Actualidade & O mundo da cervexa 13 marzo 2008
“A casa do Coto” pecha as súas portas
É unha das tabernas máis sobranceiras de cantas hai nos arredores da nosa cidade, a coñecida por moitos "casa do Coto" de Tomeza botará o fecho se ninguén o remedia mañá dia 14 de Marzal, foron nove anos de tapas e música en directo e somos moitos os veciños de Pontevedra que algunha vez temos desfrutado coas súas "martinas", os seus revoltos de cogumelos, os famosos chourizos ao "inferno" ou calqueira cervexa da súa carta.
Vicente Fernández é un dos socios do local e unha persoa coa que teño botado unha parrafada nalgunha ocasión, comentaba hai dias nun xornal, que o motivo desta decisión era tanto porque xa non era sostible economicamente como tamén porque precisaba adicarlle moito tempo, tempo do que él polo seu traballo xa non dispón. Sei que Vicente é unha persoa que tiña moita ilusión no que facia, organizar concertos ou exposicións require tempo, ilusión e moita adicación, e para iso ten que gustarche, tamén comentaba que ogallá alguén poidera continua-lo traballo feito ao longo destes nove anos, para que éste local emblema da nosa cidade non tivera que fechar definitivamente. Pola miña parte lamento esta decisión pero entendo os seus motivos, eu teño estado en numerosas ocasións ceando no local e incluso fixemos unha "jam session" unha vez cós amigos do grupo de gaitas, sempre fomos recibidos cós brazos abertos, a música en directo foi un dos principais activos cós que sempre contou este local. Como dicia, o vindeiro dia 14 deste mes o local cumprirá nove anos e fará unha festa de despedida cós músicos que ao longo de todo este tempo amenizaron as noites de festa e troula que tivo A casa do Coto.
Dende "A ponte vella" enviámoslle un afectuoso saúdo a tódala xente de "A casa do Coto", en especial a Vicente.
chuzame -







o 2008-03-26 ás 10.07 pm 1.Julio Torres dixo …
Acabo de enterarme, menuda mala noticia. Oxalá reconsideren a súa postura. Como este é un artigo feito hai tempo. ¿Finalmente pechou? Espero que non. A min gustábame o sitio. Tan enxebre el.
Un saúdo desde A Lareira Máxica
Carpe Diem
Julio
o 2008-03-27 ás 3.21 pm 2.breogain dixo …
Pois a festa de peche foi hai un par de semanas e semella que era definitivo o peche, non voltei a escoitar nada máis deles e penso que si, que debeu pechar definitivamente, de tódalas maneiras no meu blogroll te-lo enderezo da súa web que inda está activada e podes informarte máis, inda que nela do peche non falaban por ningures, eu entereime pola prensa local… eu era cliente do local, en máis dunha ocasión teño ido a cear unhas tapas e a escoitar boa música, tanto “enlatada” coma en directo, os mellores anos foron nos que estaba por alí Vicente, tiña moi bo oido musical.
Un saúdo Julio