Actualidade & Política 1 abril 2008
O fin non sempre xustifica os medios
De seguido, podedes ler a carta que me fixo chegar unha amiga e veciña de Poio (Pontevedra) e que foi remitida a diversos medios de comunicación locais e galegos, nela expón o seu ponto de vista encol do tema da agresión sufrida polo alcalde (Luciano Sobral - B.N.G.) desta localidade veciña de Pontevedra hai uns dias, para os que non estaxades ao tanto do tema, todo xira encol do realoxo dos chavolistas de etnia xitana residentes no Vao, e os cales "supostamente" se adican ao trapicheo de droga.
Como veciña de Poio, síntome na obriga e no deber moral, de denunciar públicamente o acoso e derribo ao que determinados colectivos veciñais e, algún partido político, veñen sometendo ao noso alcalde nos últimos tempos.
A pasada semana, acontecía un dos espectáculos máis esperpénticos e bochornosos que se lembran dende a democracia no lugar onde resido. Un numeroso grupo de “exaltados/as” agredían e increpaban tanto verbal como físicamente a Luciano Sobral á saída dun pleno, que xa de antemán presumíase tenso dabondo. Un feito gravísimo que, baixo ningún concepto, pode ser xustificado nin avalado por argumentacións baleiras de contido cívico e democrático e ata atentando contra dereitos universais. En vista de tales feitos, non me queda outra que describir dita actuación como unha das “ manifestacións máis antidemocráticas de exercer públicamente un dereito constitucional”. Plantexo neste medio outras cuestións sobre as que veño cavilando estos días, e convídovos a que tamén o fagades: ¿Onde está o límite do dereito á liberdade de manifestación e/ou expresión? ¿En virtude de que intereses algúns MdC e partidos políticos están interesados en alimentar cada día máis ás masas enfurecidas con declaracións incendiarias, demagóxicas, pouco afortunadas e que faltan á verdade do asunto?¿ A quen lle interesa que este conflicto siga no pé do cañón , e se chegase ao actual punto crítico?¿Que intereses pode haber para tratar de desprestixiar a actuación dun político coma Nito, con máis de vinte anos de praxe política, demócrata convencido e que traballou arreo por este País e polo seu concello? A igrexa, institución que tanto se enche a boca facendo campañas de apoio ós máis débiles e desprotexidos… ¿Non ten nada que dicir ou é que os xitanos non son tan fillos de Deus coma o resto? Se este é un problema de orden público e venda de drogas exclusivamente, tal e como afirman algúns, ¿onde están as forzas e corpos de seguridade do estado, non ten nada que manifestar a subdelegación do goberno? ¿Por qué o Sr.Dominguez está máis preocupado de seguir botando leña ó lume en troques de traballar para soluciona-lo conflicto? ¿Ou seica pode afirmar que do alto número de veciños de Monteporreiro que viven en pisos tamén de financiación pública ningún deles ten coches de alta gama? Deixo aquí estas reflexións no aire…Que cadaquen faga a súa propia e particular introspección verbo do problema. E para rematar, quixera brindarlles dende aquí o meu máis enérxico apoio ao Sr.Sobral e resto do grupo municipal do BNG de Poio, porque, ao meu parecer, independientemente dos erros nos que puideran caer (que tamén son humanos), están a ser vítimas do linchamento mediático e político máis suxo e desleal que se lembre na historia do concello de Poio. Fago un chamamento á cordura e ao diálogo como camiños para a busca conxunta dunha solución. Xa abonda de DEMAGOXIA, porque en contra do que dicía Maquiavelo, “o fin non sempre xustifica os medios.”
Maruxa B.Vicente Dominguez. (veciña de Albar -Poio).
chuzame -







o 2008-04-01 ás 10.18 pm 1.Jorge Cubela dixo …
SEn lugar a dúbidas calquer acto no que se empregue a violencia ou medios inxustos tense que condear, e dende aquí súmome, fora de partidismos, á rotunda condena da situación.
O problema do Vao é moi pechado e de difícil solución, mais as decisións adoptadas polos políticos nin foron transparentes nin humanas.
Levan ás familias con nocturnidade, están uns días e para as eleccións os cambian para hoteis, pasan as eleccións e volven para Monteporreiro…
Xa sabedes o que opino da xestión so asunto no meu Blog.
UN saúdo
o 2008-04-02 ás 2.02 pm 2.Loli66 dixo …
xa o dixo Jorge Cubela:

“SEn lugar a dúbidas calquer acto no que se empregue a violencia ou medios inxustos tense que condear, e dende aquí súmome, fora de partidismos, á rotunda condena da situación.”
ben dito está…
o 2008-04-02 ás 11.58 pm 3.breogain dixo …
Súmome a vós ao condena-lo acto detestable de ataque a un cargo público elexido democraticamente por todos nós, tanto se é dun ou doutro partido como di Maruxa o fin non xustifica os medios e non se pode agredir ou mesmo somentes amedrentar a un cargo electo desta maneira. Luciano Sobral sempre foi un home dialogante cós seus veciños, ou alomenos é o que teño entendido dende hai unha chea de anos, por suposto que somos humanos e podemos cometer erros, ninguén se libra diso, pode que a maneira de actuar por parte do Concello de Poio non fora a máis correcta, é máis, penso que non foi a máis correcta nin moito menos, que deberia ter consensuado có de Pontevedra o traslado “intermunicipal”, pero iso non lexitima a un grupo de exaltados e “descerebrados” para pasar do insulto ao ataque visceral como puiden observar na televisión…iso non é de recibo, como quedou diante de toda España Poio e Pontevedra? pois como unha vila e cidade xenófoba, cousa que non é nin moito menos certa, outra cousa é o tratamento que desta noticia deron nos “media” de alcance nacional, falando en todo momento de traslado de famillias de etnia xitana pero en ningún momento falando de drogas ou “trapicheo”, agochando a verdadeira cuestión desta desputa e desta problemática, e iso si que non é tolerable.
Un saúdo e parabéns pola carta Maruxa.