Deportes 19 abril 2008
Pontevedra C.F. vs Celta de Vigo B (20/04/08 17:00h)
Os dous equipos da provincia enfróntanse no que de seguro será un partido de nivel, ámbolos dúas escuadras agardan acada-la victoria este domingo e sumar eses tres puntos que serán tremendamente importantes, no caso dos granates para afianzarse máis nos postos darriba que nos darán o privilexio de xogar un ano máis o play-off de ascenso á Segunda División. Para min como socio e siareiro granate o de hoxe será un partido especial, sempre gosta xogar contra o noso veciño de Vigo, non por localismos estúpidos, cós que non estou para nada dacordo -todos somos galegos-, senón por mera rivalidade e por ollar aos xogadores celestes pisando a herba de Pasarón. O partido non será unha final pero si é moi importante para as nosas aspiracións, temos que continuar con esta racha de bos resultados que nos levaron outra vez a ocupa-los primeiros postos da táboa clasificatoria, o último partido na casa contra o Atlético de Madrid "B" conseguiu de novo esa comuñón entre xogadores e bancada, os derradeiros minutos do partido foron dunha intensidade como non se vivian no municipal de Pasarón dende hai moitos meses, a euforia unha vez rematado o partido tanto de afección coma de xogadores ten que ser unha inxección de ánimos para afronta-la recta final desta tempada na que os locais foron algo irregulares de máis.
Os de Xavi Gracia saben que estaremos con eles e que o vello Pasarón acollerá unha boa entrada, o Celta de Vigo "B" ven de da-la campanada contra o Universidad de las Palmas e virán a por todas, nós temos que asegura-la presenza na fase de ascenso un ano máis e queremo-la victoria, outra cousa non nos vale.
A por eles granates !!
chúzame -







o 2008-04-19 ás 2.04 pm 1.Brugal con Cola dixo …
Una victoria este domingo aseguraría prácticamente la fase de ascenso.
A ver cómo juegan porque en casa cada día lo hacen peor.
Saludos granates.
o 2008-04-19 ás 5.00 pm 2.breogain dixo …
Ola Brugal:
Agardemos que non choiva demasiado o domingo, hoxe levamos un dia pasado por auga e semella que non vai acougar en moitas horas. No deportivo outra cousa que a victoria non nos vale, temos que comezar a sumar de tres en tres e cantos máis mellor, asegurarnos un posto na vindeira fase de ascenso é unha urxencia despois do xogo irregular deste ano, sobre todo algúns partidos lamentables que fixemos na casa.
O dito, sorte e a por eles !!!
o 2008-04-19 ás 10.24 pm 3.Julio Torres dixo …
Coas poucas xornadas que faltan todo se pon emocionante. Espero que ó final nos clasifiquemos para a fase de ascenso e…a a terceira vaia á vencida e retornemos á 2ª A.
Un saúdo desde Sanxenxo
Carpe Diem
o 2008-04-20 ás 3.00 pm 4.breogain dixo …
Agardo que si, moi mal se nos ten que dar a recta final da tempada para non clasificarnos para o play-off, un hándicap no partido de hoxe será sen dúbida o clima adverso que temos estes dias, de seguro que chovera e moito a iso das cinco do serán..
un saúdo
o 2008-04-20 ás 4.14 pm 5.deisler dixo …
Home,se chove,será unha mala nova para o espectáculo,pero non creo que iso nos perxudique máis a nós que o rival, que non é dos que xogan ó patadón e que tamén ten xogadores de calidade coma algun dos nosos.
Pero como imos gañar si ou sí, non haberá problema ningún
Animade por min hoxe, que para o seguinte partido en Pasarón estarei case seguro por alí.
Saúdos !
o 2008-04-21 ás 9.41 pm 6.breogain dixo …
Impresionante segunda parte do Pontevedra, o campo non estaba para moitas florituras, ademais caeu unha tronada tremenda ao longo do partido, pero os granates souberon saca-lo mellor deles e foi un dos mellores partidos na casa de toda a tempada, empurrando sempre cara adiante e dándoo todo, moi ben Dani desbordando pola súa banda e Igor tremendo, Charles tamén tirou ao pao, a defensa pese a ser nova estivo moi ben, recuperando moitísimos balóns.
Unha forte inxección de moral de cara ao play.off
saúdos granates !!