Cargando...

Música & Pontevedra 15 Abril 2008

II Festival “Jamda Chicharra” en Pontevedra

"Unha "jam" é unha festa, unha reunión de colegas onde cada un aporta o mellor que ten có fin de pasalo ben..." asi definen os seus organizadores este festival que vaise celebrar na nosa cidade. O recinto feiral de Pontevedra acollerá a skaters, rollers, rappers e grafiteiros con gañas de pasalo ben, ensina-las súas habilidades e escoita-la súa música na fin de semana do 18 e 19 de Abril. Os que argallan este evento lamentan a falla de espazos na nosa cidade para desenrola-las súas actividades, principalmente a falla dun skatepark ou lugares onde poder face-los seus grafittis, pero o Jamda Chicharra tamén existe có obxectivo de promocionar aos grupos musicais locais e ser un lugar de xuntanza de toda a mocidade galega afin a esta cultura urbán. Ao longo dos dous dias de festival haberá batallas de bbboys e Mc's, exhibicións de skaters, grafittis e por suposto concertos da man de bandas galegas coma Gurumamut o Kogito. Se tedes interese podedes recabar máis información na web www.jamdachicharra.info, ali vos explicarán como chegar, horarios e actuacións.

Dende aqui aplaudimo-la iniciativa dun festival deste tipo para a nosa cidade, persoalmente agardo poder achegarme a ve-lo grupo de ska galego Kogito.

Chuzame! chuzame -

2 comentarios a “II Festival “Jamda Chicharra” en Pontevedra”

  1. o 2008-04-15 ás 2.36 pm 1.JoseATE dixo …

    Pois este finde, o recinto vai estar petao! entre o triatlón e o jamda, non haberá quen ande pola cidade. Viva Pontevedra! :)

  2. o 2008-04-19 ás 5.04 pm 2.breogain dixo …

    Está claro que se queremos algo tamén temos que ter paciencia, hoxe no choio unha compañeira comentábame o feito de que o centro de Pontevedra estivera pechado, eu respostáballe que algún transtorno temos que ter, que para ir ao supermercado ou a pasear (hoxe tampouco está o dia para iso) temos os 364 dias restantes do ano, acoller unha copa de europa dunha especialidade deportiva é un grande evento que pon a Pontevedra no ponto de mira de moita xente, son hoteles cheos e moitos ingresos para a cidade que ao final vai revertir en todos nós, sempre estamos a falar de que todo vai para Madrid, Barcelona ou mesmo A Coruña ou Vigo, se agora acollemos esta proba é porque cecais comecemos a importarlle aos que deciden estas cousas e debemos gabarnos por elo.

    Un saúdo e paciencia :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.