Política 28 abril 2008
¿Cal é o papel dos exércitos?
Vaia sempre por diante o meu anti-militarismo activo inda que fixera o servizo militar hai uns doce anos, a algúns isto lles poderá semellar unha contrariedade, pero nin máis nin menos que foi para, no seu dia, non perder máis de nove meses da miña vida nestas historias, basicamente porque a obxección de conciencia eran dous anos e non tiña tanto tempo.
Todo isto ben porque no serán do pasado sábado rematou o pesadelo que tiña en vilo a moitas familias bascas e galegas dende hai perto dunha semana, os xornais e as televisións informáronnos de que os piratas abandonaran o barco Playa de Bakio e que éste navegaba rumbo ás illas Seychelles escoltado por unha fragata da armada española. Dende o governo español falan de que non houbo que pagar ningún ningunha cantidade económica pola liberación dos mariñeiros e que todo foi froito da diplomacia sen máis. Persoalmente pregúntome ¿para que están os exércitos como o español en tempos de paz de escasa actividade militar?, hai anos que a frota atuneira solicitara un certo grao de vixilancia por parte do governo español naquela zona do Índico, non son poucos os barcos que ali faenan e sabedores do perigo que corren non estaria de máis algo de presenza militar como teñen outros paises. Está moi ben colabourar en tarefas de reconstrucción de paises en guerra como Kosovo, Líbano ou Afganisthan ou supervisa-la limpeza de procesos electorais en paises de democrácias fráxiles, pero tamén haberá que defende-los intereses propios "allende los mares", e máis se está constatado o perigo que corren por faenar naquela zona infestada de piratas, polo tanto é preciso unha rectificación por parte do Ministerio de Defensa de Carme Chacón e un reprantexamento das súas actividades máis aló da intervención en conflictos internacionais. Hoxe foron estes mariñeiros os que se xogaron a vida naquelas augas, mañá pode ser calqueira outro, quén sabe se algún de nós.
Sexa o que fóra, parabéns ao governo español e aos Ministerios de Defensa e Asuntos Exteriores polo seu traballo diplomático, agora o que menos importa é se chegaron a pagar rescate ou non, o principal é que estes homes de Baiona, Poio, Marín ou de Bermeo nuns dias estarán nas súas casas.
Foto: Axencia EFE
chúzame -







o 2008-04-28 ás 10.52 pm 1.Loli66 dixo …
parabens para os que votan a casa e para os que os esperan…
alégrome de que volten sans e salvos.
o mundo cada vez está mais enreversado…piratas!
estás a traballar nus dos traballos mais sacrificados que ai, para perder todo por un piratas! e incréíble, e graças que veñen vivos.
o 2008-04-28 ás 11.56 pm 2.breogain dixo …
iso é o máis importante, que non houbo que lamentar a perda de vidas humanas, pero de tódalas maneiras os governos, concretamente o español, deberia reprantexa-la actividade da súa mariña, de que serve facer prácticas en alta mar diante das nosas costas, xa postos que despracen durante a marea un navio para escoltar, vixiar ou supervisar os movementos da frota de barcos de pesca en paises ou lugares “conflictivos” coma ese, xa postos a gasta-los cartos en pasearse cós barcos, que vaian a facer patrullas en augas internacionais diante desas costas ou doutros sitios perigosos con presenza de barcos españois, seria o máis lóxico, ao final tiveron que desprazar esa fragata e varios avións, se estiveran alí cecais non houbera acontecido isto e tamén aforrarian os cartos do rescate.
Un saúdo
o 2008-04-30 ás 4.13 pm 3.Sísar dixo …
Yo que tengo muchas familia marinera este ha sido un tema que me he seguido con bastante interés. Por supuesto que hay que celebrar que estén todos sanos y salvos pero el fin muchas veces no justifica los medios.
Confñio en que se hicera de una forma digna porque de lo contrario se habrá puesto en peligro a la otra veintena de barcos que navegan en la zona. Desconozco el caso pero no tenemos submarinos para seguirlos después del recate? Ahí coincido contigo Breogain de que nos serven os exércitos se logo mostrándose incapaces de resover unha situación de estas.
Hoy Al Qaeda ya ha emitido un comunicado indicando como objetivos todos los intereses europeos en el Indico. A ver que da de esto y como se gestionó que por el momento se desonoce.
o 2008-04-30 ás 9.33 pm 4.breogain dixo …
Sísar
Por suposto que o primeiro era traelos para as súas casas sans e salvos, pero agora quedan unha veintena de barcos alí e os de Al Qaeda estarán ao tanto das súas posicións, estou case seguro que o governo español (ou o armador) pagou un rescate pola súa liberdade, polo tanto ahí se abre unha posible vía de ingresos para esas guerrillas que de seguro voltarán a atacar aos barcos que faenan polas súas augas, ou máis ben polas augas internacionais fronte as súas costas, porque Somalia o que é ter governo, non ten demasiado, a rexión de onde previsiblemente proviñan eses piratas é Puntland, un pais que declarou a súa independencia unilateralmente e inda non foi recoñecido por ningún pais…con xente asi que se pode facer?
Un saúdo
o 2008-05-01 ás 1.36 am 5.Sísar dixo …
Lo tenemos jodido sincenramente con todo este radicalismo. Yo creo que aquí faltó un ejercicio de comunicación con la oposición y mantenerlos informados porque la salida de Soraya no es de recibo cuando aun están llegando a casa los marineros secuestrados.
o 2008-05-02 ás 12.52 am 6.breogain dixo …
a min, xa queréndolle sacar punta a todo (vai isto por diante) escarállanme algúns xornalistas e tamén políticos que nin puñeteira idea teñen de como chamarlle aos homes que estiveron secuestrados polos guerrilleiros de Somalia, farteime de escoitar estes dias como lles chamaban PESCADORES !!!!
Por favor señores, un pouquiño de rigor e de seriedade, xa volo contou un rapaz d’O Grobe cando a traxedia do Prestige e caloulle a boca a máis de un, pescador é o que pesca coa cana, MARIÑEIRO son os que andan a xogarse a vida embarcados e de marea en marea, nalgúns casos catro, cinco ou seis meses sen vir pola casa.
Pois iso, seriedade ao falar, que dicimos calqueira cousa e máis dun pódese sentir ofendido, e cómo se a min dáseme por chamarme xornalista porque escribo un artigo de opinión de cando en vez no meu blogue..
Saúdos