Andrés Calamaro tamén se pasará por Pontevedra…
O músico e compositor arxentino Andrés Calamaro ven de anunciar hai uns dias as datas dos seus dous primeiros concertos deste verán, un deles terá lugar o vindeiro 7 de xuño no Recinto feiral de Pontevedra. O que fora integrante do mítico grupo Los Rodriguez e considerado unha das máis grandes figuras que deu o rock arxentino visitará a nosa cidade dentro do seu La lengua popular Tour.
Por fin semella que a capital da provincia comeza a entrar no circuito dos grandes concertos nacionais, polo de agora Andrés Calamaro somentes facilitou dúas das datas dos seus concertos, unha é a de Pontevedra e a outra a de Burjassot (Valencia), asi que xa comezamos a estar ao nivel de grandes cidades. Contan por ahí, que moitos representantes de artistas comezaron a apunta-lo nome de Pontevedra despois do exitoso concerto de Miguel Bosé o verán pasado, evento éste que congregara a máis de 30.000 persoas e que tivo unha grande repercusión nos medios.
O dito, non vos esquezades da data, 7/06/2008 ás 20:30 horas no Recinto Feiral de Pontevedra (23 €).
chuzame -







o 2008-04-05 ás 10.52 pm 1.Brugal con Cola dixo …
No será el único concierto que acoja el Pazo en estas fechas.
Hoy mismo actuará Marlango.
Si alguien quiere un poco mas de info:
http://beberparaolvidar.wordpress.com/2008/03/01/con-voz-propia-musica-en-pontevedra/
Perdona por dejarte el enlace, jeje
Saludos
o 2008-04-06 ás 3.08 pm 2.breogain dixo …
pois semella que nos agarda unha tempada primaveira-verán apaixoante en canto a concertos na cidade, fenomenal que vaiamos entrando no circuito de concertos de grandes artistas…
un saúdo brugal e non tes que desculparte pola ligazón, para iso estamos…
o 2008-04-06 ás 8.19 pm 3.deisler dixo …
Me alegra que el nivel de conciertos cada vez sea mayor….a Calamaro me gustaría bastante ir a verlo
Aunque dudo que me coincida bien por la fecha que es,intentaré acercarme.
Además tengo bastante buen recuerdo del concierto de hace algunos años en la plaza de toros cuando aún estaba en “Los Rodríguez”,en la gira conjunta con Sabina…qué tiempos aquellos
Saludos,
o 2008-04-07 ás 11.45 am 4.Julio Torres dixo …
Los Rodríguez é un dos meus grupos favoritos. Aínda que me gustaban máis como grupo. Por separado tamén, pero xuntos gañaban moito máis.
Por certo, deixeiche no meu blog un REGALO. Agardo que che guste breogain.
Un saúdo, amigo
Carpe Diem
o 2008-04-07 ás 12.42 pm 5.Manuls dixo …
É unha boa noticia que un artista como Calamaro veña a Pontevedra pero… que queres que te diga, o vin en directo con Fito na xira “Dos son multitud” (creo que era así o nome) e non me convenceu nada. Non sei se era pola banda que levaba ou que, pero o seu son era moi sucio e de pouca calidade. Gustoume mais, obviamente Fito, que é DIOS a la guitarra
o 2008-04-07 ás 3.21 pm 6.breogain dixo …
Manuls, eu tampouco é que sexa fan de Andrés Calamaro, non son moi devoto da súa música e prefiro outros estilos, pero é algo moi importante que un músico da súa talla veña a tocar a Pontevedra e ademais que o da nosa cidade sexa o único concerto que fará en terras galegas, considéroo moi importante e sentará precedente para vindeiros grupos.
Un saúdo
o 2008-04-18 ás 7.21 pm 7.jeru dixo …
Non pretendo ser unha abanderada de calamaro, non lle fai falla pero si que quero calar certas bocas que se enchen dicindo chorradas como que a calidade dos seus concertos…en fin,rapaces quedadevos con esta frase do maestro ” lameme el orto”, os xenios son indiscutibles…( por suposto que penso disfrutar o sete de xuño, para todos os demais…calamaro que bueno que viniste!!)