faltar á cita.

    Un saúdo a todos.

  7. o 2008-02-26 ás 11.39 pm 7.Brugal con Cola dixo …

    Joder BorjaGz…
    Te has llenado de gloria, no se puede decir otra cosa…

    Tu DEBER como CIUDADANO de cualquier país democrático es votar. Si no votas todas tus quejas y tus reproches a este sistema que tan poco te gusta no valen para nada, no sirven para nada.

    Gracias a Dios son pocas las personas que piensan como tu, si no aviados estamos.

    Mientras el mundo civilizado piensa en la globalización y en el todos a una, siempre hay algún grupúsculo que piensa lo contrario, que mejor separados de los demás, que mejor solos, que no queremos nada de los demás…

    En fin, saludos a todos y por favor, VOTA aunque sea en blanco.

  8. o 2008-02-27 ás 1.14 am 8.maruxa dixo …

    Non estou para nada dacordo coa abstención que propón BorjaGZ.Eu respeito todas as sensibilidades políticas,pero sempre dentro do xogo e marco democrático.Discrepo das correntes antisistema, ou neste caso ANTIESPAÑOLISTAS,creo q fan un flaco favor ao nacionalismo galego.O PAÍS faise con traballo,no día a día,falando coa xente,organizando actos a prol da cultura do pobo,dos nosos sectores produtivos,da nosa lingua,das nosas costumes,do noso mar,dos nosos montes,…etc.non con titiritadas e rebentando toda clase de actos que poidan resultarlles molestos.Precisamente debido a ese tipo de actitudes antidemocráticas e radicais,moita xente mete ao nacionalismo no mesmo saco ca o independentismo máis exacerbado. Que mellor exemplo de democracia que exercer o dereito cidadán por excelencia como é IR A VOTAR?En canto ao debate,non me sentín identificada nin con Rajoy(evidentemente…)nin con ZP.O bipartidismo centralista non cumple os obxectivos nin expectativas da xente que ,coma min ,cre e traballa polo futuro do noso país.O vindeiro día 9 a poboación galega non só vai a elexir o pte do Edo Español,senón q vai a elexir algo + imp,aquel@s persoas que van a representar a Galiza nas Cortes Xerais,e que terán a responsabilidade e o deber de defender os dereitos da Galiza e de traballar para situarnos no lugar q por xustiza nos corresponde. E quen mellor q o nacionalismo,que dende que no 1996 chegou a Madrid,fixo q o noso país se fixese escoitar por primeira vez, e grazas a esa laboura,hoxe GALIZA está máis presente e forte en Madrid ca nunca.ADIANTE O DÍA 9 E SAL A VOTAR.PORQUE O FUTURO DE GALIZA SOMOS TOD@S!!

  9. o 2008-02-28 ás 9.06 pm 9.BorjaGz dixo …

    brugal con lola,e porque tenho que ir a votar?a min estas eleicçons nom me representan,eu nom me sinto espanhol,e nom vou ir votar a un partido máis do sistema,vendido,español..como é o BNG,

    Esta bem que penses na globalizacion,nos mcdonalls,burger king,no ingles e demais..eu me preocupo máis pola minha terra…

    maruxa explicame isso de PAIS que propón o BNG,porque dentro dun “pais” como queredes que haxa muitos paises?o BNG é um partido vendido o sistema.e nom ha mais.E eu ir a madrid a que me ponhan TAV,autovias a madrid e chalets em primeira linha nom o quero.Um saudo

    INDEPENDÊNCIA E SOCIALISMO

  10. o 2008-02-29 ás 8.32 pm 10.breogain dixo …

    esta claro que en Galiza existen diversas sensibilidades, coma no resto do Estado Español, eu certamente son dos que penso que temos que ir a votar se queremos logo exixirlle algo aos nosos governantes, a abstención non a contemplo como unha opción válida pero por suposto que cadaquén é moi libre de decidir o que facer có seu voto, polo tanto a decisión de BorjaGz é tan válida coma outras, entendo que non se sinta representado nestes comicios e polo tanto non queira votar, outra cousa é que considere ao B.N.G. un partido vendido ou español, ahí xa poderiamo debater máis polo miúdo, polo de agora e senón mudan moito as cousas, o bloque nacionalista galego é posiblemente o partido menos español dos tres que se apresentan ás eleccións en Galiza, outra cousa é que se aburguesara un pouco ao entrar nas institucións, pero iso é algo que foi acontecendo dende hai anos e anos, xa non estamos nos tempos da asemblea constituinte da Coruña, nos tempos das asembleas clandestinas e todo iso, pero tamén entendo que haxa unha mocidade máis combativa á esquerda que do B.N.G., a mocidade é sinónimo de rebeldia e todos pasamos por iso pero non estou para nada dacordo coa violencia, penso que temos outras canles máis democráticas para acada-los nosos obxectivos.

    Un saúdo a tod@s !!

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.