Internet 17 abril 2008
e falando de blogues gastronómicos…

Hai tempo que visito un par de blogues gastronómicos que penso poden pertencer a dous bloggers da nosa cidade ou dos arredores, concretamente son de pinchos e another cow in the corn, e polo que puiden ollar dame a impresión de que deben ser parella. O que levo visitando máis tempo, -pero no que non adoito participar pola miña limitada cultura culinaria- é o de Makeijan, another cow in the corn, un blogue cheo de bos consellos para papar ben e ir a tiro fixo cando saimos a cear fóra da casa, o tipo de pratos dos que fala adoitan ser algo máis elabourados que os doutro blogue do que vos falo a continuación, restauración ou cociña de "autor" que lle chamaria algún, non sei, pero somentes con ve-las fotos xa me entra fame. De pinchos en troques fala dun das artes gastronómicas máis populares e reconfortantes, o tapeo, quén de nós non terá tapeado polo casco vello de Pontevedra algunha vez, no Rianxo, no Saudade, no Maristas ou en calqueira dos múltiples locais que temos ao noso dispor, ben é certo que o de acompaña-lo viño ou cervexa cunha tapa está en desuso, agora está á orde do dia poñer somentes unhas pataquiñas ou unhas olivas, neste outro blogue é Moraiminha a que nos recomenda locais onde desfrutar dun dos mellores praceres que existen, degustar unha caña de cervexa acompañada dunha boa tapa.
Pasádevos por ámbolos dous sitios e se cadra descubriredes algún recuncho de Pontevedra ou arredores que poida que inda non coñezades.
chúzame -







o 2008-04-18 ás 12.44 pm 1.moraiminha dixo …
Moitas grazas polas visitas a Depinchos e por falar ben del… De seguro que coincidimos calquera día tomando unha caña, ou quen sabe, igual xa nos temos atopado.
Noraboa polo teu blogue.
o 2008-04-19 ás 4.58 pm 2.breogain dixo …
A ti moraiminha por ter ese blogue tan currado, sempre está ben un blogue temático e máis falando de lugares de pinchos e de “picoteo” por Pontevedra e arredores.
Un saúdo e parabéns a ti tamén por “de pinchos”
o 2008-04-20 ás 11.05 am 3.makeijan dixo …
Moitas gracias!. Cando nos vexamos, terei que invitar eu ;-).
o 2008-04-20 ás 2.58 pm 4.breogain dixo …
A ti Makeijan polos teus blogue gastronómico, unha auténtica delicia
saúdos