Cargando...

O mundo da cervexa 26 abril 2008

¿O futuro da cervexa en perigo?

Lembraredes que estes dias os telexornais informáronnos da suba do prezo do arroz, e tamén do sorprendente racionamento que ante a súa posible escaseza fixeran os supermercados norteamericanos Wal*Mart, ben, pois semella que coa cebada podería acontece-lo mesmo, e polo efecto do cambio climático segundo nos contan os expertos na materia. Éstes advírtennos que o quencemento global do planeta está a rematar pouco a pouco coas reservas de auga, nada novo, xa o sabiamos, pero semella que tamén hai problemas có cultivo da cebada, o cereal básico e esencial para a producción desa bebida tan popular e querida por moitos de nós. Explícanos un científico neocelandés, que o clima vai afectar gravemente aos cultivos deste cereal e encarece-lo produto, isto sumado tamén aos problemas do abastecemento de auga conlevará que o prezo final da cervexa se incremente espectacularmente, polo tanto haberá un grande desabastecemento ou uns prezos prohibitivos para a maior parte da povoación, pero acouguemos, que segundo explican máis polo miúdo isto non acontecerá alomenos ate dentro duns 30 anos, asi que inda poderemos desfrutar moito tempo do pracer de degustar unha boa cervexa.

De tódalas maneiras, non estaría de máis coida-lo noso planeta para que todo isto non aconteceza, e non digo polo futuro da cervexa, senón polo futuro de todos nós, brindemos por elo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

8 comentarios a “¿O futuro da cervexa en perigo?”

  1. o 2008-04-26 ás 1.56 pm 1.Andrés Milleiro dixo …

    jajajaja máis dun mataría antes de que se extinguise a cervexa ;)

  2. o 2008-04-26 ás 5.58 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    NO ME DES ESTOS SUSTOS!!
    jaja

    Y eso que me he propuesto echar hasta que acabe el curso sin volver a probar en alcohol, por ahora llevo 2 semanas, jaja

    Saludoss

  3. o 2008-04-26 ás 8.33 pm 3.deisler dixo …

    Se periga a cervexa a mi me da algo…:(

  4. o 2008-04-26 ás 11.01 pm 4.Ulmo de Arxila dixo …

    Coincido con todos vós, ainda que nalgunha parte xa hai que pedir-lle un crédito ao Banco para poder tomar unha cañita ou unha clara.

  5. o 2008-04-27 ás 2.49 pm 5.breogain dixo …

    eu fun o primeiro sorprendido ao ollar esta nova hai uns dias nun xornal dixital, pero non debe de extrañarnos o máis mínimo, vendo como está subindo todo, principalmente os alimentos e entre eles os cereais, pois non será unha cousa moi rara que có tempo tamén comece a subi-lo prezo da cervexa e remate por ser unha bebida tan cara como algúns viños de calidade…

    Un saúdo :)

  6. o 2008-04-27 ás 8.40 pm 6.Ulmo de Arxila dixo …

    Por certo, Breo, que acabas de ser distinguido co prémio “Brillante Weblog 2008″. Para máis informazón, pasa-te polo relanzo do salmón e xa me contas. Unha aperta!

  7. o 2008-04-27 ás 10.12 pm 7.Andrés Milleiro dixo …

    Seica ardeu o forno de Acuña ao carón da miña casa meu, ¿viches as fotos?

    http://miraquefaciles.blogspot.com/2008/04/ultima-hora-espectacular-incendio-en.html

  8. o 2008-04-28 ás 2.56 pm 8.breogain dixo …

    Ufff… pois non tiña nin idea do incendio, acábome de enterar escoitando a radio na cociña hai un chisco, fantásticas fotos as do blogue ese que supoño será tamén de Pontevedra, menudas lapas que saian polo tellado, pero sendo de madeira e tal non me estraña nada..

    un saúdo

    Ulmo:

    Xa lle botei unha ollada ao tema, en canto poida farei menzón ao premio :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.