Galiza & Política & Pontevedra 24 Marzo 2008
¿Nacionalista?

Últimamente veño pensando moito sobre o que está a se-lo Bloque Nacionalista Galego e os resultados que está a ter nas sucesivas eleccións ás que veñen concorrendo. ¿Que é nacionalismo? ¿O BNG é nacionalista? Preguntas cicais sen resposta, non o sei. Eu amo á miña terra, a Pontevedra, a Galiza, e quero o mellor para ela. Algo que me sucedeu nas últimas visitas a Pontevedra foi a de ver moita decepción entre a xente da miña idade sobre o seu futuro laboral.
Estou dacordo en chimpar a unha factoría como a de ENCE da ría, mais tamén estou dacordo en apostar por factorías limpas, menos contaminantes e máis agradábeis có medio ambente, pero non por ilo deixar de impulsar o sector primario na Galiza.
Nos últimos anos estamos a ver como a nosa costa, exemplo de beleza ceibe vense convertendo nun monstro que devora e devora quilómetros de costa grazas en moitos casos a alcaldes promotores e ás súas cacicadas ( foto de Raxó ). Porén, dende o goberno autonómico coa nova Lei da Vivenda débese optar por non deixar ese tipo de prácticas (tiven constancia de que non se van admitir), mais o que nunca se pode tolerar son cousas como as que están acontecendo en Poio e o seu urbanismo, onde goberna un nacionalista dende fai moitos anos.
Eu son pontevedrés porque tocoume nacer aquí e estou orgulloso da miña cidade. Fai uns anos vense apostando por unha cidade máis orientada aos cidadáns, con maiores beirarúas e un casco vello ao que se lle está a dar un lavado de cara convertíndoo nun dos cascos vellos máis preciosos. Pero o que non se pode permitir son papeleiras e contedores de reciclaxe que non se baileran en 15 días como veño eu vendo dende que estou aquí. A xente quere reciclar e iso é un feito na nosa cidade, mais se xa de por sí se lle imposibilita, mal imos.
Eu non sei se son nacionalista, mais se ser nacionalista é facer o que está a facer esta xente, por favor non me inclúan na lista, porque estou avergoñado.
chuzame -







o 2008-03-25 ás 11.44 am 1.maruxa dixo …
Andrés,paréceme positivo q a xente coma ti sexa crítica co q fan os cargos públicos,sexan ou non nacionalistas. En canto á foto, deberías documentarte antes de facer ninguna acusación que non é certa,xa que toda esa zona de chalets que se van construir pertence a Sanxenxo.Non se aprecia moi ben, pero creo q esa é a zona que está pasando o mirador de A Granxa,non?, q está despois de Raxó en Dorrón, e foi a herdanza q nos deixou o sr.Cacique Telmo Martín días antes de deixar o seu cargo en Sanxenxo a golpe de pleno extraordinario antes de que entrase en vigor a nova lei de costas… Van a cargarse toda esa zona, dende o mirador ata pouco antes da praia de Areas. De feito si pasas por alí, podes apreciar como xa está todo talado…
Con independencia dos erros que se pudieron facer en Poio a nivel urbanístico (non vou ser eu quen os negue, de feito hai algúns q son evidentes …) pero no caso da foto,sinto dicirche que os límites xeográficos de Poio rematan antes do mirador, e esas adxudicacións e licenzas foron receitadas polo PP de SANXENXO días antes de que entrase en vigor a nova lei de costas da Xunta de Galiza,pertencendo por tanto ao concello de Sanxenxo.
No caso de que esté confundida eu coa foto e sexa doutra zona, desculpa pola opinión. Hai cousas que teño q recoñecer, e en temas urbanísticos, é certo q en Poio a cousa mudou co boom urbanístico, pero o problema non é tanto a deixadez do BNG senón como está o PXOM actual, habería que cambialo. E aínda que non nos guste, si un constructor solicita unha licenza en solo urbanizable atendendo ao actual PXOM, por moito q estéticamente non guste, a licenza legalmente tes que concedela.Ou do contrario o constructor pode denunciarte . E nos últimos anos non houbo vontade política de cambiar o PXOM en Poio sobre todo por parte dalgún partido en concreto, xa que co actual a quen beneficia é na maioría dos casos aos gdes constructores, q xa sabemos todos a quen votan.
Ás veces non nos podemos quedarnos só no aparente, e debemos informarnos sobre o que non se ve ou non sae tanto á opinión pública.
Como nacionalista e veciña de Poio que son non vou a tolerar que se fagan acusacións que non son certas a respeito do grupo municipal do BNG, máis particularmente coido que tes razón nalgunhas das cousas que dis.Agora ben,non confundamos a persoas concretas e a súa xestión co que implica o nacionalismo e o BNG como organización.Ser nacionalista é algo moito máis forte.E se hai algo que non se pode negar é que a única organización que pulou dende sempre por Galiza sen concesións nen subordinacións centralistas dende sempre foi o BNG.Que a memoria e a opinión politizada dalgúns medios non nos enganen e nos fagan esquecer todo o traballo que os nacionalistas levan feito e están a facer polo país.sdos
o 2008-03-25 ás 12.27 pm 2.Andrés Milleiro dixo …
Óla Maruxa,
Falo de Sanxenxo no caso desas vivendas (digo alcaldes caciques como o de Sanxenxo e adxunto a foto).
No caso do PXOM de Poio, ¿non o pode aprobar o BNG en solitario ou coa axuda do PSOE?
Saúdos
o 2008-03-25 ás 9.11 pm 3.maruxa dixo …
Xa o entendín pero como pos foto de Raxó da lugar a equívocos ,ademais A Granxa non pertence a Poio,e si les o texto parece que sí.
En canto ao cambio de pxom,pois non estou tan documentada,pero cambiar un pxom non é tan doado,son procesos moi longos,con estudos de impacto medioambiental, etc.(léanse os casos de Vigo ou Marín)en fin,que tes toda a razón cando dis que o cemento está deteriorando o país, e alá cadaquen coa súa conciencia.. A labor pedagóxica que está a facer greenpeace na súa web é moi positiva ( ver fotos)O problema é que cando queres facer críticas sobre urbanismo ex.caso Telmo,moitos medios censuran ese tipo de cousas non sei pq intereses,agora sí,si se trata dun concello gobernado polo BNG,a esos si q lles dan caña,e iso tampouco me parece ben.Máis en calqueira caso, parabén polo artigo e pola crítica.Coido que a crítica construtiva sempre debe ser ben recibida.sdos
o 2008-03-25 ás 10.58 pm 4.breogain dixo …
noraboa polo artigo Andrés..
eu tamén son do parecer de ámbolos dous, dende unha perspectiva nacionalista son tamén crítico cando o hai que ser, hai cousas que non se están a facer ben e cómpre salientalas para non voltar a comete-los mesmos erros. O tema do urbanismo é moi delicado e debe ser un dos principais obxectivos do B.N.G. para os vindeiros anos, está claro e cada dia é máis evidente que o noso patrimonio natural,arqueolóxico e etnográfico está a sofrir un deterioro máis que evidente polo urbanismo desmedido que temos dende hai uns cantos anos, o caso de Raxó é flagrante, xa mo contaran o pasado fin de semana uns amigos da zona e puiden ve-las imaxes na T.V.G., como di Maruxa, en moitos dos casos é consecuencia de anteriores governos e de anteriores normativas urbanísticas, polo visto o señor Nino Mirón tamén ten unha chea de terreo pola zona da Lanzada e con permiso para urbanizar dende hai anos, supoño que daquela a lei imperante non seria tan restrictiva coma a que temos hoxendia.
No tema da política local é evidente tamén que as cousas non se están a facer tan ben coma se deberia, hai un certo descontrol nas obras como algún blogueiro pontevedrés ten denunciado en varias ocasións e con certa razón, o modelo de cidade que quere o BNG local non é unha utopia, é algo que se pode acadar pero cómpre ir pouco a pouco, chanzo a chanzo e sen demasiadas presas, está moi ben facer zonas peonís no centro de Pontevedra pero hai que dar alternativas de aparcamento, non se pode botar sen máis aos coches de Pontevedra, o tema dos colectores clama ao ceo, nalgunhas rúas do centro da nosa cidade apenas temos papeleiras e os colectores onde os hai deberian estar soterrados…tamén se fixeron cousas boas, abofé que si, máis os erros cómpre destacalos para mellorar e non voltar a cometelos, somentes asi melloraremos.
saúdos
o 2008-03-27 ás 12.48 pm 5.Sísar dixo …
Breogain totalmente de acuerdo con el contenido del post. Yo pienso que en política local la ideología tiene poco peso y funciona más la capacidad de la persona que esté al frente.
Respecto a la foto ahí vive un amigo mío y sale su casa precisamente. Soy agnóstico con esa obra y esperaré al resultado final para evaluar porque me han asegurado que se respetará la línea de costas y que se recuperará no se cuantos miles de metros para disfrute público. Quiero ver el resultado final que además lleva aparejado un vial interior hasta Raxó.
Yo de pequeño era un asiduo de Cabo Udra y hoy me echo las manos a la cabeza al ver en que se ha convertido. Yo opino que hay perseguir estas infracciones pero tampoco crear una ley de 500 mts para toda Galicia porque cada municipio tendrá sus particularidades especifícas.
Lo de Raxó en Poio es alarmante como está quedando toda esa zona que ahora con el coche no ves ni un trozo de ría.
Y me gustaría preguntar una cosa más desde el desconocimiento: La diferencia entre Galiza y Galicia? ¿cuándo surge lo de Galiza y de donde proviene? En mi familia toda la vida ha sido Galicia y no seré yo quien rompa la costumbre pero esta pregunta viene hilada por el post anterior sobre la Guardia Civil y la GZ, buena observación y denuncia de esa circunstancia.
Saludos
o 2008-03-27 ás 4.07 pm 6.Andrés Milleiro dixo …
Óla Sisar,
Segundo a Galipedia : Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.”
o 2008-03-27 ás 11.13 pm 7.breogain dixo …
Ola Sísar
O tema dos topónimos galegos e mesmo o nome propio do noso territorio foi variando ao longo dos séculos, pasou do galego ao castelán e viceverse, de todos son coñecidos topónimos como o de Sanxenxo, que en castelán nunca seria Sangenjo como puxeron ao longo de moitos anos, tamén é destacabel o feito de chamarlle a vila costeira de O Grove ao longo de moitos anos El Grove, eu teño falado con xente daquela zona e constatado e diversos mapas antigos que o verdadeiro topónimo hai moitos anos era o de Ogrobe todo xunto e con “b”, séguese a empregar pero penso que non como forma oficial
No tema de Galiza ou Galicia, de todos é sobradamente coñecida a forma oficial ao longo de case toda a nosa historia, pero hai moitos anos tamén foi empregada a forma Galiza, teño visto tamén algún mapa que recollia esa forma, non estou seguro se despois da época sueva (Regnum Sueborum) e antes de chamarlle Gallaecia e ser unha provincia romana, non saberia dicircho con seguridade, pero foi unha forma empregada e dende o ano 2003 e segundo a última normativa da R.A.G. o termo Galiza é aceptado para referirse ao noso territorio, tamén por suposto o de Galicia, figurando éste último como recomendado.
Un saúdo Sísar
o 2008-03-28 ás 2.53 pm 8.Sísar dixo …
Pues muchas gracias por la información, también a Andrés. Yo en estos temas lingüísticos nunca me meto por desconocimiento pero en este caso, en especial, tenía mucho interés. Se nota un gran avance del término Galiza que hasta ahora solo era escuchado en ambientes de nacionalismo. El otro día me fijé que el locutor local de Onda Cero también lo utilizaba y me chocó bastante si habría habido algún avance normativo respecto a esta cuestión.
Un saludo
o 2008-03-28 ás 3.30 pm 9.breogain dixo …
Como ti dis, certamente o seu emprego sempre foi en ámbitos do nacionalismo galego, agora é certo que dende hai un tempo a esta parte algúns galegofalantes inda que non sexan nacionalistas tamén o empregan, comeza a extenderse pouco a pouco o feito de que a xente emprega Galiza cando fala en galego e Galicia cando fala en castelán…
Un saúdo blogueiro
o 2008-04-04 ás 9.05 am 10.Ulmo de Arxila dixo …
Polo tema de Galiza, o certo é que esta é a forma hexemónica na documentación antiga (= medieval); de feito, nesa época, as formas “Galisia”, “Gallicia” e variantes somente aparecen en documentos redixidos fóra do país, desde as chancelarias reais, ou ben por instituizóns da monarquia na Galiza. Podeis encontrar muitos dados ao respeito na última versión do TMILG: http://ilg.usc.es/tmilg/.
Si que é certo que se viu un avanzo desta forma (lexítima e galega ao 100%) nos últimos tempos; de feito, esta mesma mañá surprendin-me ao ve-la empregada nun anúncio de Caixanova. Non creo que sexa especialmente negativo para o país a utilizazón dunha dupla denominazón Galicia / Galiza; de feito, levamos anos convivendo con duas normativas ortográficas. O que si seria conveniente é que esta dualidade irredutível que parece consubstancial à personalidade galega (iso de “pór-lle unha candea a Deus e outra ao Demo”) acadase algun tipo de formulazón oficial para que perdese o seu actual carácter fratricida. Por que non fazer coma os noruegueses, que empregan unha norma para os usos internos e outra (a dano-norueguesa) para os usos internacionais? A min pareceria-me unha boa opzón.
Un saúdo, Breo, e non te desquícies cos bloqueiros, que ultimamente andan bastante desorientados… Non hai máis que ve-lo: http://www.lavozdegalicia.es/espana/2008/04/04/0003_6704632.htm