Caixón de xastre 2 xuño 2007
Os esquecidos…
Que ninguén pense mal, dame igual o partido, hainos pendurados das farolas, en grandes valados, bandeiras, faixas e tamén cartaces pegados nas paredes, dame igual que sexan laranxas, azuis ou vermellos, dame igual que sexan do Partido Popular, do Bloque Nacionalista Galego ou tamén do PSdG PSOE, tanto me ten, pero hai unha semana que xa foron os comicios e parece que ninguén se lembra de retirar esta propaganda electoral, este marqueting que agora xa non ten sentido ningún, como din os vellos, "pasou o dia, pasou a romaria".
Por certo, noutros concellos limítrofes como o de Poio, onte venres xa os estaban a retirar, tomen exemplo señores.
chúzame -






