Cargando...

Deportes 2 xuño 2007

Marea granate a Córdoba.

     O outro dia escoitaba a un compañeiro do traballo dicir que na nosa cidade, parece que o único deporte que existe é o fútbol, laiábase do tempo que adicaban a falar do Pontevedra C.F. no apartado de deportes dunha rádio local, a verdade é que non é o único deporte, pero o fútbol si que é o que máis xente move en Pontevedra, eu como sócio téñome desprazado en numerosas ocasións fóra da miña cidade para presenciar partidos do Pontevedra C.F. , ésta vez, e unha vez máis, os siareiros granates faran unha chea de quilómetros en buses "fletados" pola federazón de peñas (pagados polo noso mecenas Tilve), vehículos particulares, e tamén os máis pudientes, en avión, mañá á tardiña teremos unha nova oportunidade de enceta-lo camiño cara a unha nova volta do Pontevedra C.F. á categoria de prata do fútbol español, agardemos que todo saia ben en Córdoba, sei que o partido de volta será o decisivo, pero mañá máis que nunca a afección granate será o número 12, Xabi Gracia conta con todo o plantel  granate e sabemos que non nos van defraudar, eu dende a lonxania, dende a ribeira do Lérez, escoitarei o partido e agardarei polo de volta, Pasarón ten que ser un fortín, Pontevedra tense que vestir de granate, tod@s estaremos con eles.

     A polo ascenso !!!!

Chuzame! chúzame -

2 comentarios a “Marea granate a Córdoba.”

  1. o 2007-06-08 ás 3.41 am 1.GRANATE_87 dixo …

    Ey,que o Teucro tamén existe jejeje

  2. o 2007-06-08 ás 4.09 pm 2.breogain dixo …

    seino, seino….para o ano balonmán de primeira no Pavillón.

Trackback This Post | Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.