Cargando...

Caixón de xastre 26 maio 2008

¡¡ Hoxe cumprimos un ano !!

Case nada, hai que ver como pasa o tempo cando se está en boa compaña, agora mesmo o que vos escrebe estas liñas atópase desfrutando dunhas merecidas vacacións en Irlanda, do que dea de si esta viaxe xa vos contarei á volta, por suposto haberá un capítulo especial para os seguidores do noso apartado O mundo da cervexa, porque visitando a cidade de Dublín non podiamos pasar por alto unha visita á St. James's Brewery, a mundialmente coñecida fábrica de Guinness na capital da verde Eirín, de onde sae en exclusividade a stout máis consumida no mundo.

Pouco vos podo dicir deste ano que hoxe cumprimos, con este primeiro post comezaba a miña andaina blogueira, un proxecto que naceu con moita ilusión e que veu recompensado o seu esforzo coas vosas visitas dia tras dia, unha experiencia gratificante polo feito de poder plasmar aqui as ideas que van xurdindo do meu maxín, pola posibilidade de coñecer a moita xente, compartir inquedanzas e adquirir coñecementos tamén.

Para os interesados nas estatísticas -que como as meigas, habelas hainas- dicir que neste tempo publiquei 285 post e tiven máis de 1200 comentarios vosos, algo que sempre é ilusionante, A ponte vella atópase nun meritorio posto nº 120 dos máis de 5.466 blogues existentes en língua galega (o chamado blogomillo) e no posto nº 4 dos cadastrados en Blogaliza, as visitas até o dia de hoxe foron ao redor de 30.000, que non está nada mal para levar un ano.

Quén sabe canto máis estaremos aqui, pero namentres sigamos tentaremos divertirnos e pasalo ben, diso non teñades dúbida.

 

Chuzame! chúzame -

9 comentarios a “¡¡ Hoxe cumprimos un ano !!”

  1. o 2008-05-26 ás 2.02 pm 1.Ulmo de Arxila dixo …

    Os meus sinceros parabéns, Breo! E xa sabes, agora que vas ter oportunidade de fazer-nos a boca água coas tuas vacazóns irlandesas, xa podes ir aprendendo o “Happy birthady to you” en gaélico!
    Un saúdo

    Paulo

  2. o 2008-05-26 ás 2.23 pm 2.Andrés Milleiro dixo …

    Parabéns meu ;)

  3. o 2008-05-26 ás 5.30 pm 3.Julio Torres dixo …

    Breo: Noraboa e que sexan moitos moitos moitos anos máis. Ánimo e a seguir facéndoo así de ben.

    Un saúdo para tod@s desde Sanxenxo
    Carpe Diem

  4. o 2008-05-26 ás 9.26 pm 4.O Traveseiro dixo …

    Parabéns e que cumpras moitos máis. Iso sí, penso que a ocasión merece algo mellor que unha pequena magdalena… unha tarta de Mondoñedo polo menos. ;)

  5. o 2008-05-27 ás 3.47 pm 5.Brugal con Cola dixo …

    Felicidades!

  6. o 2008-05-27 ás 7.02 pm 6.Luis dixo …

    Noraboa!!!!!! Alédome moito que despois dun ano segas animando a globosfera como o fas cos teus interesantes artículos. Un saúdo Breogáin, e non deixes de publicar!

  7. o 2008-05-27 ás 9.20 pm 7.deisler dixo …

    Noraboa! …é que cumpra moitos mais :P

  8. o 2008-05-28 ás 11.48 pm 8.RamiroPereira dixo …

    parabéns breogain, a verdade que está moi currado hehe. E parabéns a ti tambén por essa pedazo de viagem, espero que o pasaras de luxo. Vemo-nos o domingo en Pasarón!

  9. o 2008-05-28 ás 11.59 pm 9.breogain dixo …

    graciñas a todos polos vosos comentarios, xa estou de volta da viaxe, cargado de fotos e de moita ilusión, foi unha experiencia moi gratificante, mágoa de non ter collido un par de dias máis para facer algunha excursión, o tempo que non dou para máis.

    Pero xa vos contarei máis polo miúdo a experiencia mañá, agora toca descansar.

    Saúdos a todos :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.