Cargando...

Música 19 xuño 2008

Sorprendente versión “eléctrica” do Canon de Pachelbel

Non teño nin idea da nacionalidade do rapaz que sae tocando neste video, pero coido que o seu nome é Funtwo, o que si me atreveria a augurarlle é un futuro prometedor no mundo da música. O video que foi subido ao portal youtube no mes de nadal do ano 2005 pasoumo un amigo hai uns dias, o primeiro que me sorprendeu antes de comezar a olla-las imaxes foi a espectacular cantidade de visitas que tivo nestes dous anos e medio, máis de corenta e un millóns e medio, posiblemente o video de youtube con máis visitas que ollei na miña vida. O tema en cuestión é o Canon do compositor alemán Johann Pachelbel, certamente o seu nome completo é Canon e Giga en Re maior para tres violinos e baixo continuo, un clásico da música barroca e que máis dun empregou o dia da súa voda.

O dito, non perdades detalle desta fantástica interpretación, sinceiramente sorprende o dominio da guitarra que ten este fulano rapaz.

Chuzame! chuzame -

3 comentarios a “Sorprendente versión “eléctrica” do Canon de Pachelbel”

  1. o 2008-06-21 ás 12.29 pm 1.Innisfree dixo …

    ¡Qué casualidad! Hace poco que el Canon de Pachelbel fue usado también por el grupo irlandés Kíla para su último éxito. Les quedó muy bien, la verdad. Pedazo de tema. Os lo recomiendo:
    http://innisfree1916.wordpress.com/2008/01/06/leath-ina-dhiaidh-a-hocht-de-kila/
    Unha aperta,
    Chesús

  2. o 2008-06-21 ás 1.07 pm 2.Manuls dixo …

    A versión está moi moi ben, aínda que o tío se equivoca nalgún acorde :)

    Pero para versión de Pachelbel esta: http://youtube.com/watch?v=rnv_wDWwD7c

  3. o 2008-06-22 ás 4.17 pm 3.breogain dixo …

    Chesús; desconocia ese tema de los Kila, tengo algo de ellos por casa pero no está entre ellas la pieza que me recomiendas y que ya pude disfrutar hace un rato y como tu bién comentas es un pedazo de tema. Personalmente mi grupo irlandés preferido son los Lúnasa, temas como spoil the dance o fest noz me encantan.

    Manuls , boteille unha ollada hai un chisco ao paisano ese que me recomendas na ligazón e rin un bo cacho, menos mal que estaba subtitulado porque o meu inglés non é demasiado bo e asi puiden desfrutalo mellor, menudo cachondo o tio :)

    Un saúdo aos dous

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.