Historia 1 Maio 2008
Beltaine, ou o dia que os galegos colonizamos Irlanda
Puido ser un dia tal que hoxe, primeiro de Maio e dia da festividade celta de Beltaine, cando os nosos antergos castrexos cruzaron en barca o mar que separa a nosa terra da verde Èire para conquistala. Segundo contan as crónicas do Leabhar Ghabhala, a tribo dos milesiáns conquistaron a illa de Irlanda para venga-la morte de Ith, un dos fillos de Breogán -o rei celta de Galiza-, o cal dende a torre construida polo seu pai en Brigantia, a que viria sendo a actual cidade de A Coruña, divisara a illa ao lonxe e viaxara ata ela para loitar coa tribu dos Tuatha de Dannan e conquistala. Segundo a información aportada por diversos estudos esta teoria recollida no libro das invasións poderia ser certa. Segue a crónica contándonos que o dia da festividade do deus Bel (Beltaine), chegaron Mil e os seus oito fillos e noras á desembocadura do rio Kenmare acompañadas por trinta e seis embarcacións de coiro, cada unha coa súa guarnición de soldados e có seu xefe de clan, loitaron encarnizadamente contra a tribo dos Tuatha de Danann, o povo da deusa Danu -os habitantes da illa-, conta tamén a lenda que a desputa foi nobre e valerosa, que ámbolos dous druidas de cada bando empregaron feitizos e invocacións máxicas e que a loita rematou tras varias batallas coa victoria dos milesiáns vidos dende terras galegas, a tribo de Dana agochouse entón baixo a superficie da terra. Séguenos a contar o relato que foron os mesmos milesiáns os que lle puxeron nome a esta nova terra conquistada, e que despois de negocialo coas tres deusas pertencentes á tribo dos Tuatha de Dannan (Banba, Fodla e Ériu) elexiron o nome de esta última na súa forma xenitiva, Erinn, para bautizala nova illa.
Hoxendia, a festividade de Beltaine é un dia de ledicia e diversión, na nosa cidade de Pontevedra temos un bo exemplo tódolos anos na praza da Ferreria onde se celebra a festa dos Maios, un evento moi participativo e con moitísima sona en todo o territorio galego.
Que desfrutedes e participedes do dia.
chuzame -








o 2008-05-01 ás 10.52 am 1.Andrés Milleiro dixo …
Vaia, cousas que descubre un. Maxino na distancia hoxe á Praza da Ferrería enchida de xente vendo o Festival dos Maios…
o 2008-05-02 ás 12.47 am 2.breogain dixo …
menudo diluvio que caeu esta mañá do primeiro de maio e dia da festa dos maios, eu facendo caso omiso á festividade tiven a mañá ocupada choiando, asi que non puiden ir a botarlle unha ollada aos maios e mailas coplas dos cativos, pero segundo contaron comezou tarde pola chuvia, mañá a ver que contan os xornais.
un saúdo dende Pontevedra Andrés
o 2008-05-04 ás 5.54 pm 3.Asociación San Miguel dixo …
Estimado amigo, efectivamente estivemos dando unha volta pola rede, e independientemente do valor dos teus comentarios, o que nos chamou a atención foi a foto da Ferrería, pero esquenceusenos facer o comentario, que che adxuntamos. Enhoraboa
o 2008-05-05 ás 2.40 pm 4.breogain dixo …
Pois moitas gracias por mostra-la foto no voso blogue, non ten alá moi boa calidade posto que foi tirada có meu móbil, pero se cadra a intención é o que conta non..? Pois un saúdo para vos e parabéns pola vosa páxina sobre a parroquia de Marcón, independentemente da implantación que teñades de internet é unha magnífica idea a de informar a toda a veciñanza por medio das novas tecnoloxías, ogallá cada barrio ou parroquia da nosa cidade tivera unha iniciativa asi.
Un saúdo a vós e por extensión a tódala xente de Marcón, teño algún amigo alí