Galiza 12 Maio 2008
Tirada de selos das nacións celtas…
Pode que non sexa un recoñecemento implícito da celtidade de Galiza, pero a verdade si que foi toda unha sorpresa maiúscula a de atopar esta nova hai uns dias en Vieiros. Para os que non estexades ao tanto do tema en cuestión, estouvos a falar de unha tirada de selos conmemorativos feita polo governo da Illa de Man, que por senón estades tampouco ao dia deste pequeno país, dicirvos que é unha illa que se atopa entre Irlanda e a illa británica que comprende a Escocia, País de Gales, Inglaterra e Cornualles -supoño que agora ficará ben aclarado-. Pois ben, como dicia, o governo da Illa de Man, que malia ter un certo grao de autonomía política, atópase baixo soberanía británica, sacou unha tirada de selos como adoita facer de cando en vez, a sopresa foi que desta volta a temática xirou encol das nacións celtas, sobre a unión intercéltica destes paises e Galiza foi incluida no mesmo saco grupo que Escocia, Irlanda, Bretaña, Cornualles, Gales, a propia Illa de Man e tamén Asturies.

Cada selo consta da bandeira propia de cada lugar e unha frase característica, para o caso galego escolleron a de unha terra, un povo e unha fala. Pois nada, como galego e tamén como afeccionado que fun á filatelia hai unha chea de anos, so me resta dicir que desde esta esquina de Europa, queremos darlle-los parabéns e as grazas ao Governo manés, humildemente considero isto como un xesto moi fermoso e solidario cós galegos e galegas e maila nosa cultura.
chuzame -








o 2008-05-13 ás 1.16 pm 1.Ulmo de Arxila dixo …
Cousa bonita! E un motivo de orgullo,digan o que digan os “anticeltistas” de médio pelo, que os hai ainda e en cantidades. Graciñas por dar a coñecer esta nova!
o 2008-05-13 ás 3.17 pm 2.breogain dixo …
Que tal Ulmo;
Ti ben sabes que o tema da “celtidade” daria para escreber libros e libros, sempre houbo e sempre haberá detractores que non den creto a esta teoria, cecais os que si acreditamos no pasado céltico de Galiza, Gallaecia ou do Regnun Sueborum sexamos uns románticos, de ser asi, considérome un máis de tantos.
Por certo, agardo poder botarlle unha ollada ao Book of Kells ou se podo ao Lebor Gabbala, que coido que están no Trinity Collegge de Dublín.
un saúdo
o 2008-05-14 ás 2.14 pm 3.Ulmo de Arxila dixo …
Boas Breo! Efectivamente, ambos os dous livros están no Trinity College de Dublin, por outro nome Baile Atha Cliath. Se finalmente tes a sorte de ve-los e admirá-los en directo, espero que compartas a experiéncia cos teus ciber-seareiros!
No tocante ao tema da celticidade, non creas que somos uns románticos nen muitos menos. Cada vez há máis investigadores que reinterpretan os dados do noso pasado pre-histórico desde unha perspectiva máis ampla, menos acartonada e fanática. E desde esa perspectiva descobrimos unha sorprendente comunidade ideolóxica e cultural entre os países atlánticos / celtas… como quixerdes chamar-lles. Por exemplo,poucos lingüistas duvidan de que no Noroeste da Península se falava unha língua célticam arcaica si, pero céltica.
Às vezes eses autores poden pecar dunha excesiva imaxinazón, mais muitas das suas conclusóns non andan para nada desencamiñadas.
Un saúdo e viva Galiza celta!
o 2008-05-14 ás 3.13 pm 4.breogain dixo …
Ulmo, agardo poder botarlle logo unha ollada a algún dos dous libros, segundo teño entendido a entrada ao Trinity College é libre, o que non sei é se á súa biblioteca tamén, no caso de que poida entrar tentarei tirar algunha foto do momento “histórico”
Un saúdo
E no tema da celtidade, onte navegando atopei o blogue dun rapaz de Cantabria na que aseguraba (poñendo como elemento probatorio ese recente estudo que asegura que os irlandeses e escoceses proveñen da antiga Iberia) que a illa de Irlanda foi descoberta por uns pescadores cántabros que chegaron aló, para nada fala dunha das pasaxes do Lebor Gabbala que fala que os fillos de Milé chegaron nas súas naves e derrotaron aos Tuatha de Dana…en fin, con tantas interpretacións un xa non sabe con cal quedarse.
apertas
o 2008-05-15 ás 10.20 am 5.Ulmo de Arxila dixo …
O grande problema é que há muitos pseudo-historiadores que pensan que todo é Cuarto Milenio e Código Da Vinci e sempre caen no mesmo erro: dar-lle contido histórico a textos míticos, que exixen unha decodificazón en termos míticos. O dos cántabros… en fin. Tamén teño lido algo dun investigador que dizia que os irlandeses primitivos eran bascos porque nun texto do Mabinogion (creo lembrar) falava dunha embarcazón de xentes chamadas “basclunes” que se dirixian a Irlanda. En fin, o de sempre: apoiar unha teoria inteira en dados isolados e fragmentários.
o 2008-05-16 ás 8.15 pm 6.breogain dixo …
Ulmo…
Cando atope outra vez ese blogue cántabro do que che falo colgareiche a url para que lle botes unha ollada, non ten desperdicio.
Un saúdo