Deportes & Política 29 abril 2008
Mariano Rajoy e o Pontevedra Club de Fútbol
Veño de escoitar unhas declaracións do lider da oposición, o galego Mariano Rajoy, que me acaban de deixar fóra de lugar. O primeiro espada do Partido Popular respostaba a unhas preguntas sobre o fútbol español que lle facían onte na súa visita ao Clube de Tenis de Barcelona, cara ao final remataron por falar do importantísimo partido desta noite entre o F.C. Barcelona e o Manchester United, a semifinal da Liga de Campións...
Xornalista - ¿Quién piensa que ganará esta noche?
Mariano Rajoy - Pués mire usted, no es fácil porque el Manchester no es el Pontevedra precisamente, pero no hay que perder la fé <...>
E do resto da entrevista a verdade non me lembro, escoiteino na desconexión local da Cadena S.E.R. para Pontevedra, sei de sobra que Mariano Rajoy é merengue, pero iso non lle da dereito a mofarse unha vez máis de Pontevedra e dos pontevedreses, quizais a algún lle parecerá que non é para tanto, pero como socio do Pontevedra Club de Fútbol e por suposto como veciño de Pontevedra, lamento fondamente ter escoitado estas declaracións e máis vindo dunha persoa veciña da nosa cidade.
Dende de A ponte vella solicitamos unha rectificación por parte de Mariano Rajoy e unha desculpa a Pontevedra e a tódala súa cidadania que onte se veu menosprezada.







o 2008-04-29 ás 5.54 pm 1.O Traveseiro dixo …
Mellor que non rectifique, meu, que este impresentábel cada vez que fala a caga e é capaz de deixarnos peor aínda.
o 2008-04-29 ás 8.36 pm 2.Brugal con Cola dixo …
Si se acuerda de Pontevedra mal y si no se acuerda peor…
Pero qué cojones, los catalanes aun tienen suerte que no se enfrentan con el Pontevedra que sino seguro que no pasaban!!!
Imagínate a Charles dejando atrás a Abidal e Igol imponiéndose al “tiburón”?? poniendo por delante al Ponte en ante el barsa.
Por eso que tal y como están tienen suerte que no se enfrenta ninguno de los dos equipos con el Pontevedra!!
Saludos
o 2008-04-29 ás 10.07 pm 3.clean75 dixo …
En fin insultar está fora de lugar, pero cada un que faga o que queira….
o 2008-04-29 ás 11.25 pm 4.breogain dixo …
Que este home é madridista ten un pase, pero se ves que os xornalistas pregúntanche polo partido do F.C. Barcelona e non queres respostar dándolle ánimos ao teu rival, pois non contestes, elude a pregunta ou sae pola tanxente, pero home de Dios, non mentes ao equipo da túa cidade para degradalo e poñelo como unha banda de torcebotas, sempre no caso de que teñas algún tipo de aprecio por Pontevedra, cousa que a dia de hoxe estou comezando a dubidar moi seriamente….
Rajoy, te has lucido macho !!!
o 2008-04-30 ás 3.53 pm 5.Nando da brea dixo …
De Pontevedra acordarase no vran. Cando da o solciño en Sanxenxo, e bebendo alvariño cunhas Necoras”.
o 2008-04-30 ás 4.03 pm 6.Andrés Milleiro dixo …
ai Mariano Mariano, a que te vai caer cando veñas á nova bancada de Tribuna…
o 2008-04-30 ás 4.06 pm 7.Sísar dixo …
Lo prometido es deuda Breogain. Vamos a ver, yo recuerdo perfectamente una entrevista de cuando Mariano Rajoy era ministro de Cultura en El Larguero donde le preguntaron por sus equipos y dijo que era del Pontevedra y nombró de carrerilla el once del Hai que Roelo, cosa que me dejó pasmado.
Esa afirmación no la veo mal, tiene a su ciudad en la cabeza y está claro que el Pontevedra ahora mismo nunca será el Manchester. Recuerdo que en campaña dijo una cosa que pasó desapercibida en una pregunta sobre la relación de Sarkozy y era algo así: “yo que soy de pueblo..” Esa a mí me molestó bastante aunque el trasfondo de la idea a transmitir era otra.
Dicen que una de las virtudes de Rajoy es que nadie sabe de que equipo es aunque simpatiza con el Madrid, los de Coruña piensan que es del Dépor, los de Vigo del Celta y en Pontevedra del Ponte aunque estoy seguro que de ningún otro equipo sería capaz de recitar de memoria un once histórico.
A Nando decirle que sin ir más lejos estás Navidades estuvo en la cabalgata de Reyes con su hijos en el centro como uno más, sin darle autobombo mediático.
Cometerá errores como muchos pero de su pasión por Pontevedra no tengo ninguna duda y ya ha dicho en repetidas ocasiones ante multitudes que cuando se retire volverá a su tierra que es esta (esto lo dijo la última vez en la cena que se le brindó el mes pasado en el Recinto Ferial).
Yo pienso que lo dice para hacer hincapié en su procedencia, que se hace así mismo sin padrinos y que llega arriba trabajando duro. Pero claro está, si escuchamos eso los de Pontevedra nos podemos sentir ofendidos y yo el primero.
Un saludo
o 2008-04-30 ás 9.27 pm 8.breogain dixo …
Sísar
Entendo que o Pontevedra C.F. non é o Manchester United F.C. e son o primeiro en recoñecelo, á vista está de todos, o que de verdade me molesta e incomoda é o feito de poñer ao Pontevedra de exemplo, xa sei que ao mellor saiulle pola boca o exemplo porqué ten á súa cidade na cabeza todo o dia, non serei eu quén diga o contrario, pero ben podia pór outro exemplo, ou cecais Mariano pensou por algún momento que esas declaracións non se ian escoitar aqui, có globalizado que está o mundo e máis a información, eu como granate e socio do Pontevedra véxome ofendio ao escoitar estas declaracións poñendo ao noso equipo como unha banda de torcebotas calqueira… supoño que non terá pensado rectificar, sei que é socio do Pontevedra e que vén por aqui en imnumerábeis ocasións, cecais para a fase de ascenso estexa sentado na nova tribuna, que teña por seguro que se hai asubios contra el eu serei un deles, con tódolos meus respeitos por suposto, pero antes de abri-la boca hai que pensar un pouco o que se vai dicir, se de verdade és de Pontevedra e levas con orgullo a túa procedencia predica có exemplo.
Un saúdo César
o 2008-05-01 ás 1.40 am 9.Sísar dixo …
A veces se cometen estos fallos y yo espero que rectifique. He visto en más blogs la noticia y la ofensa causada y el malestar es patente.
Un saúdo.
o 2008-05-01 ás 9.00 pm 10.Julio Torres dixo …
Estou totalmente dacordo contigo. E menos mal que o sujeto é de Pontevedra…Para amigos como éste mellor non fai falta ter enemigos…
Un saúdo.
Ah, deixeiche un agasallo para comer no meu blog.
o 2008-05-02 ás 12.44 am 11.breogain dixo …
Que tal Julio
paseime hai un chisco polo teu blogue, parabéns polo segundo ano de vida de “A lareira máxica”, eu estou a piques de facer o primeiro ano de vida deste recuncho na rede.
un saúdo
o 2008-05-02 ás 1.27 am 12.Julio Torres dixo …
Moitísimas gracias Breogain polos parabéns, polas visitas e polos comentarios en ALM. E felicidades a ti e a A Ponte Vella, tamén, por adiantado. Un bo moi agradable e bo.
Un saúdo desde Sanxenxo, amigo
Carpe Diem