Cargando...

Actualidade 7 Abril 2008

¿Un pistoleiro menos…?

[... sólo me la quitarán de mi mano fria y muerta]

 

Esta frase foi pronunciada por Charlton Heston alzando un rifle, o actor que tamén fora presidente da detestable Asociación Nacional do Rifle dos EE.UU. (N.R.A.) -a cal foi fantásticamente retratada no oscarizado filme Bowling for Columbine de Michel Moore- morreu de alzheimer a pasada noite do sábado en Beverly Hills. Non deixa de ser sorprendente que a súa frase máis célebre non sexa de ningunha das súas películas, cecais non para todos, pero si para moita xente Charlton Heston será lembrado por ser un férreo defensor das armas.

Certamente semella irónico que o maior defensor da guerra agora descanse en paz.

Chuzame! chúzame -

12 comentarios a “¿Un pistoleiro menos…?”

  1. o 2008-04-07 ás 8.53 pm 1.Loli66 dixo …

    falando desde a nom creencia relixiosa…
    descansará en paz según… secadra nom, igual ai algo, karma ou como se queira chamar,e está agora mesmo rendindo contas,nom?

  2. o 2008-04-08 ás 12.00 am 2.breogain dixo …

    Pode que o título sexa un chisco forte de máis pero é a verdade pura e dura, xa non entro a catalogar o bo actor que foi no seu tempo, pero como persoa e sobre todo nos seus derradeiros anos foi un tanto maliciosa, defensor a ultranza das armas sempre defendeu o seu emprego por parte dos norteamericanos, automáticas, fusís, pistolas..todo lles vale, inda me lembro daquela reportaxe gañadora dun óscar que fixo Michael Moore e na cal entrevistou a Charlton Heston na súa casa, a entrevista chegou a ser moi incómoda para o actor que rematou por botar fóra da casa ao cineasta, tamén me ven á cabeza a reportaxe de “Papá cómprame un kalashnikov” de Jon Sistiaga do que xa falei neste blogue no seu dia..
    http://breo.blogaliza.org/archives/365

    o dito, sigo a pensar que a meirande parte da culpa de que acontezan barbaridades coma a de Columbine, esas matanzas en colexios e demais, é de xente coma ésta, que fan do seu amor polas armas unha moi mala influenza para o resto da sociedade norteamericana.

    un saúdo Loli

  3. o 2008-04-08 ás 11.56 am 3.Ulmo de Arxila dixo …

    É unha mágoa que un actor tan magnífico (cando menos nos dous filmes que máis lle coñezo, “Os dez mandamentos” e “Ben Hur”) acabase oferecendo unha imaxe pública tan denigrante.
    En fin, remito-vos a un capítulo da irreverentísima e superrealista série da Fox “Pai de família”, no que Peter, o protagonista, dispara por accidente a Chartlon Heston coa sua escopeta recén comprada. Ante as sentidas desculpas de Peter, Heston, agonizante, somente atina a saloucar: “Tranquilo, fillo, é o teu direito como cidadán americano…”

  4. o 2008-04-08 ás 1.10 pm 4.O Traveseiro dixo …

    Breo, o título non é para nada forte, sobretodo se o comparamos con outros que hai por aí, como o que lin en Cretinolandia: “¡Ha muerto el simio menos evolucionado de ‘El Planeta de los Simios’!”

    En canto a Heston… pois algúns dos seus papeis me molaban, pero a verdade é que era un indesexábel.

  5. o 2008-04-08 ás 3.11 pm 5.breogain dixo …

    Ulmo:
    non tiven a oportunidade de ver ese capítulo do que me falas pero si moitos de “Padre de familia” e gústame esa serie… pola súa irreverencia e crítica descarada e áceda da sociedade norteamericana, inda que hai outra da que agora non me lembro do nome que é inda pior…

    O traveseiro:
    Graciñas polo teu comentario, o título foi o primeiro que me veu á cabeza, deixoume abraiado naquela reportaxe-documental de Michael Moore cando defendeu tan apaixoadamente o emprego das armas como defensa persoal, e despois falan de matanzas e de como poden facer para evitalas.. (sic)

    un saúdo a todos

  6. o 2008-04-08 ás 5.06 pm 6.Nando dixo …

    Hay que preguntarlle a Penelope da sua época “Carmen Sevilla”, pero ainda asi decantome por Balan.

  7. o 2008-04-10 ás 11.10 pm 7.Jorge Cubela dixo …

    Eu tamén lle dediquei post, pero preferín centrarme nel como actor e non como persoa.

    UN gran intérprete manchado polas súas actitudes como Presidente dos rifleiros.

    Oxalá non existisen armas nin xente que as defendese.

    Unha aperta

  8. o 2008-04-10 ás 11.39 pm 8.breogain dixo …

    Concordo coa túa afirmación Jorge, ogallá non existisen as armas e polo tanto tampouco as guerras, sinto dicir que Charlton Heston tamén será lembrado por algo máis que por ser un brillante actor de cinema, será tamén lembrado por ser un férreo defensor das armas e do seu emprego como autodefensa nos fogares norteamericanos, algo que hoxendia todavia non alcanzo a comprender, e logo veñen queixándose de que haxa mantanzas e traxedias, todo o mundo dispón dun arma, polo tanto é normal que a xente as empregue, tanto para o bo como para o malo.

    Un sáudo

  9. o 2008-04-14 ás 8.51 pm 9.Mariam dixo …

    Non teñen nada que ver as súas facultades como actor cos valores que el defendeu. En Estados Unidos está moi arraigada a idea de poseer armas para “defender a familia”. Creo que máis que unha cuestión de catro “exaltados” é algo que forma parte da súa cultura. Lembro un suplemento do diario El Mundo onde lle adicaran unha reportaxe a este tema. Nel aparecían familias “presuntamente normales” que poseían varias armas na casa. Nas fotos que ilustraban a reportaxe aparecian encantados e orgullosos, dician que tendo armas se sentían máis seguros. Nas fotos tamén aparecían os cativos da familia. Así, con toda naturalidade, sen ningún tipo de complexo. Non o comparto pero hai que respetalo.

  10. o 2008-04-15 ás 12.12 am 10.breogain dixo …

    Mariam, eu abrin os ollos hai unha chea de anos no tema das armas nos Estados Unidos de Norteamérica, lémbraste de David Koresh e maila matanza de Waco ?, unha máis de tódalas que viñeron sucedéndose despois, unha das máis sonada sen dúbida a de Columbine, despois de ver reportaxes como o de Jon Sistiaga sobre as armas nos fogares norteamericanos un pode ficar sorprendido ou indignado sen máis, o meu caso foi o segundo, paréceme lamentable que para sentirse seguros teñan que ter todo un arsenal nos seus fogares, ao alcance tamén de nenos e xóvenes que calqueira dia poden cometer unha barbaridade.

    Non o entendo de verdade, non discuto que se sintan máis seguros, pero non comprendo porqué hai que armarse de tal maneira.

    Un saúdo

  11. o 2008-04-15 ás 11.56 am 11.Mariam dixo …

    Penso que se unha familia de clase media de Estados Unidos considera que é bo ter un rifle na casa “polo que poida pasar” é porque ten medo. Se necesitan sentirse seguros é porque saben que a súa sociedade non é precisamente unha comuna hippie. Ahí está o problema, é un país rico pero cunhas desigualdades socias tremendas. Por outra parte, é un país onde se lle adican moitos recursos ó exercito e a industria armamentística. Eso implica que moita xente ten que estar familiarizada co manexo das armas. Entón, tendo en conta estes factores xunto cun acceso relativamente sinxelo as licencias de armas, pois…, xa se sabe, pasa o que pasa. Creo que o afán de poseer armas por parte dos cidadáns norteamericanos é un síntoma dun problema máis complexo que teñen pendente de resolver.

  12. o 2008-04-15 ás 2.55 pm 12.breogain dixo …

    estou dacordo contigo Mariam, pode que as teñan porque precisen defenderse, a sociedade norteamericana é violenta polas desigualdades socias soporta, ése pode ser un dous seus factores principais, pero non me negarás que a importancia e a releváncia que lle deron dende sempre a esas armas é demasiada, está moi metido na súa sociedade e o que deberia haber é un pouco de concienciación no seu emprego, porque dame que hai moita “alegria” na súa venda.

    Un saúdo

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.