Cargando...

Internet 5 maio 2008

Recibemo-lo premio “Brillante Weblog 2008″

Que mellor intre para recibir un premio que cando estamos a piques de cumprir un ano de vida, semella incríbel pero é certo, este pequeno recuncho que lle dimos por chamar A ponte vella ten xa unha boa panda de parroquianos, e entre eles un que estivo disposto a alegrarnos o maldito luns cun premio tan prestixioso como o Brillante Weblog 2008 que por suposto recibemos de bo agrado.

A persoa da que vos estou a falar non é outra que Paulo e o seu blogue An Fianna, un lugar adicado ás culturas galega, castrexa e celta por extensión, un obrigado lugar de parada e fonda para todos aqueles, que coma min, están interesados pola nosa cultura de raigame nun amor que traspasa o terrenal e achégase case ao espiritual, un magnífico lugar para beber un grolo da mellor música folc galega ou bretona, para desfrutar coas historias sobre Irlanda ou coñecer datos e curiosidades de viaxes ben documentadas con magníficas fotografias. 

Sabedor que receber este premio implica unha serie de compromisos, entre os cales están os de nomear a outros sete blogues que ao teu modo de ver destacan polos seus contidos ou deseño, -ademais de avisarlles que reciberon o premio, mostralo no meu blogue e facer unha ligazón ao seu blogue agradecéndolle o mesmo- aqui van os meus:

  1. Andrés Milleiro blog, que podo dicir deste home, gran informático e mellor amigo, sen a súa inestimable axuda e mailos seus consellos non estaria aqui hoxendia, máis que nada porque foi el quén me convenceu de meterme nestas historias, hai pouco que comezou con outro blogue, éste en galego.

  2. Beber para olvidar Un dos primeiros blogues de Pontevedra que coñecín e polos que me paso case a cotío para informarme da actualidade da miña cidade, sempre ao dia coa mellor información local e na xornada dominical con fantástica música na que moitas veces coincidimos.

  3. Vides Novas Un modesto blogue para unha grande persoa, moitos de vós non o coñeceredes, pero Mundo, o seu autor, é un traballador incansable a prol da nosa música tradicional, director da Agrupación Folclórica Vides Novas de Poio, sempre está disposto a botarlle unha man á mocidade da parroquia e ése é un dos principais motivos polos que fixo o seu blogue, un dia destes falareivos máis polo miúdo del.

  4. Blog de César Abal inda que estexamos nas antípodas nos nosos prantexamentos políticos, gústanme as reflexións que sobre a política local fai César dende o seu espazo na rede, sempre crítico có governo actual (cando hai motivos claro) axúdame a ollar ás veces a outra cara das noticias, e estaredes conmigo que a disparidade de opinións é precisa.

  5. Radio Macuto outro dos blogues máis antigos que visito da nosa cidade, Luis ven sendo un emigrante retornado á Pontevedra, no seu blogue fálanos de calqueira cousa, comezando pola actualidade local e rematando por consellos de farmacia, todo ten cabida nese recuncho da rede.

  6. Innisfree1916 o blogue de Chesús Yuste, un lugar que toca a miña fibra sensible dende hai xa uns cantos meses, Irlanda en estado puro, historias, actualidade, música e fotografía, unha fantástica páxina para visitar e desfrutar da marabillosa illa esmeralda dende a visión persoal deste aragonés de pro.

  7. O Traveseiro como ben define o seu autor, unha visión atravesada do reporte rei, un lugar que como bo afeccionado ao fútbol non podo deixar de visitar, unha visión persoal do balompé e de todo o que lle rodea.

Pois isto é todo, noraboa aos agraciados e a seguir traballando duro como ate o dia de hoxe, a seguir facéndonos desfrutar cós vosos relatos, coas vosas historias e coas vosas fotografias, porque se para algo serve o feito de ter un espazo coma éste é para compartir experiencias e inquedanzas cós demais, para compartir ledicias e tamén porqué non penas, porque compartindo facémonos un pouco máis ricos cada dia que pasa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

4 comentarios a “Recibemo-lo premio “Brillante Weblog 2008″”

  1. o 2008-05-05 ás 4.26 pm 1.Sísar dixo …

    Muchas gracias. Este es quizá de los premios que más me enorgullezcan porque desde distintos pensamientos ideológicos has sabido apreciar mi buena fe y planteamientos. Yo sigo pensando que estamos más cerca en nuestros planteamientos de lo que pensamos y muchas veces nos movemos distorsionados por la prensa que etiqueta a las personas.

    Unha forte aperta Breogain.

  2. o 2008-05-05 ás 9.30 pm 2.Brugal con Cola dixo …

    Gracias. Me alegra que te guste el weblog. Mis premiados serían los que salen en los enlaces de mi pagina.

    Saludos y espero q no te parezca mal que haga una entrada específica para ello.

    Unha aperta no, que me recuerda demasiado a los teletubbies, jaja

    Saludos

  3. o 2008-05-06 ás 1.35 pm 3.O Traveseiro dixo …

    “Me llena de orgullo y satisfacción…” Graciñas Breo por concederme este premio, pero non sei se renunciar a el. Non é por despreza-lo, me falte Diossss!! senón porque se o acepto me obriga como a ti a nomear a outros blogues, avisa-los… e co preguiceiro que son eu.

    E que hai blogues que son referentes para min e por unha cousa ou outra non deixo comentarios neles e non sei que me dá agora poñerme a elo. De tódolos xeitos, pídoche que mo deixes aí, a bo recaudo e me des un tempo para pensar se cho recollo. Máis seguro que si, pero dame algo de tempo.

    Cando así aconteza, o saberás. Apertas e graciñas!!

  4. o 2008-05-06 ás 2.45 pm 4.breogain dixo …

    eu son o primeiro en non estar moi dacordo con estes premios ou mesmo cós memes, obrigan a unha persoa a escreber sobre algo que non quere ou non lle apetece, se para algo se fai un blogue persoal é para escreber do que che “peta”, polo tanto para nada estades na obriga de seguir có choio este, é máis, eu non continuei un par deles polo mesmo motivo, porque é unha obriga e en moitas ocasións non apetece.

    Entendereino e tomareino como algo normal, non teñades medo :)

    Un saúdo a todos !!

Subscribete aos comentarios via RSS Feed

Escrebe o teu comentario no recadro de abaixo.