Cargando...

Actualidade & Historia 7 maio 2008

A resposta correcta é… Irlanda !!

Non vaiades pensar que estamos nun concurso deses da televisión, aqui non temos nin caixas máxicas, nin paneis a descubrir, nin tan sequera letras coas que formas palabras, este suxerente título (suxerente alomenos para min) ven a colación da pregunta que vos facia neste post de primeiros de marzo. Algún de vós andivo moi ben encamiñado ao dar a resposta, Ulmo de Arxila e Carmiña deron no cravo ao falar de Èire (Irlanda), Deisler sabedor da miña afección pola boa cervexa tamén estivo acertado, Andrés fíxose o longuis pero ben sabia de antemán a onde ia ir, o que pasa é que soubo mante-la intriga até o final.

Pois si ilustres visitantes da miña humilde morada na internet, a resposta correcta é Irlanda, a vella illa esmeralda tamén chamada Èire en língua gaélica será a afortunada en desfrutar da presenza de dous galegos que van aló á aventura, máis que nada porque non temos nin papa idea de inglés, e moito menos de gaélico irlandés, en galego supoño que será todavia máis complicado facerme entender. Viaxamos concretamente á súa capital Dublín (Baile Átha Cliath), traducido como Estanque negro, atópase na beira do rio Leffey, cidade fundada orixinalmente como centro do comercio vikingo de escravos e que ven sendo a capital da República de Irlanda dende a Idade Media. Viaxamos cunha das dúas compañias irlandesas de low cost, concretamente con Aer Lingus -se alguén se fixou na foto do anterior post xa veria nela unha boa pista- e a nosa intención é visitar todo o que poidamos en catro dias, principalmente o Trinity College (Book of Kells), o Castelo de Dublín, a Igrexa de San Patricio (patrón de Irlanda), o Temple Bar e por suposto a St James's Gate Brewery, a fábrica da cervexa stout por excelencia, onde se atopa a Guinness Storehouse, da que por suposto haberá un capítulo aparte.

Pois nada, en menos dun mes atoparémonos de camiño a unha das sete nacións celtas, agardemos desfrutar intensamente desta viaxe da que prometemos contarvos detalles á volta.

Slàinte !!

  

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 comentarios a “A resposta correcta é… Irlanda !!”

  1. o 2008-05-07 ás 4.18 pm 1.Rick dixo …

    Buena elección :)

    Yo fui con la novia hace 6 meses y la verdad es que aquello es precioso.

    Con el ingles no tendrás ningún problema (y allí además hay españoles a porrillo)

    Te iba a comentar un poco que podías visitar y eso, pero casi mejor te dejo los posts de mi blog y así tecleo menos y hago spam, dos pájaros de un tiro ;)

    http://rick.jinlabs.com/archivos/tag/irlanda/

    Saludos, y pasarlo bien!

  2. o 2008-05-08 ás 7.51 pm 2.Jorge dixo …

    Boas meu!

    Se todo o que pos aquí o sabes por ti so, quítome o sombreiro ou como din agora os elitistas de cidade, chapeau.

    O de Telmo “de que era alcalde na oposición” quixen dicir que é quen ten ideas de alcalde, pero dende a oposición.

    Unha aperta

  3. o 2008-05-08 ás 11.52 pm 3.Brugal con Cola dixo …

    Pasalo bien!!

    jaja

  4. o 2008-05-09 ás 8.25 pm 4.breogain dixo …

    Graciñas a todos, agardamos pasalo ben alá, hai unha chea de anos que tiña pensado ir, pero por unhas cousas ou por outras non daba feito esta viaxe, asi que para finais deste mes partirei rumbo á illa esmeralda, agora mesmo estou practicando có diccionario de frases en inglés, máis que nada por se teño que entablar conversa con alguén, vamos, cando falo de conversa refírome a preguntar algo como onde xantar ou como chegar a un determinado sitio :), polo demais dicir que levo todo moi definido e agardo poder ollar todo o que teño xa pensado de antemán, serán catro dias ben aproveitados.

    Un saúdo e graciñas a todos, prometo tirar moitas fotos e algún que outro video :)

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.