Actualidade 7 Marzo 2008
E.T.A. entra en xogo no derradeiro dia de campaña.
Cando todo apuntaba a que esta campaña electoral ia ser moi tranquila, máis alá dalgunha pequena lipotimia nun mitin ou dalgún encontronazo entre simpatizantes dun ou doutro bando, apareceu E.T.A. e rematou a festa da democracia. Hai poucos minutos que me acabo de informar polos telexornais desta nova, Isaias Carrasco, un ex-concellal do P.S.O.E. da localidade de Arrasate (Guipuzkoa) acaba de ser asasiñado con catro tiros na caluga á saída da súa casa en Arrasate. Hoxe non é o partido socialista o que perde a un dos seus membros, hoxe é a democracia a que perde moito máis, a violencia somentes arrastra máis violencia, un camiño para o que non hai saida. Un home de 42 anos retirado da política activa foi asasiñado este mediodia en presenza da súa muller e da súa filla, a campaña electoral suspendeuse, agora é tempo de reflexionar, agora máis que nunca é precisa a unidade dos partidos políticos máis alá das súas diferenzas ideolóxicas, o terrorismo foi mentado en innumerábeis ocasións nestes dias de campaña, para a nosa desgraza, agora fixo acto de presenza.
Fonte de información e fotografia: Vieiros
chúzame -







o 2008-03-07 ás 10.02 pm 1.maruxa dixo …
A miña máis firme condena contra a barbarie terrorista que lamentabelmente hoxe volve a ser noticia.As miñas máis sentidas condolencias para a familia de Isaías.Todo o demáis que hoxe se poida dicir sobra.Só pido reflexión e que o domingo os terroristas non consigan o que se propoñen.Que triunfe a democracia!!
o 2008-03-08 ás 9.33 am 2.breogain dixo …
Coido que o máis importante hoxe é reflexionar e mañá que ninguén fique na casa sen votar, era case seguro que os terroristas non deixarian pasa-la campaña sen facer acto de presenza, fixéronno dunha maneira vil e cobarde, este home era un “currante”, unha persoa retirada da política activa que traballaba nunha peaxe como calqueira de nós pode traballar nunha oficiña, descargando ladrillos ou reparando automóbiles nun taller, atacar á clase obreira e ademais desta maneira, con catro tiros a traizón non é maneira de acadar un obxectivo político, que pode ser máis ou menos válido e xusto. É tempo de reflexionar, tanto os políticos coma eles, os terroristas, isto pódese alongar infinitamente non tempo, pode que ningún dos dous bando dea o brazo a torcer, cómpre canto antes un entendemento, un abandono das armas por parte dos terroristas e un entendemento político por parte do governo do Estado, detrás deles hai miles e miles de votantes aos que non se pode ignorar, tamén habia un problema no Ulster e coido que moito máis enquistado e fóronse avanzando chanzos e acadando obxectivos, porqué non se pode facer igual aqui?
un saúdo