Actualidade 11 abril 2008
O problema do leite, un máis de tantos.
Onte poidemos ver esta imaxe en moitos xornais e tamén nas televisións, os gandeiros remataron coa súa paciencia e optaron por pasar á acción como fixeran tamén dias atrás, desta volta foron atacadas tres cisternas con 50.000 litros de leite da empresa Leite Rio por parte de varios encarapuchados. O problema é grave non hai dúbida, namentres a nós nas grandes superficies subíronnos o prezo do cartón de leite nos últimos meses, en orixe, aos gandeiros págaselles cada vez menos e todos sabemos que os custos de producción e de mantemento dunha explotación gandeira subiron nos últimos anos, entón quén é o que sae realmente gañando con todo isto? os gandeiros acusan aos empresarios de prácticas de usura e éstes aos gandeiros de terroristas. O exemplo é moi claro, nun cartón que nos pode custar un euro nun supermercado o productor leva 0.45 céntimos, dos cales 0.40 custalle producir ese mesmo leite, polo tanto ten un marxe de beneficio duns míseros 0.05 céntimos de euro, cando o resto, uns 0.65 céntimos son a repartir entre o empresario e mailo distribuidor, isto é xusto?, a todas luces non. O feito constatado é que todo este problema pode conlevar ao abandono das explotacións leiteiras de Galiza por parte dos produtores, e que logo moitas das empresas galegas que mercan e comercializan este leite teñan que adquirilo fóra, coa súa conseguinte merma de marxe de beneficio, inda me lembro cando as marcas galegas de leite podíanse contar por dúcias.
Non sei se a creación do Grupo Lácteo Galego, ese proxecto do que levan anos e anos falando os nosos políticos acadaria algo, cecais facer un pouco máis de forza por parte dos produtores e ter algo máis de sentido común por parte dos empresarios, porque manifestacións como as de Jesús Lence no dia de hoxe non axudan de moito, cecais os consumidores galegos tamén teñamos que pensar moito a quén lle mercamos o leite cando imos ao supermercado, de todos é coñecido por exemplo, que a marca Feiraco non quixo pagarlle menos aos seus cooperativistas cando a industria alegou que tiñan que baixa-los prezos, alegou que non habia xustificación de ningún tipo e apoiou ao sector lácteo galego manténdose firme na súa actitude.
chúzame -







o 2008-04-13 ás 1.24 am 1.manel vazquez dixo …
a golpes co sector unha vez máis, e preguntome eu, canto tempo tardarán os usureiros en tumbalo, tratará a administración impedilo?
o 2008-04-13 ás 11.46 am 2.breogain dixo …
Ola Manel
primeiramente benvido a este blogue e graciñas por pasarte, penso que é a primeira vez que falamos.
O tema do sector leiteiro galego é algo que xa fede, sangrante diria eu, son anos e anos de abandono por parte da administración a un dos piares básicos do sector produtivo galego, o sector gandeiro sempre estivo abandonado por parte dos que nos governan e foi desmembrándose pouco a pouco, foron moitas as empresas extranxeiras que mercaron leiteiras galegas e daquel sector tan forte que tivemos somentes quedan as migallas, algunhas resisten pero polo que poidemos ollar estes dias, con empresarios máis preocupados polos seus marxes de beneficio que pola saúde do sector que lles da de comer, non se pode viver de costas ao produtor pagándolle unha miseria para gañar máis, que conseguimos con isto? que toda esta xente abandone as granxas e explotacións gandeiras e que rematemos nuns anos mercando o leite fóra, o sector que hai décadas era excedentario a este paso pode mudarse a deficitario, e iso seria un desastre económico, como ben dis, agardemos que o governo galego, na medida en que poida, faga algo e canto antes, teño coñecemento de que a Conselleria de Medio Rural estaba a moverse có tema do Grupo Lácteo Galego.
Un saúdo
o 2008-04-14 ás 8.21 pm 3.Mariam dixo …
Por desgracia non só os productores de leite pasan apuros. Tamén ós productores de mazás, patacas ou cebolas lles pagan unha merda, con perdón, e logo nos supermercados véndense moi caras. Dame moita pena que á xente que traballa no agro se lle negue un nivel de vida digno. Non o entendo, de verdade. Creo que debe ser cousa dos monopolios. Está claro que as grandes cadeas de alimentación dominan o mercado e son as que impoñen os prezos.
¿Qué vai pasar no futuro? Non o sei, non teño a bola de cristal por aquí, pero pode ser que a este paso Galicia se converta, en poucos anos, nun país no que as actividades económicas vinculadas ó sector primario teñan escasa ou nula presencia. Xa case se desmantelou a pesca tradicional e o agro, como non se lle bote unha man, vai polo mesmo camiño.
o 2008-04-15 ás 12.07 am 4.breogain dixo …
Mariam, razóns non che falta, eu tamén concordo contigo en que é unha verdadera mágoa que un sector produtivo forte como é o agro-gandeira estexa a pasar por uns apuros tan terribles como levan dende hai alomenos unha década, sendo como fumos toda a vida excedentarios en materias primas o terrible seria que nun futuro, e debido en grande parte polo abandono das artes e traballos tradicionais, os galegos teñamos que mercar todo fóra, asi xa non nos quedará nada, somentes traballar de camareiros para o turismo, e polo camiño que imos con este outro sector, máis cedo ou máis tarde rematará tamén có noso patrimonio natural e xa non haberá tampouco nada que ofrecer aos de fóra.
Un saúdo e graciñas pola túa visita
o 2008-04-17 ás 11.56 pm 5.Ulmo de Arxila dixo …
Non nos queda outro remédio que luitar. E se ten que ser con rábia e pasamontañas (ao “estilo borroka”, como lin nun xornal que dava a notícia), pois non quedará máis remédio…
Adiante a Galiza gandeira!
o 2008-04-19 ás 5.07 pm 6.breogain dixo …
O sector gandeiro xa levou moitos paus e cousas coma esta acadarán rematar con el…nós como consumidores podemos facer algo? iso xa non o sei, a min repatéame ter que pagar o litro de leite a un euro namentres lle pagan unha miseria ao produtor galego, ter que pagar caro tamén o quilo de pataca galega namentres ao labrego da Límia lle pagan outra miseria, a iso non hai dereito.
saúdos