Internet 5 Marzo 2008
Andrés Milleiro, unha nova incorporación ao blogue.
Algún de vós supoño que xa o coñeceredes, Andrés ademais de amigo persoal e mentor deste proxecto que tiven a ben chamarlle "A ponte vella", é un coñecido blogueiro veciño da nosa cidade, leva moito tempo nisto das páxinas web, dos blogues e entre outros proxectos seus, foi pioneiro en crear Trebellos.org, o primeiro blogue comercial de gadgets en galego. Se tedes curiosidade e queredes informarvos máis polo miúdo pasádevos www.andresmilleiro.info . Pero ao que ia, hai uns dias estabamos falando de todo un pouco cando chegamos á conclusión de que non estaria mal que él colabourara con algún artigo de cando en vez neste blogue pontevedrés, Andrés postea a cotío no seu pero bota en falla falar das novas máis locais, tanto de Pontevedra coma de Galiza, polo tanto este blogue era unha opción perfecta, asi que acordamos que de cando en vez escribirá algún artigo falando da actualidade pontevedresa e galega.
A este que vos escrebe, persoalmente parécelle unha idea estupenda, neste recuncho pontevedrés na rede non adoito opinar sobre determinados temas da actualidade pontevedresa, como por exemplo de política, agora que o penso, falo case de todo menos de política, asi que éste podería ser un bo comezo.
chuzame -






