Fotografía & Internet 27 febreiro 2008
Publican unha das miñas fotos nunha web sobre a bandeira galega.

Hoxe mesmo Anxo, o administrador da web www.bandeiragalega.com, avisábame nun mail que acababa de publicar unha foto miña da que falaramos hai un tempo, concretamente unha que fixen o pasado dia 25 de Xullo -dia da Pátria Galega- na casa dos meus avós maternos, na aldea de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa). A foto que tedes aquí, podédela ollar nun apartado da web chamado "Unha iniciativa pola bandeira galega", lugar reservado a publica-las fotos que lles envian de bandeiras galegas en calqueira recuncho do mundo, a miña foto en cuestión recolle a instantánea dunha bandeira galega e do trisquel calado de Castromao, unha auténtica marabilla de pedra feita a man e dunha soa peza polo meu curmán Moncho, un namorado da pedra e tamén da historia de Galiza.
Pois iso, non vaiades pensar que isto é unha sorte de "spam" e que estou a facer publicidade desa web, somentes queria mostrarvo-la miña foto publicada alí, feito éste que me fixo moita ilusión e claro está, habia que agradecerllo ao webmaster dalgunha maneira, polo tanto que mellor feito que facelo público aqui e recomendarvo-la súa páxina na que nos falan da nosa historia e das orixes das diversas bandeiras galegas.
Por certo, precisamente hoxe é o meu cumpreanos e coido que éste é un magnífico agasallo, graciñas Anxo.
chúzame -







o 2008-02-27 ás 1.14 pm 1.deisler dixo …
Felicidades breogain !
Que teñas un bo día (aínda que semella que non vai parar de chover hoxe…) e que cumpras moitos máis !!!
o 2008-02-27 ás 2.52 pm 2.maruxa dixo …
FELICIDADES!!!!!DISFRUTAO A TOPE!!
o 2008-02-27 ás 9.45 pm 3.Brugal con Cola dixo …
Felicitaciones, amigo.
Saludos.
o 2008-02-27 ás 11.28 pm 4.Loli66 dixo …
pois claro que o homenaxe ten a súa razón de ser, e si che fai ilusión moito mais!
felicidades polo cumple!
;***
o 2008-02-28 ás 12.46 am 5.breogain dixo …
Graciñas;
graciñas a todos e todas os que dia tras dias vos pasades por este recuncho da rede, un lugar que aproveito para falar de todo e de nada á vez, onde dou a coñecer a miña visión do mundo que me rodea, onde me relaxo escribindo algo despois dun dia malo ou onde mostro tamén a miña ledicia nun dia coma por exemplo o de hoxe. Nestes casos a idade é o de menos, o importante é que estamos aqui, pasámolo ben e iso penso que é dabondo.
O dito, un saúdo a tod@s e graciñas por todo.
o 2008-02-28 ás 10.56 am 6.Ulmo de Arxila dixo …
Parabén, Breogain, ainda que sexa con 24 horas de retardo!
o 2008-02-28 ás 2.20 pm 7.Luis dixo …
Felicidades, espero que sigas cumprindo moitos mais e enchendo ese oco fundamental na blogosfera pontevedresa.
Un saudo!
o 2008-02-28 ás 9.10 pm 8.Andrés Milleiro dixo …
Pililas, parabéns
o 2008-02-29 ás 8.23 pm 9.breogain dixo …
nada, nada, inda que cheguedes tarde o que vale é a intención, asi que doume por felicitado por todos e todas, a miña idade é o de menos, asi que non a vou publicar aqui
o dito, un saúdo a tod@s !!