Cargando...

Fotografía & Internet 12 abril 2008

Mudámonos a www.apontevella.com

Nuns cantos dias este blogue estará de mudanzas e pasaremos  a ter dominio independente grazas á inestimable axuda de Andrés Milleiro, a partires deste troco poderedes atoparnos en www.apontevella.com, nesta nova ubicación seguiremos cós mesmos contidos de sempre, un pouco de Pontevedra e outro pouco do que nos peta.

A piques estamos de face-lo primeiro ano de vida deste recuncho de Pontevedra na rede, un proxecto que naceu grazas á xente de blogaliza , unha vez máis e coma sempre, queremos agradecervo-las vosas visitas e por suposto os vosos comentarios, que nos fan mellorar dia tras dia e seguir con máis folgos se cadra.

Un saúdo e grazas por estares ahí, a Andrés Milleiro, a Goretoxo e a tódolos que nos visitades dia tras dia.

 www.apontevella.com

Chuzame! chúzame -

6 comentarios a “Mudámonos a www.apontevella.com”

  1. o 2008-04-12 ás 3.32 pm 1.Manuls dixo …

    Se ve que as DNS aínda non se expandiron e por iso non podo ver a nova web… pero felicidades por ter agora un espazo mais propio na Internet :)

  2. o 2008-04-12 ás 3.49 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Felicidades!!

    Vaya suerte el poder tener una web propia.
    Yo alguna vez pensé en ello y es un proyecto que tengo con un colega, pero la falta de tiempo por parte de los dos hace que me sea prácticamente imposible, aunque más que nada me es imposible porque no tengo idea alguna de cómo gestionar la web.

    Pos eso, que en cuanto digas cambio el enlace de este blog a tu web.

    Saludos!!

  3. o 2008-04-12 ás 6.20 pm 3.Julio dixo …

    Noraboa polo próximo cumpreanos. O meu blogue tamén cumprirá o 1 de maio dous anos.

    Un saúdo, amigos

  4. o 2008-04-12 ás 11.43 pm 4.Ulmo de Arxila dixo …

    Bueno, Breo, pois nada, xa nos pasaremos un dia destes a tomar-che o café ao teu novo pisiño, jejeje.
    Parabéns e a seguir asi outro ano máis! Un saúdo desde o território do salmón ;-)

  5. o 2008-04-13 ás 11.41 am 5.breogain dixo …

    Graciñas polos comentarios, que máis quixera eu que controlar tanto disto e ben o sabe por exempolo Manuls…cando comecei có blogue apenas si sabia algo de como manexarme nestes menesteres, agora, un ano despois voume defendendo, pero de ahí a ter unha web xa serian palabras maiores, a cousa foi grazas a Andrés Milleiro, o de ter dominio própio foi unha idea que me rondada a cabeza e comenteilla, el foi logo quén conseguiu o dominio para “apontevella”, este proxecto que comezou en maio do 2007 como un pasatempo e que sigue a ser asi, quén sabe por canto tempo.

    O dito, graciñas a todos polos comentarios e polos parabéns, aqui estamos para o que queirades.

    unha aperta a todos, por certo, para o primeiro de Maio terémola resposta ao enigma que vos comentara aqui…:)

    http://breo.blogaliza.org/archives/392

  6. o 2008-04-13 ás 8.43 pm 6.deisler dixo …

    ¿imos de mudanza? Estarei atento para cando troque a ubicación….Saúdos !

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.