Cargando...

Cinema e televisión 3 Abril 2008

Comeza a segunda tempada de “cuestión de sexo”

Esta noite e ao redor das 22:15 será a estrea da segunda tempada de "cuestión de sexo", a exitosa serie de Cuatro da que non me perdín ningún dos anteriores capítulos. Supoño que estes dias xa veríades as promos na televisión falando da agardada volta desta serie, segundo contan na súa web incorpóranse tres novos actores ao reparto e semella que un deles será un psicólogo arxentino, ou sexa que o guión se cadra vai a ser un pouco máis enrevesado nesta nova xeira. Cómpre dicir que un dos actores de reparto é o pontevedrés Xúlio Abonjo que interpreta a Gabi, o máis rebelde e inconformista das personaxes que conforman a serie, coñecerédelo seguramente por participar en varias series na T.V.G. e tamén en varias películas, entre elas O lapis do carpinteiro, ademais sempre me fai gracia ollalo tomando a nosa cervexa máis representativa, ben sexa no bar ou na súa casa, unha boa publicidade sen dúbida para Estrella Galicia.

O dito, agardemos que esta segunda tempada sexa tan boa coma a primeira e desfrutemos con ela.

Chuzame! chúzame -

9 comentarios a “Comeza a segunda tempada de “cuestión de sexo””

  1. o 2008-04-03 ás 8.15 pm 1.Julio Torres dixo …

    A min tamén me encanta Breogain. Humor de situacións da vida mesma. Boa cousa para rirse de nós memos.

    From Sanxenxo

  2. o 2008-04-03 ás 8.15 pm 2.Julio Torres dixo …

    De nós mesmos, quería dicir…

  3. o 2008-04-04 ás 9.05 am 3.Carmen dixo …

    No soy mucho de tv, pero me alegro que nos vayas informando.. tiene buena pinta!
    Bicossssssssssssssssssssssssssssssss

  4. o 2008-04-04 ás 1.00 pm 4.Ulmo de Arxila dixo …

    Boa serie, a verdade. Non puiden segui-la muito, mais os capítulos que vin gostaron-me.
    Ten boas séries Cuatro. Cuestión de sexo (co inimitável Xúlio Abonjo, si señor!), House, Roma… O certo é que tanto Cuatro como La Sexta compensan bastante neste sentido as caréncias das televisóns hexemónicas, porque, se dermos unha volta pola grella televisiva… Non há muito por onde colle-la… Zouponadas como “Sin tetas no hay paraíso”, e de aí para riba!

  5. o 2008-04-04 ás 3.10 pm 5.breogain dixo …

    Xulio Abonjo “surfeiro comunista”….jajaja :)

    Un saúdo Carmen, e segue a facer esas fotos tan fantásticas, por se alguén non coñece a súa web
    http://superkarmen.blogspot.com/

  6. o 2008-04-04 ás 7.48 pm 6.Mariam dixo …

    Tomo nota da recomendación. A verdade é que non vexo moita tele, a única serie que sigo asiduamente é “Los hombres de Paco”. Anque, se son sinceira, se me enganchei a “Los hombres de Paco” foi por Hugo Silva. Dende logo, con un poli coma Lucas Fernández dan ganas de… ¡facerse delincuente!

  7. o 2008-04-04 ás 9.49 pm 7.breogain dixo …

    Ola Mariam;

    A serie penso que paga a pena, agora mesmo na televisión non hai moito onde elexir en canto a series nacionais, por suposto que nas extranxeiras hai unhas cantas, que paguen a pena ao meu parecer, House e Anatomia de Grey, “Mujeres desesperadas” rematou por aburrirme un pouco e xa non a sigo, en producción “nacional” penso que o mellor que hai agora mesmo é “Cuestión de sexo”, é moi divertida e desenfadada, un cachondeo que nesta segunda tempada subio un pouco de “tono”, algo máis de sexo coido que haberá, ao tenor do que puiden ollar no primeiro capítulo que pasaron onte, polo demais, “Los hombres de Paco” non me gustan moito e “Sin tetas no hay paraiso”, non está mal, pero coido que moita xente está enganchada polo seu protagonista “El duque”…jajaja.

    un saúdo e graciñas por pasarte e comentar Mariam :)

  8. o 2008-04-06 ás 2.24 pm 8.Loli66 dixo …

    estiven a ver o capítulo porque avisaches que escomenzaba e rinme un anaco, nom a coñecía pero tentarei de recordar que a botan, son un pouco despistada para as series as únicas que sigo mais a miudo son precisamente anatomía de grey e house, seguin hospital central bastante a miudo, pero acaban enreversandose moito, máis ben as vexo cando me acordo de que as botan ou cando no zapping as pillo ;-)
    a verdade é que a tele a encendo para que fale, pero nom a vexo moito.
    ai moitas outras cousas que facer!

  9. o 2008-04-06 ás 3.05 pm 9.breogain dixo …

    comezou algo frouxo de máis, os capítulos da anterior tempada estiveron fenomenal, agora con tanta xente nova haberá que ir collendo o fio de novo…

    un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.