Cargando...

Fotografía 15 marzo 2008

O mellor amigo do home non é un xoguete

 Noa e Musa

Son un dos meus pasatempos favoritos, preferentemente a fin de semana que é cando teño máis tempo libre e podo adicarllo a elas. Estas cadelas de raza boxer son nai e filla, Musa é a nai, unha cadela tranquila e obediente como ningunha, é a de cor castaño máis escuro que podedes ver deitada na foto, a outra é Noa, todo un exemplo de animal inquedo e rebuldeiro, ás veces semella te-lo "bicho" no corpo, non acouga nin un minuto e sempre está disposta a correr detrás dun pao ou dunha pelota.

Pero os cans, eses animais que na inmensa maioria dos casos son os nosos fieis compañeiros, deberían ser sempre tratados con respecto e agarimo, por iso no podo entender á xente que os deixa abandonados en calqueira rúa, estrada o mesmo no monte, como os teño ollado nalgún dos meus paseos polos arredores de Pontevedra, nos montes da Caeira, do Castrove ou da Fracha. Un can é moi divertido de cachorro pero có tempo ha medrar e pode chegar a ser un problema nalgúns casos, senón estás seguro de darlle unha vida en condicións mellor non o teñas, o can é o mellor amigo do home, polo tanto non lle deas a vida que non quixeras para ti.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

5 comentarios a “O mellor amigo do home non é un xoguete”

  1. o 2008-03-16 ás 1.44 am 1.deisler dixo …

    Bonita foto !
    Al no haber tenido nunca animales de compañía,no acabo de hacerme a la idea de lo importante que pueden llegar a ser para sus dueños…
    De momento nunca me lo he planteado,pero quién sabe si con el tiempo se da la oportunidad.

    P.D.-Mañana por la mañana estaré en Alcorcón viendo al Ponte…son tres puntos importantísimos, a ver si hay suerte esta vez !

    Saludos !

  2. o 2008-03-17 ás 12.04 am 2.Loli66 dixo …

    Eu sei o que é disfrutar do cariño e fidelidade dun animai a carón dun… e o boto moito de menos, dende que morreu o meu último compañeiro nom volvín a ter outro e xa vai para sete anos, entre outras cousas, nom podo adicarlle tempo, pois saio pola mañan da casa e nom volto ata a noite e iso tampoco é bó para ninguén (animai ou persoa) botar 10 12 ou 14 horas só num piso.
    necesitan tempo, cariño e compaña…e danche: TODO e mais
    nunca entenderei a quen lles fai dano

  3. o 2008-03-17 ás 9.56 pm 3.breogain dixo …

    Non hai mellor pasatempo que pasar unha tarde xogando con estas dúas cadelas, nin a playstation, nin a bicicleta nin calqueira outro hobbie dos que teño, a mágoa é non ter tempo dabondo para adicarllo, pero o pouco que paso con elas saben recompensarmo ben, para min e dende sempre, os cans foron unha das miñas debilidades, unha grata compaña sempre.

    un saúdo :)

  4. o 2008-03-28 ás 8.31 pm 4.Alvariño dixo …

    ¡Hola Breogain! Acabo de descubrir o teu blog e ten moi boa pinta, gústanme os contidos. As túas cadelas son dúas preciosidades. Hoxe vou un pouco apurado e non che podo adicar moito tempo. Con todo, espero visitarte con asiduidade a partires de agora.Un saúdo!

  5. o 2008-03-28 ás 11.48 pm 5.breogain dixo …

    Ola Alvariño

    Pois moitas gracias pola túa visita e volta cando queiras, hai non moito que teño o blogue, en pouco tempo fará un ano de vida pero é un proxecto ilusionante ao que lle adico algo do meu tempo libre (cando o teño).

    Encantato de verte por aqui, un saúdo para ti tamén.

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.