Política 10 marzo 2008
Eleccións xerais 08, onte habia que votar.
O domingo foi un coma outro calqueira, coa excepción de que desta volta habia que facer unha parada obrigada no colexio electoral. O dia amenceu desapacible, e ademais como tiña cousas que facer o mellor era deixalo para a tarde, despois de xantar un sempre vai con enerxias renovadas e iso parece se-lo que pensou toda a veciñanza, posto que o movemento por aquela zona a iso das catro do serán era importante. Recoñezo que xa estaba un pouco farto de tantos mítines e tantos debates, de que a "nena de Rajoy" ou a "cella" de Zapatero foran o centro de atención de analistas e tertulianos nas radios e televisións, sinceiramente agardaba polo domingo e porque todo isto rematase dunha vez. A cousa despachouse nun intre, entrei no colexio, collin as paleletas e sin tan sequera entrar na cabina, dirixinme á miña mesa, vamos, á mesa que tiveron a ben designarme para votar, o dito, foi cousa dun par de minutos. A anécdota curiosa, pois que cando xa levaba uns cantos metros percorridos fóra do colexio, unha das integrantes da mesa electoral veu correndo detras miña e chamándome a voces, coas presas esquecera o carnet de identidade, a cabeciña que non da para máis.
Á noite, e unha vez na casa os resultados, a iso das once da noite comprobo que o P.S.O.E. gañou as eleccións pero sen maioria absoluta, que o Partido Popular continuará na oposición catro anos máis e a ver que para có seu lider, Mariano Rajoy, que Izquierda Unida deuse o gran "batacazo" e que os partidos nacionalistas baixan, todos menos os integrantes do Galeuscat, C.I.U P.N.V. e B.NG. , o nacionalismo galego terá outra lexislatura dous escanos no Congreso dos deputados, coido que é algo significativo que aguantaran o tirón do claro bipartidismo imperante e que haxa unha voz galega na Cámara baixa paréceme esencial, ¿que podian ter un grupo parlamentario propio? por suposto, pero para iso supoño que terán que traballar máis todavia.
chúzame -







o 2008-03-10 ás 10.48 pm 1.deisler dixo …
Mira que deixar o DNI na mesa, se era o único que tiñas que recoller…
Das eleccions, pois non houbo moitas sorpresas…catro anos mais do mesmo nos esperan.
Unha curiosidade: O pobre “Gaspi” ,desde que se cruzou comigo pola rúa fai alguns días, non levantou cabeza…(e iso que non lle botei mal de ollo…:P)
o 2008-03-10 ás 10.52 pm 2.Brugal con Cola dixo …
Grupo propio para el BNG?? Pues me parece que aun falta mucho, pero muchísimo. Para ello antes deberían conseguir dominar la Xunta, aun más que lo hacen ahora, y llegar a tener al presidente. Si no lo veo casi imposible.
Por parte del PP pues estaba claro iba contracorriente y nunca antes ningún presidente hizo las cosas tan mal como para no repetir un segundo mandato. Con respecto a esto, si que es destacable que Zp ha sido el primer presidente que en su segunda legislatura no consigue tener mayoría absoluta. Este dato es interesante.
Por lo demás, esperemos que no sean 4 años más de lo mismo, tanto por parte de unos como de otros, cosa que veo más que complicada.
Saludos!!
o 2008-03-11 ás 2.58 pm 3.breogain dixo …
Brugal;
O que poida ter grupo parlamentario propio o B.N.G. tampouco o vexo nada descabellado, a piques estivo hai dúas lexislaturas de telo, daquela chegara ao teito de votos nas xerais do ano 2000 con tres deputados, pola lei de Hondt non puido ser,como digo quén sabe, se có tempo poderán sair do grupo mixto.
Por certo, e falando de Izquierda Unida, o outro dia Gaspar Llamazares tamén falaba do reparto de escanos polo sistema de HONDT, non lle parece xusto e eu coido que ten razón, non pode ser que un partido a nivel estatal teña perto de un millón de votos e acade os mesmos escanos que partidos minoritarios que tiveron douscentos ou trescentos mil votos, eu penso que con Gaspar Llamazares retirado pérdese un político importante e é unha mágoa.
Un saúdo