Actualidade 17 marzo 2008
¿Ninguén se lembra do Tibet?
Hai dias que a violencia desatouse no Tibet e coma xa aconteceu cando a revolta dos monxes birmanos, o governo de Pekín controla toda a información, tanto en televisión, prensa escrita ou internet, fálase de perto de 100 mortos tibetanos, o governo chinés responde con que os mortos non chegan á dúcia, son civís e que foi por culpa dos "axitadores" tibetanos, a confusión é total, e namentres todo isto acontece, os governos do resto do mundo ollan para outro lado, é flagrante a indiferencia total que mostra por exemplo o Comité Olímpico Internacional, semella que non interesa abrir un conflito có governo chinés a poucos meses dos Xogos Olímpicos que se han celebrar alí este verán.
A cronoloxía do conflito cóntanos que, o dia 10 de Marzo do ano 1959 estouraba unha revolta contra a ocupación china do Tibet, revolta que foi sofocada con grande violencia por parte do governo chinés e que obrigou ao lider espiritual tibetano, o Dalai Lama, a exiliarse na India, coincidindo con éste aniversario, os tibetanos organizaron estes dias manifestacións na súa capital, Lhasa, para chamar unha vez máis a atención da prensa e os governos do resto do mundo, aproveitando tamén a cercania dos Xogos Olímpicos do vindeiro mes de agosto, manifestacións que foron unha vez máis fortemente reprimidas e case que silenciadas.
Hoxe dia 17 de Marzo, a rede solidarízase có povo tibetano, e nós dende aqui tamén queremos unirnos á causa tibetana.
chúzame -






