Cargando...

Música 31 marzo 2008

Os “Mägo de Oz” tocarán en Pontevedra

A nova fíxose pública hoxe e acabo de confirmalo en www.magodeoz.com. O grupo que mestura o heavy metal coa música celta, tocará na nosa cidade o dia 9 de Agosto dentro da súa xira Borriquito como Tour 2008, a cal comezará o dia 20 de xuño e os traerá en concerto para as festas da Peregrina. Mägo de Oz creouse como grupo alá polo ano 1988, comezaron chamándose Transilvania coma homenaxe ao grupo Iron Maiden, o preferido do seu fundador, Txus di Fellatio, pero ao pouco tempo mudaron o seu nome polo actual, Mägo de Oz. O grupo leva ano e anos colleitando éxitos e gravando discos, entres eles La leyenda de la Mancha, Finisterra ou Gaia. Nos seus discos sempre abondan as letras épicas acompañadas do son dos violinos, as frautas e mesmo a gaita galega, o seu novo disco chámase La ciudad de los árboles e foi publicado o pasado dia 6 de novembro do 2007.

Unha boa ocasión para voltar a velos de novo, xa tiven a oportunidade dúas veces, unha delas aqui mesmo en Pontevedra, o que inda descoñezo é se o concerto é organizado polo Concello de Pontevedra, de ser así parabéns pola decisión que coido foi moi atinada, Mägo de Oz son un grupo de primer nivel.

Chuzame! chuzame -

2 comentarios a “Os “Mägo de Oz” tocarán en Pontevedra”

  1. o 2008-03-31 ás 7.50 pm 1.Brugal con Cola dixo …

    Quee buena noticia, la verdad que tienen temas dignos de matrícula de honor.

    Habrá que mencionarlo en el blog, jaja

    Saludos

  2. o 2008-04-01 ás 2.09 pm 2.breogain dixo …

    O disco Finisterra é fabuloso, ten unha chea de temas que están moi ben, eu tiven a ocasión de escoitalos en Pontevedra e tamén nun festival de rock ao que fun en Cubillos del Sil (O Bierzo) hai uns cantos anos xa, teñen un directo apoteósico. Recoméndovos o seu concerto, todo un espectáculo, ademais vendo a terras galegas seguro que teñen algo especial preparado, empregan moito a gaita galega nos seus temas.

    un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.