Fotografía 22 marzo 2008
50 anos da foto símbolo da emigrazón galega
A foto que aqui vos mostro foi considerada como un dos mellores documentos gráficos endexamais conseguidos, esta imaxe deu a volta ao mundo e foi proclamada por todos e todas como o símbolo da nosa emigrazón, como o símbolo dos galegos e galegas que tiveron que marchar da súa terra para busca-lo pan en calqueira recuncho do mundo.
O seu autor, Manuel Ferrol (Cabo Vilano 1923 - A Coruña 2003), fora contratado no ano 1957 pola Comisión Católica de Emigración para facer unha reportaxe sobor do embarque dos nosos emigrantes, o encargo tiña por obxectivo retrata-la derradeira viaxe do barco "Juán de Garay" que partia do peirao da Coruña. A impresionante foto que moitos de nós coñecemos titulouse "despedida de emigrantes" e converteuse case que por casualidade na foto máis fermosa e á vez desgarradora que fixo nunca un fotógrafo galego, reflexou e denunciou en toda a súa crudeza o drama da emigrazón dos nosos avós, eu mesmo coma calqueira galego ou galega tiven familiares emigrados, asi que cada vez que ollo esta foto encólleseme o corazón, esta foto no 2007 cumpriu 50 anos.
Fontes: www.elcorreogallego.es e www.manuelferrol.com
chúzame -







o 2008-03-22 ás 11.38 am 1.Ulmo de Arxila dixo …
Esta fotografia é unha verdadeira marabilla, un profundísimo pozo de emozón que estremece. A verdade, non creo que haxa nengun galego que, ao ve-la, non sinta algo especial remexendo-se-lle nos adentros. Porque nesta imaxe de rostos destrozados estamos nosoutros, os galegos. E ese grau de condensazón de toda unha identidade nunha soa imaxe só poden consegui-la os xénios, os mui grandes. Manuel Ferrol foi un; Castelao seria outro. Mais contan-se cos dedos dunha man.
Por certo, Breo, graciñas por me descobrires a web de Manuel Ferrol. Estou agora mesmo alucinando coas fotografias da rapa das bestas! Un saúdo
o 2008-03-22 ás 11.39 pm 2.Brugal con Cola dixo …
LA verdad es que transmite la emocion y la pena de cuando alguien querido te deja.
Saludos
o 2008-03-22 ás 11.55 pm 3.Loli66 dixo …
A min es foto doéme moito…
son filla de emigrantes e case podo dicir que sei o que se sinte.
xámais olvidarei cando voltamos para Galicia, o despedirme da miña madriña no aeroporto, con só 11 anos… pensei que igual pasaba moito tempo sen voltar a vela (coma asi foi) e chorei moitísimo!
e moi triste ter que separase dos seres queridos.
o 2008-03-23 ás 4.25 pm 4.Sísar dixo …
Acabo de recorrerme la web de Manuel Ferrol y he de darte las gracias porque desconocía la obra de este señor. Yo no diría abuelos solamente ya que tíos y demás familiares nuestros emigraban en los 50 y 60. Del 57 o así es esa foto según acabo de leer. Había que hacer una exposición en Caixanova sobre la Emigración.
o 2008-03-24 ás 3.41 pm 5.breogain dixo …
impresionante foto, sempre me ven á cabeza cando falan dos emigrantes e dese drama polo que tivemos que pasar os galegos. A instantánea reflexa toda a crueldade e toda a dor que sinte un cando se vai un ser querido, este home da foto morreu o ano pasado e o enterro foi multitudinario, tamén as mostras de condolencias de moitos galegos e galegas espallados polo mundo cando se enteraron da noticia.
saúdos