Música &O mundo da cervexa 9 abril 2008
Flogging Molly, punk-celta e cervexa negra
Tomaron o seu nome dunha taberna na que adoitaban tocar nos seus comezos, a Molly Malones na cidade de Los Ángeles (U.S.A.). Flogging Molly por senón os coñecedes, son unha banda nacida no ano 1997 de entre os moitos fillos de emigrantes irlandeses nos Estados Unidos de Norteamérica, fan unha mestura de punk, oi e música celta, moi na onda de outros grupos como os The Real Mckenzies ou os Dropkick Murphys, tamén norteamericanos pero con ascendencia escocesa neste caso. O tema que vos traio aqui titúlase "Drunken lullabies" e foi un dos seus maiores éxitos, foi publicado no ano 2002 e a súa traducción veria sendo "nana de borrachos", un título moi apropiado para este novo capítulo de o mundo da cervexa, o video transcurre entre tabernas irlandesas onde nunca ha de faltar unha boa pinta de Guinness stout. Os Flogging Molly acaban de sacar ao mercado o seu novo disco chamado "Float", publicouse a principios do pasado mes de marzal.
Adicado a tódolos nosos lectores amantes da boa cervexa, Deisler, Brugal con cola e especialmente a Ulmo de Arxila e a Andrés Milleiro.
Slàinte !!







o 2008-04-09 ás 6.20 pm 1.Brugal con Cola dixo …
Ya conocía a este grupo, es más, incluso alguna vez he pensado en poner algún tema suyo en mi seccion de las canciones de resaca del domingo
Jejeje
Saludos!!
o 2008-04-09 ás 8.25 pm 2.Ulmo de Arxila dixo …
Muitas grazas por te lembrares de min, amigo Breo! Non coñecia o grupo, devo recoñece-lo, mais si sabia algo en cámbio doutra banda que mencionas no post, os Dropkick Murphys, autores dese magnífico “I’m shipping up to Boston” que serviu de banda sonora para o filme “Infiltrados”. Deixo-che unha ligazón que seguro que che gosta: http://innisfree1916.wordpress.com/2008/02/04/los-dropkick-murphys-regresan-desde-boston/
Pois iso, meu, sláinte e a dar-lle à Guinness até o mencer!
o 2008-04-09 ás 10.54 pm 3.deisler dixo …
jaja,pues muchas gracias breogain !
No conocía la canción,pero suena bien,muy bien…este fin de semana procuraré acercarme a alguna buena cervecería para disfrutar de una pinta a la salud del blog
Saludos !
o 2008-04-10 ás 12.35 am 4.breogain dixo …
O video está moi ben e a música engancha asi que a escoitas nun par de ocasións..
Brugal: Sei do teu fino oido musical e cada domingo estou atento ao grupo que elixes, vexo que temos coincidio nuns cantos xa
Ulmo: Dos Dropkick Murphys xa teño música, hai anos que os escoito, teñen moi bos temas como The gangs are here, Spicy Mchaggis, Cadence to arms ou a mítica tonada de Amazing Grace, sen esquecer o Finnegans Wake, escoita tamén aos The Real Mckenzies que son na mesma onda, algo de Oi, Punk e rollo celta Scot Wha ha he, Mainland, Loch Lomond ou Scott and proud non están nada mal.
Deisler, se este finde aproveitas para tomar unha pinta de stout non deixes de pasar polo “Grifón” no casco vello e pedir unha pinta de Beamish, algo máis suaviña que a Guinness, e para comeza-la noite non está nada mal xunto cunhas pataquiñas ou calqueira chuminada desas…:)
Saúdos a todos !!
o 2008-04-16 ás 11.40 pm 5.RamiroPereira dixo …
grandísimo grupo pro irlandes os Flogging Molly.Temas polo menos para min muito representativos,nom so polo tema das cervexas hehe,senom pola música,música divertida e movida e a vez reivindicativa.Ha outro grupo bastante bom que se chaman The Pogues.Um saudo Breo!
o 2008-04-17 ás 3.05 pm 6.breogain dixo …
Ola Ramiro
fantásticos os Floggin Molly, do video xa non conto nada, representa o verdadeiro espíritu irlandés
jajaja, tamén coñezo a The Pogues e teño escoitado algo deles, cecais outro dia poña tamén un video para que todos e todas os coñezan.
Por certo, este finde no Jamda Chicharra haberá ska galego con Kogito, por se alguén inda non o sabia.
Saúdos